Se encontraron 128 coincidencias

por lumebóo
06 May 2012, 19:06
Foro: Buscas
Tema: Cavallero Chavarria (Ou Echevarria)
Respuestas: 9
Vistas: 3775

Re: Cavallero Chavarria (Ou Echevarria)

Obrigado Sandraafer. Xa mirei nesas ligazons e non encontro nada.Teño que mirar de entrar nalgún arquivo de recrutamento de tropas realistas para Uruguay nos militares ou no concello da Coruña.
por lumebóo
27 Abr 2012, 19:15
Foro: Buscas
Tema: Cavallero Chavarria (Ou Echevarria)
Respuestas: 9
Vistas: 3775

Cavallero Chavarria (Ou Echevarria)

Estou interesado en coñecer algo da vida nese país e, se é posible, circunstancias da súa morte, do sexto abó meu chamado Manuel Cavallero Chavarría. Este naceu en Sanlucar de Barrameda en ano indeterminado, casou con María Sánchez de Naya (natural de Caión. A Coruña), en 29-10-1782 e viaxou a Urugu...
por lumebóo
20 Feb 2004, 00:08
Foro: Buscas
Tema: Duber
Respuestas: 2
Vistas: 2046

Duber

Ola Keizersdream: Non sei se se corresponderá co apelido Dubert. Éste penso que é de orixe francesa (¿ou catalana?) pero que ten presencia na vila de Muros (A Coruña), seguramente por mor da inmigración de industriais foráneos que se estableceron aquí nos séculos XVIII e XIX e desenvolveron a indust...
por lumebóo
29 Ene 2004, 21:13
Foro: Buscas
Tema: Familia Bogo
Respuestas: 7
Vistas: 3786

Ola Carola: No Arquivo Histórico do Reino de Galiza, sito no Xardín de San Carlos (A Coruña), teñen microfilmados os Interrogatorios do Catastro de Ensenada, aínda que non sei se teñen o correspondente a Loira. Eu, por exemplo, non puiden consultar algunha parroquia do meu interese por non a teren, ...
por lumebóo
29 Dic 2003, 21:34
Foro: Buscas
Tema: Murillo
Respuestas: 3
Vistas: 3350

Apelido Murillo

Ola Invitado:

Polo que me sona -e eu levo soportando 53 anos España- este é un apelido puramente español, non galego. Por tanto recomendaria-che te dirixiras a un portal de xenealoxía que tratara de xenealoxía exclusivamente española. Había-che ser máis doado.

Sorte, Lumebóo
por lumebóo
31 Oct 2003, 21:07
Foro: Territorio
Tema: Viladóniga
Respuestas: 0
Vistas: 1895

Viladóniga

Acerca deste topónimo (e tamén apelido) se tiran correntemente etimoloxías que o fan derivar dun composto evidente: por unha parte villa, como indicador dunha explotación agrícola romana ou altomedieval e, por outra, algun termo relacionado con dono ou señor. De aí Villa dominica=>Viladóniga, Vilado...
por lumebóo
31 Oct 2003, 15:33
Foro: Buscas
Tema: Família Guterrez / Gutierrez e San Rosendo
Respuestas: 2
Vistas: 1808

Guterrez e San Rosendo

Ola Anónimo:

Tes unha completa e documentada xenealoxía da familia de San Rosendo no foro de Historia deste site, que foi enviada por Per baixo o título "Genealogía de la casa de Trava" o 31-03-2003.

Saúdos. Lumebóo

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 31-10-2003 15:34 ]
por lumebóo
20 Oct 2003, 18:43
Foro: Buscas
Tema: Famí­lia Turnes
Respuestas: 2
Vistas: 1782

Turnes

Ola de novo José:

Práticamente o mesmo que che dixen onte. Conozo unha xente nativa e residente en Santa Comba (A Coruña) que se apelida así; incluso penso que está extendido nesa zona de Xallas.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
19 Oct 2003, 17:29
Foro: Buscas
Tema: Buhigas
Respuestas: 2
Vistas: 2684

Buhigas

Ola José:

Non sei de certo a súa orixe; mais eu tiven un amigo e outro compañeiro -ambos os dous curmaos- que eran de familia orixinaria de Vilagarcía. Non obstante semella que a súa procedencia última debe de ser de Cataluña.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
12 Oct 2003, 16:00
Foro: Buscas
Tema: Família Bello
Respuestas: 1
Vistas: 1669

