Página 1 de 1

(CCG) "Cuadernos de Rusia. Diario 1941-1942", presentación

Publicado: 27 Jun 2013, 08:46
por serba
O libro “Cuadernos de Rusia. Diario 1941-1942”, de Dionisio Ridruejo (1912-1975), en edición de Xosé Manoel Núñez Seixas, será presentado públicamente o venres día 28 de xuño ás 11 horas no Consello da Cultura Galega.

Presentará o acto Ramón Villares, presidente do CCG, e intervirán: Xosé Manoel Núñez Seixas, o escritor Francisco Fernández Naval e Francisco Javier Jiménez, director editorial de Fórcola Ediciones.

O libro “Cuadernos de Rusia”, literatura memorialística sobre a División Azul, leva un prólogo de Jordi Gracia e un amplo estudo introdutorio de Xosé M. Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade Ludwig Maximilian de Munich (Alemaña).
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=3346