Liñaxes activa de novo

Investigación de xenealoxías
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Liñaxes activa de novo

Mensaje por kruzul »

Ola:
O script que escribiu Dinuciña para trasladar os datos da vella base de datos vai dando os seu froitos.
A totalidade das liñaxes publicadas volven a estar dispoñibles en liña, cunha pequena modificación (discutible e mellorable), agora as liñaxes quedan repartidas en cinco categorías:
  • * Celebridades ( 107 Artigos )
  • * Galicia ( 55 Artigos )
  • * A Coruña ( 213 Artigos )
  • * Lugo ( 227 Artigos )
  • * Ourense ( 65 Artigos )
  • * Pontevedra ( 234 Artigos )

O sistema permite ordenar por título, autor ou hits. Tamén buscar directamente no título dentro da categoría. O buscador da cabeceira é o máis completo aínda que consume máis recursos e tarda tamén máis.

Problemas
Non moitos afortunadamente, pero hainos.
  • O principal é que moito do código de etiquetaxe do contido está obsoleto ou con defectos (o mesmo problema nas noticias) polo que algunhas liñaxes ou partes delas non se mostran ben.
  • As imaxes que ilustraban algunhas das liñaxes non aparecen, hainas que enlazar de novo.
  • Os títulos das liñaxes tampouco son agora moi comprensibles nalgúns casos e desaxeitados na maioría.
  • Algunhas liñaxes teñen ligazóns internas a outras liñaxes de Xenealoxía.org. Estas ligazóns tampouco serven para nada.
  • Algunhas liñaxes poden non corresponderse ca categoría que están encadradas.
Todos os problemas son solucionables pero tomarán o seu tempo. Pero quero volver sobre os títulos. No vello sistema, ordenábamos todo nunha lista única alfabeticamente, e forzábamos a palabra principal, polo regular o apelido da liñaxe, ao primeiro lugar para listar mellor. Se cadra podería seguir sendo boa idea no caso das descendencias dun persoeiro identificadas polo nome e os apelidos do dito (poñer os apelido primeiro, unha coma, e o nome: "González del Villar, Jacinto"), pero nos casos tales os seguintes:
Bóveda Casa de Santa Eulalia de (Lugo)
Golmar Pazo de (Sobrado dos Monxes - A Coruña)
deberían ser
Casa de Santa Eulalia de Bóveda
Pazo de Golmar (Sobrado dos Monxes)
eliminando por suposto a provincia xa que agora vai implícita na categoría, e como o buscador busca no título sería máis interesante completar con denominacións de liñaxes antes ca provincia.

O sistema, por outra banda trae outra novidade para Xenealoxía.org, que son as Keywords, metadatos ou palabras chave asociadas a cada artigo. Se estas son ben adxudicadas a canda publicación, o sistema cando mostre o artigo mostrará na columna da dereita os artigos que segundo esas palabras están relacionados. A axuda e moi grande se están ben elixidas.

Importante
Coma sempre toda colaboración é benvida e agora máis que nunca, pero mentres non remate de restituír todo o contido non vou a actualizar ningunha conta dos que as tiñades nin crear novas, para ter a seguranza de que só eu modifico as cousas e non perder datos (para aclararme mellor). Pero dende xa, podemos ir apuntando xa neste tema os erros que atopemos. Abonda copiar e pegar o título e dicir brevemente o que lle acontece. Hai moitos non escandalizarse :oops:

Enlaces directos:
http://www.xenealoxia.org/linaxes
http://www.xenealoxia.org/linaxes/celebridades
http://www.xenealoxia.org/linaxes/galicia
http://www.xenealoxia.org/linaxes/a-coruna
http://www.xenealoxia.org/linaxes/lugo
http://www.xenealoxia.org/linaxes/ourense
http://www.xenealoxia.org/linaxes/pontevedra
Responder