Real Academia Galega (RAG)
Publicado: 28 Oct 2012, 17:01
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P41991.htmFerrín remite unha carta a Rajoy pedindo un trato xusto para a RAG
Intercambio de información sobre historia familiar y apellidos de Galicia
http://foros.xenealoxia.org/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P41991.htmFerrín remite unha carta a Rajoy pedindo un trato xusto para a RAG
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... l-academia"O conselleiro de Cultura e Educación manterá esta semana un encontro cos membros da Real Academia Galega"
Xesús Vázquez Abad recordou no Parlamento que a Xunta fixo no 2012 un importante esforzo económico e as achegas autonómicas foron de máis de 550.000 euros
A administración presta apoio e colaboración institucional á RAG para a organización de actividades para a promoción e fomento do patrimonio cultural e da lingua galega
A Real Academia Galega (RAG) necesita ao redor dun millón de euros para manter o seu funcionamento actual. É o cálculo que realiza o seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, tendo en conta tanto as súas actividades e proxectos, como as súas instalacións, a súa páxina web e o persoal funcionario que traballa xunto cos académicos no día a día.
http://www.elidealgallego.com/articulo/ ... 00207.htmlO fillo de Parga Pondal doa á RAG o mecanoscrito de “A rosa de cen follas”
A RAG presentará mañá unha nova xoia que pasará aos arquivos da institución xunto a outras igual de importantes e dentro do legado da familia Parga Pondal. Trátase do mecanoscrito orixinal do libro “A rosa de cen follas” (1927), de Ramón Cabanillas, que contén unha adicatoria a Enrique Peinador, o sogro do xeólogo e avó do que ten a ben trasladar a peza á rúa de Tabernas, en calidade de doazón.
http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... ia-785386/A depositou Jorge Parga, que a atopou entre as cousas do seu pai, o insigne xeólogo Isidro
Jorge Parga Peinador, home de apelidos galegos de avoengo, fillo do insigne xeólogo Isidro Parga Pondal, neto de Enrique Peinador fundador do Balneario de Mondariz, e parente de Eduardo Pondal Abente, atopou entre as cousas do seu paí o manuscrito da obra "A rosa das cen follas", escrita por Ramón Cabanillas, así coma outros documentos, que onte entregou a Real Academia Galega.
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2 ... 86821.html"A RAG recibe a biblioteca de Arjona, un dos fundadores da UPG"
Natalia Gómez, viúva de Xosé Antón Arjona Santiago, doou á Real Academia Galega (RAG) unhas 60 caixas con libros, documentos, anotacións e artigos de Arjona, un dos primeiros fundadores da Unión do Povo Galego (UPG) en 1963.
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-g ... ia-794559/A Real Academia Galega (RAG) acollerá este sábado o acto de ingreso do escritor Xosé Fernández Ferreiro, que ocupará a vacante que deixou Francisco Fernández Del Riego, e que será o último evento presidido por Xosé Luís Méndez Ferrín ata o pleno no que formalizará a súa renuncia ao cargo da institución.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=22504Son publicacións periódicas moi relevantes para comprender o nacemento do galeguismo e da cultura galega contemporánea, e consérvanse no arquivo da Real Academia Galega. Estes días, a institución fixo públicas as dixitalizacións dalgunhas destas revistas senlleiras, coma O Vello do Pico-Sagro, promovida polos irmáns De la Iglesia, Galicia Diplomática, fundada polo arquiveiro Bernardo Barreiro de Vázquez Varela ou a revista Galicia: revista quincenal ilustrada, que chegou a estar dirixida por Basilio Álvarez. Entre as cousas que se poden explorar, está unha vívida crónica orixinal do XVII do ataque pirata berberisco a Cangas.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultu ... 84128.htmlM.M. - VIGO - La Real Academia Galega rinde hoy homenaje en A Coruña al que fue el presidente de la asociación iniciadora y protectora de la RAG en La Habana, Cuba, el religioso José Rubinos Ramos. El motivo del acto radica en que, en este ejercicio, se cumplen 115 años de su nacimiento así como cincuenta de su fallecimiento.
