Página 1 de 1

Varela

Publicado: 21 Sep 2007, 23:55
por VVarela
Ola.
Preséntome. O meu nome é Ventura Varela. Son nacido en Santiago de Chile e descendente de galegos proveniente de Pontevedra.
Teño 54, casado e dous fillos. Todo o meu grupo familiar está asociado á Colectividade Galega de Chile, lugar onde desenvolvemos actividades sociais, culturais e deportivas que non teñen outro fin que compartir cultura e tradicións galegas herdadas, á vez que desenvolvemos tamén actividades de extensión para divulgar Galicia neste País de Sudamérica.
Chámame a atención non atopar na vosa Web información en relación ao apelido "Varela", o cal descubrín era bastante común en Galicia, cando estiven alí fai uns anos atrás.
Desexo facer o meu aporte enviando os antecedentes que teño.

http://vvarela.iespana.es/ApellidoVarela.htm

Grazas pola atención e desde o "Sur do Mundo" reciban o meu cordial saúdo na confraternidade galega universal.
Unha aperta a todos.

Ventura Varela :)
http://www.largallego.cl/

PD. Desculpen a miña ousadía de intentar escribir en galego. Pero é unha oportunidade de practicar o noso idioma o cal lamentablemente esta perdendose nestes confíns.

Publicado: 22 Sep 2007, 01:05
por maviac
Vaian os meus parabéns por que escriba Vd en galego, e o faga ademais con corrección sendo nado xa na emigración.
Sobre o apelido eu creo que teño indicado noutra ocasión que é un apelido toponímico. Varela (quizás mellor Barela) sería un lugar en costa, inclinado e a palabra provén dunha voz antiquísima que ten outros derivados que se rastrexan en outros nomes de lugar: Bares, Bar (naturalmente, non se trata de donde sirvan cafés ou copas), bareira (en algúns lugares significa ainda ladeira dunha montaña).
Outra cuestión e o seguimento das liñas xenealóxicas das familias que leven este apelido. Éste ten surxido en varios lugares distintos sen relación entre eles. Para entender un pouco a xeografía da sua distribución recoméndolle consultar estas páxinas: http://www.xunta.es/toponimia, para ver a distribución do nome de lugar Varela no territorio galego e http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp para ver a distribución dos apelidos.

Publicado: 23 Sep 2007, 13:58
por VVarela
Gracias pola benvida.
Sexa ou non sexa de orixe galega, os varelas da miña familia, tanto os vindos de Galicia como os nados en Chile, indudablemente temos orixe galego, cousa comprobada e iso énchenos de orgullo e aos que nos tocou nacer en Chile comprométenos de igual forma no sentido de manter e promover a cultura herdada da nosa Terra Nai e manter o nome de Galicia no máis alto.
Consultarei as URL que me indica e espero ver pronto información deste apelido nesta Web xa que Varela é un apelido bastante común en Galicia situación que comprobamos persoalmente as veces que cada membro da miña familia estivemos alá.
Desde o Sur do Mundo, en Santiago de Chile, os meus cordiais saúdos para todos.
Ventura Varela. :D
http://www.largallego.cl/

Publicado: 23 Sep 2007, 14:04
por VVarela
Por se alguén máis desexa opinar, deixo aquí esta URL do documento que conseguín e que fala sobre este apelido:
http://vvarela.iespana.es/ApellidoVarela.htm

Saúdos.
Ventura Varela.

Publicado: 18 Nov 2007, 16:00
por MVARELA
HOLA. SON MONTSE Y TENGO UN FAMILIAR CON EL NOMBRE DE VENTURA VARELA. SOY DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE VILLAGARCIA DE AROSA

Familia Varela

Publicado: 19 Nov 2007, 00:36
por walfrido
Me da mucho gusto saber que posiblemente tengo aun familiares en Galicia, mi abuelo Andres Varela Otero nacio en saviñao o , lugo , en 1894, sus padres Pedro Varela Rodriguez y Ma. Josefa Otero Morne ,y estoy tratanto de hacer mi arbol genealogico, pero recien comienzo .
Muy interesante la historia del apellido Varela, muchas gracias por poner a nuestra disposicion la misma. Vivo en Cuba mi nombre es Walfrido Gonzalez Varela.

Varela

Publicado: 24 Nov 2007, 13:42
por daniel_okintos
A mín dame que os que temos o apelido Varela ou o tiveron algúns dos nosos devanceiros, pouco terá que ver coa Linaxe Varela. Pérdese nos tempos medievais os orixes da Linaxe Varela. Seguramente moi vencellado a Casa de Ulloa. Espero sacar unha foto en Vilar de Donas, onde se non lembro mal, ao carón da lauda sepulcral de Santiago Pérez de Ulloa está outra lauda co escudo dos Varela.
Paso unha ligazón cun lugar de éste mesmo foro en donde se fala dos Varela.
viewtopic.php?t=3110&highlight=linaxe+sotomayor