Xornadas de Novos Investigadores

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xornadas de Novos Investigadores

Mensaje por serba »

Para os investigadores máis novos atopar espazos nos que visibilizar e proxectar os seus traballos é unha tarefa difícil. Co obxectivo de acoller e dar pulo ao puxante talento das novas xeracións no eido da historia, o campus de Ourense acollerá os días 28 e 29 de novembro as II Xornadas de Xóvenes Investigadores. Nelas, expertos procedentes das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Castellón amosarán os últimos avances acadados nas súas respectivas áreas de especialización.

“Con estas xornadas intentamos crear unha plataforma para que os investigadores que acaban de saír das aulas universitarias teñan un espazo no que presentar os seus traballos nas diferentes áreas da historia, desde a contemporánea ata a arqueoloxía”, apunta Marta Vázquez en representación da Delegación de Alumnos da Facultade de Historia que organiza esta iniciativa xunto á Asociación Alehou e coa colaboración da propia Facultade de Historia do campus de Ourense.
http://www.tempodelecerourense.com/novas/consultar/635
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Novas xeracións de historiadores

Mensaje por serba »

IV Xornadas de Xóvenes Investigadores este 25 e 26 de novembro
Un escaparate onde poder coñecer as novas xeracións de historiadores
Esta edición abre as portas aos paneis e contará con doutorandos das universidades de Vigo, León e Porto
Noemí Rey | Ourense
Como un sitio onde expoñer os diferentes traballos e poñer en contacto a alumnado, docentes e interesados en xeral polo eido da historia. Esta foi a idea coa que xurdiron as Xornadas de Xóvenes Investigadores, que este ano chegan a súa cuarta edición mantendo o obxectivo de “dar respaldo e o pulo necesario para o coñecemento das investigacións que se están a realizar nos distintos centros de Historia, Arte e Xeografía", unha plataforma para que todos aqueles historiadores recentemente saídos das aulas teñan un lugar no que presentar os seus traballos. Os vindeiros 25 e 26 de novembro, o Edificio de Ferro acollerá a expertos das universidade de Vigo, León e Porto que amosarán os últimos avances acadados nas súas respectivas áreas de especialización.
Organizadas pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia xunto á asociación Alehou e a propia Facultade de Historia do campus de Ourense, nesta ocasión as xornadas permitirán a oito investigadores amosar as súas liñas de traballo. Ata a organización chegaron un total de 16 propostas distintas con diferentes temas de investigación, como a prehistoria ou a documentación medieval [...]
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=10
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

IV Xornadas Novos Investigadores da Facultade de Historia

Mensaje por serba »

Noemí Rey | Ourense
Posta de largo para oito historiadores emerxentes
A antigüidade centrou a maior parte dos traballos presentados durante esta nova edición
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=10
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

V Xornadas de Xóvenes Investigadores

Mensaje por serba »

Rosa Tedín | Ourense

[...] Roberto Rodríguez falou sobre o patrimonio histórico-artístico do conxunto de Santa María de Beade, na provincia de Ourense. “Fixen o meu traballo fin de grao sobre esta igrexa pola súa riqueza en escultura funeraria e por ter pezas de Francisco de Moure”, comentou o egresado da Universidade de Vigo.

Xa o mércores o programa comezará cunha conferencia de David Morenza sobre a representación da Idade Media nos videoxogos [...]

Completarán o programa este mércores Tania Pérez, que falará sobre a parroquia de Santa Marta de Moreiras, concretamente sobre o patrimonio histórico e artístico desta zona de Pereiro de Aguiar; David Fernández, que analizará o estado da cuestión da ocupación en covas na zona suroriental de Galicia durante a prehistoria recente, e Marta López, que fará unha aproximación á ilustración galega nos anos 20 e 30 a través das publicacións Alfar e Zarpa. Por último, Miguel Ángel Álvarez, achegarase ao estado do patrimonio xeomorfolóxico na contorna termal da cidade de Ourense.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=41
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

VI Xornadas de Novos Investigadores

Mensaje por serba »

VI Xornadas de Novos Investigadores
Duvi | Ourense

A sexta edición desta cita, organizada coa colaboración da Facultade de Historia e da asociación Alehou, celebrarase o luns 24 e o martes 25 de outubro no Edificio de Ferro. “Estas novas xornadas contarán coas intervencións de dez persoas ligadas a diversas ramas das ciencias sociais, como a historia antiga e a medieval, a arqueoloxía, a xeografía física ou a etnoloxía, sen esquecer a tecnoloxía aplicada ao noso campo”, explican desde a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=41
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Xornadas de Novos Investigadores

Mensaje por serba »

Rosa Tedín | Ourense

A Comarca das Frieiras, en Ourense, explica a investigadora María de los Ángeles Coello, “ten un valor patrimonial, arqueolóxico e relixioso que pode ser fonte de oportunidades a medio e longo prazo, aínda que hoxe en día está abandonado”. Tendo en conta esta situación, a egresada da Universidade de Vigo centrou o seu traballo fin de mestrado en elaborar propostas que permitan aproveitar este potencial. Cos resultados da súa investigación arrancou este luns na Facultade de Historia do campus de Ourense a sexta edición das Xornadas de Novos Investigadores.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=41
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder