Día mundial dos Arquivos 2012 - 9 de xuño

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Día mundial dos Arquivos 2012 - 9 de xuño

Mensaje por kruzul »

Manifesto de ANABAD-Galicia con motivo da celebración do Día
Internacional dos Arquivos


O 9 de xuño de 2012, día Internacional dos Arquivos, en ANABAD Galicia
será un día para:

Seguir a defender que o traballo dos arquiveiros do sector público é
fundamental para garantir a transparencia do funcionamento das institucións e
mellorar a calidade da nosa democracia.

Seguir a demandar das administracións públicas a adecuada atención dos
arquivos para o mellor funcionamento dos servizos públicos e para garantir a
transparencia da xestión pública.

Seguir a manter que no momento actual o traballo que se desenvolve nos
arquivos é unha ferramenta estratéxica para conseguir unha maior eficacia e
produtividade de todas organizacións.

Seguir lembrando á empresa e ás corporacións que as posibilidades de
negocio vincúlanse tamén á organización, difusión e control da información que
fan os profesionais.

Seguir a recordar ás administracións públicas que o papel dos arquiveiros é
clave para a organización e o desenvolvemento da administración electrónica á
que nos incorporamos dia a dia.

Seguir loitando contra decisións como a paralización da desclasificación de
documentos de 1936 a 1968 por parte do Ministerio de Defensa, porque
debemos perseverar na transparencia administrativa.

Seguir a reclamar unha lexislación que reflicta estas demandas.

Seguir a traballar pola defensa dos arquivos e dos profesionais que os
atenden.

O 9 de xuño Día Internacional dos arquivos, será outro día para que os
arquiveiros, como todos os días, sigamos a traballar polo futuro.

Na Coruña a 8 de xuño de 2012
A Xunta Directiva de Anabad-Galicia
Manifesto de ANABAD-Galicia con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos => http://anabadgalicia.wordpress.com/2012 ... ivos-2012/
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Mensaje por serba »

OURENSE

"Jornadas de puertas abiertas en el Arquivo Histórico Provincial de Ourense"


Una muestra sobre la Constitución de 1812 y la invasión francesa conmemora el Día Internacional de los Archivos

Xosé Manoel Rodríguez
Ourense 08 de junio de 2012 13:12

El Arquivo Histórico Provincial de Ourense celebra hoy el Día Internacional de los Archivos, cita adelantada por coincidir la fecha con el sábado, con una jornada de puertas abiertas y visitas guiadas por las instalaciones del centro. El Arquivo programó dos visitas, una a las 12.30 horas y otra a las 18.30 horas, para que los ciudadanos puedan conocer la actividad que se desarrolla en esta institución, los fondos documentales con los que cuenta y los servicios que presta a la ciudad y a los investigadores. Para la jornada de puertas abiertas se creó una pequeña exposición con documentos relacionados con la aprobación de la Constitución de 1812 y la transición del Antiguo Régimen al Régimen Liberal, y la presencia de los franceses en Ourense, con aspectos destacados como los movimientos creados en la ciudad para combatir la invasión francesa o el papel jugado por Bernardo González, Cachamuiña, y el hidalgo Pedro Ventura de Puga en la lucha contra los invasores.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ou ... 573958.htm

- Otros enlaces relacionados:

(Publicado ayer) http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... pontevedra

http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark ... tra=Texto1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Re: Día mundial dos Arquivos 2012 - 9 de xuño

Mensaje por kruzul »

O pasado 9 de xuño celebrábase, como cada ano, o Día Internacional dos Arquivos. Desta volta, a xeira deixou no noso país un feixe de contidos para a rede que amosan os tesouros que agochan estes centros e as posibilidades que abren as novas tecnoloxías para se achegar a eles.
Entre as principais novas que trouxo o día está sen dúbida a posta en marcha do no web do Sistema de Arquivos de Galicia, que permite un acceso en liñas á bases de datos destas entidades, así como información de contacto e o seu xeito de funcionamento. Canda a isto, o espazo acolle unha selección de documentos e exposicións que se teñen realizado a partir dos fondos custodiados e a colección da publicación Fronda, que edita de xeito periódico o Arquivo Histórico Provincial de Ourense e que pon en valor diferentes documentos que se conservan no mesmo a partir dun eixe temático.

Por exemplo a partir deste web podemos acceder ao material da exposición Arquivo Aberto, que se celebrou precisamente no Arquivo Ourensán, e que vai desde importantes textos medievais a documentos fundamentais da historia recente do país.

Imagen

Privilexio rodado outorgado por Alfonso XI
1316, agosto, 16. Toro
Confirmación feita por Afonso XI dun privilexio outorgado por Afonso VII, no que doa a Pedro, prior de Santa María de Sar, o mosteiro e couto de Xunqueira de Ambía, para incorporalo á Orde dos Cóengos Regulares de San Agustín.
Inserto, privilexio de Afonso VII, feito en 1150, abril ,30.
Orixinal; pergameo; escritura gótica; castelán e latín; 495 x 685 mm.
AHPOu. Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía, carpeta 30/1.

Este documento, ricamente decorado, recolle a confirmación da doazón real do mosteiro de Xunqueira de Ambía á orde dos agustinos. O privilexio rodado era no seu día o máis importante documento oficial que emitía un rei.

Ler máis en Os tesouros dos arquivos saen á luz => http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21059
Responder