Rubinos, que nació en A Coruña y falleció en Miami, fue también académico de honra de la institución. Tras realizar estudios medios, ingresó como novicio en 1914 en la Compañía de Jesús pero fue en Quito, Bogotá, donde se doctoró en Filosofía y Ciencias en 1917.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P42992.htmA RAG non conseguiu os fondos necesarios para converter na súa segunda sede o edificio onde viviron os escritores entre 1872 e 1873.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2Entre as novas melloras engadidas atopamos o buscador de sinónimos, a posibilidade de facer buscas avanzadas e a aplicación para móbiles.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2O acto, organizado pola Asociación Cultural Xermolos e o Instituto Poeta Díaz Castro de Guitiriz, ten como obxectivo a promoción da candidatura deste autor ao Día das Letras Galegas 2014.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2Unha excursión ao Pico Sacro en 1838, a carta en galego de Álvarez de Castro a Rosalía de 1864, os Rogos dun Gallego publicados en 1813 e a segunda parte da historia dos pesos cubanos en poder da Academia son os temas desenvoltos nesta ocasión.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P40991.htmO consello autorizou un convenio entre Cultura e a RAG polo que se financiarán proxectos de investigación lexicográfica e sociolingüística
http://www.farodevigo.es/galicia/2013/1 ... 30678.html"La Real Academia Galega reubicará parte de sus fondos y personal en la Cidade da Cultura"
Los seminarios de Lexicografía, Sociolingüística, Terminoloxía y Toponimia se trasladarán a la Biblioteca y al Arquivo - Hasta ahora carecían de un espacio propio en Santiago
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2'Boletín da Real Academia 372' dedicado a Lois Pereiro
Neste monográfico recóllense os estudos e achegas críticas sobre a vida e a obra do poeta monfortino emitidos pola Academia ao longo do ano 2011.
"A biblioteca Mirambell-Malibrán"
O 22 de novembro de 1927, o empresario catalán afincado en Vigo e membro correspondente desta institución, Tomás Mirambell, fixo doazón á Academia dunha importante colección bibliográfica.
A doazón, composta por máis de catrocentas obras, é descrita no Boletín da Real Academia Galega Nº 200 de xaneiro de 1928 [...]
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
"A primeira historia da Academia"
En 1953, a Real Academia Galega facía pública a súa primeira historia de mans do membro numerario Ramón Villar Ponte.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
"Recepción de Giulia Lanciani"
A nova académica de honra evocou no seu discurso o proceso de descuberta e reapropiación do noso corpus lírico medieval e defendeu, asemade, a tese da súa exclusiva galeguidade.
O discurso de Giulia Lanciani titulado Aventuras e desventuras da transmisión manuscrita da lirica medieval galega, pódese descargar aquí. [PDF 7.8Mb]
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
- Enlace: viewtopic.php?f=16&t=4811'Carta a un corvo...' de Avilés de Taramancos
Hoxe, no Día Internacional da Poesía, publicamos un texto do poeta Antón Aviles de Taramancos, nado en Noia o 6 de abril de 1935, e finado na Coruña un 22 de marzo de 1992.
Antón Avilés de Taramancos de volta en Galicia en 1974 (Familia Avilés Baquero). http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
"Doazón do legado de José Ogea"
Entre o valioso material doado, áchase un exemplar dedicado de A mi madre, de Rosalía de Castro, así como primeiras edicións dos nosos clásicos, e abondosas pezas hemerográficas e documentais.
No acto estiveron presentes Annunciata Rey Ruíz, o seu neto, Fabio Alonso Rey; o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero e o membro numerario, Xosé Ramón Barreiro Fernández. Escusou a súa presenza, por motivos de saúde, Enrique Rey Lorenzo, propietario do fondo doado.
En palabras do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, a doazón do legado de José Ogea constitúe "un capítulo moi importante na historia da conservación e transmisión do noso patrimonio cultural".