Família Bello

Ola Yohana: Entendo o teu desexo de coñeceres algo acerca dos teus ancestros, é o mesmo sentimento que nos impulsa á maioría dos que participamos nestes foros. Non obstante, e aínda querendo botar-che unha mao, é práticamente imposible só cos datos que aportas. Supoño que se nos os reflictes na túa ...
por lumebóo
08 Oct 2003, 18:01
Foro: Territorio
Tema: Sta. María de Brión
Respuestas: 1
Vistas: 2413

Sta. María de Brión

Teño a intención de comezar un estudio xenealóxico (e, se cadra, de demografía histórica e toponímico) sobre esta parroquia do concello de Ferrol. Paréceme interesante porque penso que é unha freguesía que sempre estivo bastante illada (aínda hoxe en día hai unha notable taxa de endogamia) e cun pas...
por lumebóo
04 Oct 2003, 18:32
Foro: Buscas
Tema: Família Núñez
Respuestas: 4
Vistas: 2786

primeros nuñez en galicia

Ola skynet: Supoño que os primeiros Núñez da Galiza aparecerían na Alta Idade Media, polo menos creo telo visto nalgúnha transcrición de documentos desa época. E obvio dicir que ven do nome de pía Nuño ou Nuno. En calquera caso estamos falando dun apelido, non dunha liñaxe. É dicir, poida que ti non...
por lumebóo
02 Oct 2003, 19:02
Foro: Buscas
Tema: Familia Pan
Respuestas: 7
Vistas: 5299

apellido Pan

Hola Keizersdream e Milleiro: Non podo deixar de solidariezar-me con vos a respeito desta mofa que vos envía este autoinvitado. Xa teño visto algús comentarios del con anterioridade e, seguindo a súa delirante e surrealista liña teórica, acada con este comentario o paroxismo. Debe ser lexítimo criti...
por lumebóo
19 Jun 2003, 19:01
Foro: Buscas
Tema: Avelino Ruibal Torres (Xeve-Pontevedra)
Respuestas: 2
Vistas: 2025

Avelino Ruibal Torres, de Jeve.

Ola Claudia:

Dis que teu avó se chamaba Avelino Ruibal e que foi para a Arxentina en 1930. e que deixou fillos aquí. Ben, moi ben poden aínda vivir eses fillos; mais ¿como se apelidaba a túa avoa? Porque aquí usamos dous apelidos, e con Ruibal só xa che comenta Cruzul os que hai.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
15 Jun 2003, 17:39
Foro: Buscas
Tema: Manuel Pereyra Blanco (Vilar-Ourense)
Respuestas: 4
Vistas: 3069

Genealogia

Ola Alfredo: Na provincia de Ourense existen dúas parroquias denominadas Vilar, á parte da indicada por Miguelangel na propia capital; a saber: San Pedro Fiz de Vilar, concello de Bande San Cosme de Vilar, concello de Chandrexa de Queixa O apelido Pereira é moi corrente nesta provincia, e Blanco tam...
por lumebóo
02 Jun 2003, 18:16
Foro: Buscas
Tema: Família Gil-Araujo Pérez
Respuestas: 18
Vistas: 7783

localizando antepasados

Ola Rómulo: Menos mal que encontro un arxentino mais, fillo de emigrantes que non é un descerebrado e coñece e é consciente da realidade vital que supuxo a emigración. Eu tamén tiven avós emigrados a Cuba en 1915/1920 e meu pai naceu aló. Semella que o estigma do emigrante galego foi o da autodestru...
por lumebóo
02 Jun 2003, 17:55
Foro: Buscas
Tema: Família Rodríguez Nogueira (Ourense)
Respuestas: 1
Vistas: 1523

Buscando hermanos de mis antepasados

Ola Gabriel Martínez: Eu supoño que non debes de estar moi introducido no mundo da xenealoxía, polo prantexamento do teu inquérito. Non é esta unha resposta insolidaria nen moito menos, simplemente é un poñer á xente na realidade. Como podes supoñer, con Marcial Martínez e Tomasa Nogueira de Ourense...
por lumebóo
30 May 2003, 18:33
Foro: Buscas
Tema: Famí­lia Germade (Crendes-Abegondo)
Respuestas: 12
Vistas: 4718

