http://elprogreso.galiciae.com/nova/217749.htmlAntonio Niñe: ''Noriega Varela e Salgado Toimil foron profesores na escola de Fondós''
A paixón pola educación levou a este focego a investigar durante doce anos as orixes da actual gardería infantil Nosa Señora da Purificación de Foz, e a escribir o libro ‘Fondós, de escola a gardería infantil’.
BUCEAR NA HISTORIA, e máis cando esta se remonta ó século XVIII, sempre deixa lagoas, pero nas máis de duascentas páxinas do libro que acaba de escribir Antón Niñe, moi poucas deben quedar aínda que el mesmo recoñeza que si. A obra presentarase o vindeiro mércores, ás seis e media da tarde, na propia gardería, coma non podía ser doutro modo.
[...] púxenme en contacto coa embaixada española en Lima e dalí remitíronme ó Archivo General de la Nación, en Perú que me mandou moita documentación sobre Pascual Villapol, o emigrante focego en Perú que mandou construir a escola en 1749.
Antonio Niñe: "Fondós, de escola a gardería infantil"
Antonio Niñe: "Fondós, de escola a gardería infantil"
Poblada soledad es hoy el mundo.
Re: Antonio Niñe: "Fondós, de escola a gardería infantil"
Sobre el libro opina Bernardo Penabade Rei en http://www.cronica3.com/2013/01/un-pase ... ar-en-foz/ :
http://www.cronica3.com/2013/01/un-pase ... ar-en-foz/Encántame o estilo divulgativo do libro, que está escrito de tal maneira que se sitúa ao alcance de todos. Tanto pode ser lido por un neno de doce anos como por seus pais ou polos seus avós. O investigador ten os feitos históricos tan ben coñecidos que é capaz de nolos contar cunha fluidez sorprendente. Comeza en 1749 e ofrécenos unha panorámica do século XVIII moi ben edulcorada coas referencias ao fundador da institución de Fondós, o indiano Pascual Villapol. Sen esquecer a historia de Foz e as súas parroquias no período comprendido entre 1800 e 1900, o autor sitúanos noutro momento clave: o século XX. Fai parada no período docente doutro Antón -Noriega Varela- ofrécenos unha semblanza del, de Vilar Ponte, de Camilo Cela Trulock; fálanos da revista Guau Guau; documenta a sanción ao mestre, co castigo de tralado forzoso a Calvos de Randín; e recolle poemas moi significativos de Noriega, de Manuel María e do vate local Xosé de Socorro. Unha delicia.
Poblada soledad es hoy el mundo.