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
A Consellería de Cultura e Educación renova o seu compromiso coa Real Academia Galega para a transferencia de fondos
A Real Academia Galega consta de tres seccións que, á súa vez, se conforma en grupos de traballo ou seminarios, en función das características e da operatividade da devandita sección: a sección de Historia desenvolve un importante traballo arredor da investigación dos diferentes aspectos vencellados á historia da institución e á de Galicia; a sección de Literatura encárgase da recuperación de textos literarios galegos, do estudo da nosa literatura e da organización de eventos relacionados con ela; a sección de Lingua ten en marcha os seminarios de Gramática, de Lexicografía, de Onomástica, de Sociolingüística e de Terminoloxía Galega.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... mia-galega
Achado o primeiro número de 'La tierra gallega'
A doazón procedente de José Ogea contén o primeiro número do semanario La tierra gallega, fundado por Manuel Curros Enríquez na Habana o 8 de abril de 1894.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
O 'Picaraño', periódico republicano, radical, revolucionario do Entrimo
Entre o material procedente da doazón de José Ogea atopamos esta verdadeira rareza xornalística, o xornal quincenal o Picaraño, publicado no Entrimo entre 1909 e 1910.
Capa do xornal. http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Sobre a Hemeroteca da Real Academia Galega
FONDOS
A hemeroteca conserva nos seus fondos máis de 2.500 cabeceiras de revistas publicadas ao longo dun período de douscentos anos. De especial importancia é a sección de publicacións galegas, que reúne títulos tan significativos como Diario de Santiago, Semanario instructivo, El Idólatra de Galicia, O Vello do Pico-Sagro, A Nosa Terra, Nós ou Vida gallega. Tamén resulta de grande interese o conxunto de revistas americanas, editadas as máis delas polas colectividades galegas que viviron na emigración cubana e arxentina a finais do século XIX e principios do XX.
Polo seu valor histórico cómpre mencionar tamén as revistas que proceden de coleccións persoais, e moi nomeadamente aquelas que pertenceron a Manuel Murguía, a Emilia Pardo Bazán, aos irmáns Antonio e Francisco Mª de la Iglesia, e, máis recentemente, ao académico Isidro Parga Pondal.
http://www.realacademiagalega.org/hemer ... ent_page=7
Publicado por Pousada: <<Marcial Valladares. Escritor>>Manuscrito orixinal de 'Maxina', de Marcial Valladares
No Arquivo da Academia atesouramos o manuscrito orixinal da primeira novela escrita na nosa lingua: Maxina ou a filla espuria, de Marcial Valladares, con data de 1870 e titulada Majina.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
80 aniversario da recepción de Villar Ponte e Castelao na Academia
O 24 e 25 de xullo de 1934 ingresaban na Academia dúas figuras senlleiras no panorama cultural e político galego da época: Antón Villar Ponte e Castelao.
Recepción de Castelao na Academia. Sentados, Risco, Castelao, Lugrís Freire. Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra. http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
- Enlace:Ingreso de Nélida Piñón
No seu discurso, a nova académica de honra salientou a importancia da memoria familiar e da histórica na construción do seu imaxinario narrativo. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Ramón Villares.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D3
- Enlace:Doazón de Francisco Cerviño
Entre os valiosos documentos doados polo exdeputado e membro correspondente da Academia, áchanse un exemplar da Engádega ás normas para reunificazón do idioma galego, do Seminario de Estudos Galegos, e outro titulado Os Nosos: Méndez Núñez, publicado por Ultreya.
En total, son cinco os documentos entregados por Francisco Cerviño á Academia [...]
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D3
La Real Academia Galega y la Fundación Berrié presentaron ayer el último volumen de las obras completas de Manuel Antonio, que recoge su epistolario.
Dentro de la colección “Clásicos da Academia”, el nuevo volumen pone en manos de los estudiosos y lectores en general “una edición guiada por la máxima atención a la voluntad original del poeta”, señalan los promotores de la iniciativa.
En el primer volumen sobre el poeta rianxeiro se publicaron sus inéditos en prosa, “descubriendo un Manuel Antonio cultivador del relato breve y el ensayo” y, en éste, se duplica el número de la correspondencia ya publicada, además de corregir errores, de manera que se permite “iluminar aspectos de la vidas del poeta apenas vislumbrados y seguir la construcción de su extraordinaria personalidad artística e intelectual”.
Henrique Monteagudo, Javier López, Adolfo Muiños y Xosé Luis Axeitos presentan el libro. Xoán Rey http://www.elidealgallego.com/articulo/ ... 33371.html
Elena Ocampo | Vigo
La doctora en biología y profesora en el Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Vigo, Aida Fernández Ríos, ya es miembro de la Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultu ... 62452.html
- Enlace:viewtopic.php?f=6&t=9149#p35666EFE | A Coruña
La Real Academia Galega (RAG) y el Ayuntamiento de A Coruña han iniciado hoy una serie de contactos para colaborar en los preparativos de la celebración en 2016 del centenario de las Irmandades da Fala.
http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... cia-940273
- Basilio Losada ingresa este sábado na Real Academia Galega como membro de honraTal día coma hoxe, o 30 de setembro de 1906, nacía oficialmente a Real Academia Galega. A iniciativa xurdiu na Galicia emigrante na Habana, que lle encomendou a Manuel Murguía crear e constituír unha institución encargada de elaborar o dicionario e a gramática do idioma do país. Pero o mandato non se cumpriu inicialmente como se agardaba. A sesión inaugural, celebrada na Coruña, quedou reflectida en galego, con emoción e un chisco de retranca, nunha crónica non oficial da académica correspondente Hipólita Muíño que recuperamos 109 anos despois.
Retrato dos fundadores da Real Academia Galega. Na primeira ringleira, sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar. De pé, Uxío Carré, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez. Fotografía de Avrillon conservada no Arquivo da RAG
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
O profesor e ex reitor da USC Senén Barro ingresa na Real Academia Galega de Ciencias
O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, ingresa na tarde deste mércores 14 como académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias. Barro sumarase á sección de Matemáticas, Física e Física do Cosmos da Academia.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0075.html
Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu tal día coma hoxe, o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
A III Aula Juan de Mairena, celebrada baixo o título Machado, el exilio español, contou coa participación do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, quen puxo o acento na súa conferencia na relación entre Antonio Machado e o folclore. O seu pai, Antonio Machado Álvarez, fora pioneiro nesta materia como estudoso e como fundador ou alentador de sociedades, unha delas El Folclore Gallego, nada na Coruña en 1881 e coa que colaborou, lembra Alonso Montero.
Antonio Machado Álvarez (1848-1893) naceu en Santiago de Compostela, onde era catedrático o seu pai, Antonio Machado Núñez. Aínda que con só 40 días se trasladou a Sevilla, terra da familia, e xa non volveu a Galicia, relacionouse con escritores galegos, como a coruñesa Emilia Pardo Bazán, e, sobre todo, con estudosos do folclore literario, como Manuel Murguía ou Xosé Pérez Ballesteros.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
- http://www.academiagallegabellasartes.o ... brente.aspJavier García | A Coruña
A Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) celebrou onte unha nova sesión do ciclo Martes das Artes, unha serie de encontros abertos a todo o público sobre o patrimonio cultural galego. A cita serviu para presentar tres publicacións propias da Academia, o número 46 da Revista Abrente, a monografía El Maestro Mateo y el arte de Galicia escrita polo profesor e académico Ramón Yzquierdo Perrín, e o discurso de ingreso como académico de honor de Rafael Moneo Vallés coa resposta do académico e arquitecto Xosé Manuel Casabella.
http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... cia-976678
VÍA LÁCTEA COMUNICACIÓN
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará o sábado, día 27, unha sesión extraordinaria pública na capela do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro, 1) ás 12:30 horas para a recepción do académico electo da Sección de Música, Enrique José Jiménez Gómez.
