Logares e Carbajales

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
borja
Novo
Novo
Mensajes: 5
Registrado: 15 Feb 2007, 09:00
Contactar:

Logares e Carbajales

Mensaje por borja »

Información sobre os apelidos Logares e Carbajales

Ola, gostariame recibir algunha información sobre algún destes dous apelidos. Son natural de Vilarbetote, concello de Trabada. O apelido Logares cecais teña unha orixe eo-naviega, xa que os meus avós paternos son de A Veiga (oficialmente Vegadeo). Sobre Carbajales non teño moitos datos aínda que lin nalgún espazo que poderia ser unha adaptación castelá do galego Carballal. Tamén lin que a nai do coñecido escritor galego Valentín Lamas Carbajal, apelidaba Carbajales e probabelmente perdera o plural.
Estudo Filoloxía Galega en Compostela e calquer información sería de agradecer.

Saúdos
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

O apelido Logares parece evidente que derive do topónimo do mesmo nome existente na Fonsagrada, a freguesía de Santo André de Logares.
Para Carbajales a cousa é mais complexa.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Seguindo para Carbajales, parece que a incidencia deste apelido en Asturias é moi alta, polo que pode provir daí. A orixe xa me parece menos clara; como topónimo somente coñezo un Carbajales en Zamora. Outra posible orixe sería a castellanización dalgún Carballás, topónimo non infrecuente no norte de Lugo, pero teño a impresión de que a extensión á provincia de Lugo do apelido se produce desde Asturias, atendendo a abundancia dos Carbajales alí. En todo caso, nada definitivo podo afirmar ao respeito.
Avatar de Usuario
Cundins
Mozo
Mozo
Mensajes: 18
Registrado: 19 May 2007, 09:00
Contactar:

Carbajales

Mensaje por Cundins »

Olás companheiro,

É claro que muitos carvalhos tornaram carvajos, mas repara que "carvajo" é também palavra castelhana e leonesa, hoje em desuso que referia uma classe de "roble" que é a comum em todo NO peninsular. Eles pronunciava-no com o sibilante palatar como o noso toXo.


Um abraço.
Responder