Hola, o meu primeiro apelido é Grandal e gustaríame saber de onde procede.
Son natural da comarca de Ferrolterra, do concello de Valdoviño.
Poñendo o apelido nun dos grandes buscadores atopei que ó parecer procede de Noruega e significa algo así como bosque de abetos.
¿Iso é certo? Sorprendeume moito. Non teño nin idea de xenealoxía, pero sempre pensei que sería un apelido galego, ou cando menos español.
¿Que me poderiades dicir sobre el?
Graciñas de antemán.
Grandal ¿de orixe noruega?
- lamigueiro
- Foreiro Maior

- Mensajes: 344
- Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
- Ubicación: Ferrol
- Contactar:
Grandal
Hola Fati, parece que a moda de que os apelidos galegos de repente, se tornen ingleses, franceses, belgas, alemáns, xudeos, o da noruega non ten fin. Grandal é un apelido localizado nas terras de Trasancos, dende a Idade Media, non creo que ninguén poida aportar documentación tan tardía sobor da súa procedencia fora diste ámbito. Pero nada é imposible, si existe por favor que saia á luz.
Lamigueiro ©