Jiménez pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “A magna triloxía violinística galega do século XX”.
http://www.elcorreogallego.es/portada/e ... cia-982072
A Real Academia Galega lamenta o pasamento de David Mackenzie
David Mackenzie faleceu hoxe en Santiago de Compostela, cidade na que residía actualmente. A Real Academia Galega, institución da que era membro correspondente desde 2001, expresa o seu fondo pesar polo seu pasamento. O profesor, nado en Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire, en 1943, contribuíu de xeito decisivo á expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. [...]
O seu labor comprometido coa cultura galega foi recoñecido con diferentes distincións. En 1994 recibiu o Pedrón de Honra e o "Hispanic Achivement Award at the London Hispanic Festival". En 2014, a Xunta de Galicia concedeulle o Premio da Cultura Galega na modalidade de Lingua e o verán pasado foi homenaxeado polo Instituto da Lingua Galega coa publicación de En memoria de tanto miragre: estudos dedicados ó profesor David Mackenzie.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
http://www.diariodeleon.es/noticias/bie ... 52104.htmlO 9 de marzo de 1695 nacía en Vilafranca do Bierzo Pedro Xosé García Balboa, coñecido como Frei Martín Sarmiento. Precursor da filoloxía románica moderna, foi unha das primeiras voces en reivindicar a valía do galego para se expresar en todos os ámbitos, desde o ensino e a administración á liturxia. Unha das súas obras, o Onomástico etimológico de la lengua gallega, foi analizada con detalle por Xulio Francisco Ogando no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, dispoñible desde hoxe en academia.gal.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
- Enlace: http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... 19&t=10733"Sen dúbida, a Biblioteca da RAG é a mellor biblioteca para o estudo das letras galegas no século XIX, con monografías e publicacións periódicas, constituíndo unha gran biblioteca virtual galega". Así o salienta o artigo, asinado por Pedro Incio, que a revista Murguía lle dedica á Biblioteca da Academia desde a perspectiva das chamadas humanidades dixitais. O autor analiza a historia da dixitalización de fondos, examina a oferta a través da páxina web academia.gal e realiza tamén suxestións.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
Catálogos sobre exposicións dedicadas ao libro galego e obras sobre a historia da imprenta en Galicia compoñen a escolma de volumes que esta semana amosa a Biblioteca da Real Academia Galega co gallo do Día do Libro, que se celebra o sábado, 23 de abril. As persoas que visiten estes días este servizo da rúa Tabernas, 11 recibirán como agasallo unha das obras editadas pola RAG.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de José Isorna Ferreirós, membro correspondente desta institución.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Juan Manuel Lema Rodicio, catedrático no Departamento de Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Ciencias Técnicas. A súa continúa a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que en total se integrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.
http://www.gciencia.com/ciencia/o-cated ... e-ciencias
Ten carnés, salvocondutos ou pasaportes vellos? Conserva diplomas ou nomeamentos dos seus familiares? Atesoura recordatorios de bautizos, comuñóns ou vodas de hai moito tempo? Garda documentos curiosos ou históricos? Co gallo do Día Internacional dos Arquivos, que se celebra o vindeiro día 9, a Real Academia Galega convida a todas as persoas que o desexen a compartir o pasado a través dos documentos particulares deste tipo que conserven. Do 6 ao 10 de xuño a RAG desenvolverá unha campaña de dixitalización gratuíta dos materiais, que posteriormente amosará en academia.gal.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
- http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... f=6&t=7705O Pleno da Real Academia Galega, na sesión que celebrou esta mañá, elixiu académica numeraria a María Xesús Pato Díaz. A candidatura da escritora ourensá, coñecida como Chus Pato, fora oficializada no Pleno anterior para ocupar a vacante de Xosé Fernández Ferreiro, falecido o pasado 16 de decembro. Na mesma xuntanza de hoxe tamén foi elixido académico correspondente Clodio González Pérez.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
O secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, acaba de ser distinguido co Premio Rosa dos Ventos, creado polo Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo para recoñecer cada curso unha persoa ou institución que se destaque pola súa contribución á cultura galega e pola defensa e valoración do labor que desenvolve o centro porteño...
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
M. X. Blanco | Ribeira
O pleno da Real Academia Galega (RAG) elixía a comezos de mes a Clodio González Pérez (Cenlle, 1947) membro correspondente, destacando o seu labor como docente, compaxinado «cunha fecunda actividade investigadora e divulgadora no campo da historia e da etnografía», na que traballou «sobre a vida material, espiritual e cultural do pobo galego». O certo é que a lista de traballos publicados, tanto en solitario como de xeito colectivo, por este mestre xubilado que reside en Compostela é inmensa, pero a súa implicación coa cultura queda tamén demostrada no intenso labor que vén realizando desde hai tempo en organismos coma o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega ou a editorial Toxosoutos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sa ... C12991.htm
O Pleno da Real Academia Galega acaba de aprobar o nomeamento de dous novos académicos correspondentes. Na xuntanza ordinaria celebrada onte na sede da institución, foron votadas favorablemente as propostas recibidas para outorgar este recoñecemento ao científico Jorge Mira Pérez e a Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
Marilar Aleixandre converterase oficialmente en membro de número da Real Academia Galega o vindeiro 14 de xaneiro. A escritora, bióloga, profesora e investigadora ingresará na RAG nunha sesión extraordinaria que terá lugar, a partir das 12 horas, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Xeografía e Historia), institución na que é catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais. A nova académica ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento de Xosé Neira Vilas.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
A Facultade de Letras da Universidade de Lisboa acollerá o xoves 19 de xaneiro a presentación do libro de homenaxe á profesora Elsa Gonçalves, unha edición ao coidado do académico Henrique Monteagudo, de João Dionísio e de Maria Ana Ramos. O volume, De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-portugueses, recolle trinta traballos sobre lírica trobadoresca da investigadora portuguesa publicados entre 1976 e 2016.
O libro foi editado pola Real Academia Galega en colaboración coa Universidade de Lisboa, a través da Facultade de Letras -na que Elsa Gonçalves foi profesora de Literatura Medieval- e o Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
Mércores 25 de xaneiro de 2017 / 20:00 h
Presentación en Pontevedra do 'BRAG' dedicado a Xosé Filgueira Valverde
O Museo de Pontevedra (Edificio Sexto) acolle a presentación do número 376 do Boletín da Real Academia Galega, dedicado na súa parte monográfica a Xosé Filgueira Valverde, protagonista do Día das Letras Galegas de 2015.
http://academia.gal/axenda/-/journal_co ... tId=899978
viewtopic.php?f=24&t=9996A Real Academia Galega custodia desde hoxe as cartas escritas desde o cárcere por José Mejuto Bernárdez e Amador Domínguez Paz, ambos vítimas da represión franquista. Con estes epistolarios o Arquivo da institución "enriquécese de maneira notable precisamente nun capítulo que, sendo de moi especial interese, non está moi representado nos fondos documentais da Academia", salienta o presidente Xesús Alonso Montero.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/g ... tacion.cmdO Arquivo da Real Academia Galega acaba de completar unha importante incorporación aos seus fondos dixitalizados dispoñibles na Rede. A colección de pergameos da institución, 285 escritos do século XII ao XVIII, inclúe bulas, privilexios reais, foros, doazóns, contratos de compravenda, sentenzas xudiciais e outros manuscritos, de orixe pública e privada, agora dispoñibles para todo o público no Arquivo Dixital de Galicia. A RAG celebra así o Día Internacional dos Arquivos e, nas vésperas da conmemoración, propón unha viaxe á Idade Media, guiada polos académicos Pegerto Saavedra e Henrique Monteagudo, a través de dous destes pergameos destacados: o máis antigo e o máis vello dos escritos en galego que custodia da institución.
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
“O compromiso de ‘Encrucillada’ co galego é incondicional”recogen los artículos publicados desde 1977 sobre las personalidades a las que la RAG les dedicó el Día das Letras Galegas y otros trabajos sobre autores de la literatura gallega.En concreto, la publicación cumplirá cuatro décadas con la monografía As Letras Galegas na Encrucillada.
https://www.elprogreso.es/articulo/cult ... 90196.html