Apellido Germade

Ola keizersdream: Paso a relacionar algús dos datos que teño da parroquia de Cecebre. C A S A D O S 07-08-1702 Casa Domingo de Germade, fillo de Santiago de Germade e de María ¿Méndez?, con Juana de Abelloa, viuva de Domingo de Lago. 09-12-1742 Casa Francisco Germade, fillo de Antonio Germade e de M...
por lumebóo
26 May 2003, 18:30
Foro: Buscas
Tema: Família Balay Piñeiro Mañana (Arteixo)
Respuestas: 6
Vistas: 4480

Balay, Piñeiro, Mañana.

Ola Javier: Non creo que che sirva de moito; pero aí che mando datos que teño recollidos nos libros parroquiais de San Salvador de Cecebre (Cambre): Libro de Casados nº 1, folio 115 Andrés de Balay, hijo de Domingo Manso y de Ysabel de Balay, naturales de Brives; casa con María Fernandez, hija de An...
por lumebóo
24 May 2003, 18:41
Foro: Buscas
Tema: Marí­a de Ulloa (Brexo-Cambre)
Respuestas: 7
Vistas: 3235

María de Ulloa

Ola de novo José:

Tamén pode ser, facendo un esforzo de memória, que este Libro de Difuntos de Brexo o tivera o párroco de Cecebre; pero non recordo que tivera os outros, porque de ser así os tería copiado.
O enderezo deste cura pódelo mirar no enlace da Diócese de Santiago.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
23 May 2003, 18:07
Foro: Buscas
Tema: Marí­a de Ulloa (Brexo-Cambre)
Respuestas: 7
Vistas: 3235

María de Ulloa

Ola José: Se queres que che diga a verdade, nen me acordo cando nen onde tomei os datos. Penso que foi canda o cura que leva unha parroquia en Santa Cruz (Oleiros), Jorge Oliveira Rey, Telf. 981 665 306, mais non estou certo. Seique a igrexa de Brexo foi incendiada cando a Guerra Civil. Eu teño o li...
por lumebóo
22 May 2003, 18:34
Foro: Buscas
Tema: Marí­a de Ulloa (Brexo-Cambre)
Respuestas: 7
Vistas: 3235

María de Ulloa

Ola José: Paso a transcribir-che o que eu teño dunha parte do Libro de Difuntos de Brexo. Non teño dos outros libros. María Abelloa Falecida 27-04-1672 Casada con Alonso de Barbeito Deja 1 hijo y 1 hija Juan da Pena Falecido 23-05-1695 Casado con María Lorenza Deja 1 hijo casado María Abelloa Faleci...
por lumebóo
14 May 2003, 17:52
Foro: Novas
Tema: Incomunicacion
Respuestas: 5
Vistas: 3582

Incomunicacion

Ola Rómulo: Noraboa de que algunha das túas iniciativas teña algo de éxito. De vires acó non dubides que, polo menos, algún membro destes foros han-che axudar, ...sobre todo os que residen nas comarcas máis cercanas á túa zona de interese. A min pílla-me un pouco lonxe (máis ou menos 200 quílometros...
por lumebóo
10 May 2003, 19:31
Foro: Buscas
Tema: Família Balay Piñeiro Mañana (Arteixo)
Respuestas: 6
Vistas: 4480

Balay, Piñeiro, Mañana.

Ola Javier Balay: Aí che vai o mesmo que che envía Cruzul; pero do apelido Mañana (castelanización de Mañá, que tamén existe). MANUEL MAÑANA ALDAO Esquipa, 8 ARTEIXO Tel.: 981 605 702 JOSE FLORENTINO MAÑANA AÑON ARTEIXO Tel.: 981 600 195 MANUEL JOSE MAÑANA AÑON ARTEIXO Tel.: 981 640 729 MARIA DEL CA...
por lumebóo
10 May 2003, 19:15
Foro: Buscas
Tema: Fontao, Mouriño, de la Fuente
Respuestas: 3
Vistas: 2907

apellidos: Fontao,Mouriño, de la Fuente

Ola aos dous:

O apelido Lafuente o de la Fuente pode ser, tamén, unha castelanización do galego da Fonte. Éste deu en galego Dafonte e Fonte; pero, que eu saiba, non hai Afonte.

