Xabier Iglesias recupera a memoria de Nós

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xabier Iglesias recupera a memoria de Nós

Mensaje por serba »

Dende hai unhas semanas, o escritor e humorista gráfico Xabier Iglesias López traballa no blogue Os libros de Ánxel Casal, onde recupera imaxes e recensións dalgúns dos libros publicados polo editor Ánxel Casal na Imprenta Lar e na Editorial Nós entre os anos 1924 e 1936, como el mesmo sinala.

A propia vida, de Leandro Carré Alvarellos; A Dona das torres, de Ánxel del Castillo; O lobo da xente, de Risco; ou A terra chama, de Uxío Carré son algúns dos libros que podemos atopar, algúns máis esquecidos que outros, pero memoria viva do galeguismo e da edición galega.

Un traballo magnífico que agardamos e desexamos que continúe polo sendeiro marcado.
http://www.fervenzasliterarias.com/inde ... 3%B3s.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder