Presentación do libro "Lembranzas musicais do Valadouro"
Publicado: 21 Jul 2013, 15:59
O vindeiro día 27 de xullo, ás 17,30 horas, con entrada libre ó recinto do Instituto de Alfoz – Valadouro dará comezo o acto de honra a tódolos músicos destas terras promovido pola asociación cultural O Mundo de Galea quen convida a tódolos veciños e visitantes dos concellos de Alfoz, O Valadouro e do resto da comarca.
http://www.cronica3.com/2013/07/unha-ga ... valadouro/presentación do libro Lembranzas Musicais de Valadouro, prologado por Pedro Rubal Pardeiro, fillo predilecto de Alfoz e amparado pola Área de Cultura da Deputación Provincial, no cal se condensa a historia de máis de douscentos músicos recollidas por María Paz Rodriguez Silva e Francisco Piñeiro González nun exhaustivo traballo de campo que ten por obxectivo servir de consulta ás novas xeracións e de punto de base para investigacións máis profundas.