Puido dar-se outro mecanismo: da Fonte=>de la Fuente=>Lafuente.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
10 May 2003, 19:03
Foro: Buscas
Tema: Famí­lia Boan Lemos (Chantada)
Respuestas: 3
Vistas: 4304

ancestros

Ola jb: Na Gran Enciclopedia Gallega aparece o seguinte: "BOÁN. Linaje gallego procedente del lugar de Boán, municipio de Chantada (Lugo). Se extendió por toda Galicia y tuvo casas solares en Garabelos, de la parroquia de San Martiño de Mariz, en la casa de Boán, de la de Santa Olalla de Pedraf...
por lumebóo
09 May 2003, 18:10
Foro: Novas
Tema: Lista de Pasajeros
Respuestas: 6
Vistas: 3446

Lista de Pasajeros

Ola Rómulo:

CEMLA ten un enlace desde este site, estiveno consultando pero dá-me a impresión que non on-line.
Se non fose así fai-mo saber por favor.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
09 May 2003, 18:05
Foro: Buscas
Tema: Familia Varela y Baldés / Valdés (San Fiz de Asma-Chantada)
Respuestas: 13
Vistas: 7581

Apellidos VARELA (San Félix de Asma) y BALDÉS (probablemente

Ola Mirela: Ben, supoño que te referes ás parroquias de San Pedro Fiz de Asma e Santa María de Pesqueiras que pertencen ao concello de Chantada. Non sei qué tipo de información solicitas; pero así a pelo é práticamente imposble dicir-che apenas nada. Se buscas datos en canto ao apelido exclusivament...
por lumebóo
09 May 2003, 17:30
Foro: Territorio
Tema: Concejo de Miranda
Respuestas: 14
Vistas: 9633

CONCEJO DE MIRANDA

Ola a todos: Na enciclopedia Galicia de Hércules de Edicións, no seu tomo V, cando trata da organización civil de Galiza no Antigo Réxime; X. R. Barreiro Fernández di, entre outras cousas, o que segue: "Baixo as provincias estaban as xurisdiccións e coutos redondos, que se apoiaban á súa vez na...
por lumebóo
09 May 2003, 16:09
Foro: Buscas
Tema: Família Ros de Medrano (Ourense)
Respuestas: 2
Vistas: 1676

Ros de Medrano

Ola Yas: Eu somentes che podo aportar a referencia que fai a enciclopedia Galicia, de Hercules de Edicións, no tomo IV de Historia; onde Xosé Ramón Barreiro di, falando dos personaxes ilustrados: "Don Manuel Ros de Medrano, natural de Ourense onde naceu en 1757, estudiou Cánones e Leis na Unive...
por lumebóo
08 May 2003, 18:58
Foro: Buscas
Tema: Famí­lia Boan Lemos (Chantada)
Respuestas: 3
Vistas: 4304

ancestros

Ola jb: Non encontrariades parentes no país; pero desde logo aínda hai us cantos que teñen teléfono. Dado que é un apelido bastante pouco frecuente penso que teredes todos vencellos comúns, cando ademáis podes comprobar que existe un nucleo moi concentrado no contorno de Chantada/Monforte (sur de Lu...
por lumebóo
08 May 2003, 18:02
Foro: Novas
Tema: Incomunicacion
Respuestas: 5
Vistas: 3582

Incomunicacion

Ola Rómulo: Paréce-me que nun comentario que fixen a unha menxase anterior túa xa che explicaba o que ías encontrar. O consello que che daban nese medio de comunicación é bastante ecléctico; pero non poden facer outra cousa,... tampouco tartarían de desanimarte. Máis, tristemente o feito é que se te...
por lumebóo
08 May 2003, 17:44
Foro: Buscas
Tema: Familia Balseiro
Respuestas: 13
Vistas: 5492

Balseiro

Ola MIGUELANGEL: Xa: pero estamos no de sempre. ¿Quen é ese Fariña Couto para decir pasó a Galicia?. Eu lle pregunto: ¿cando pasou? ¿en que circunstancias?, ¿que fontes documentais aporta para decilo?, etc. etc. Por outra parte, balsa é un morfema común ao galego e máis ao castelán, e con identidade...
por lumebóo
08 May 2003, 16:02
Foro: Buscas
Tema: Familia Balseiro
Respuestas: 13
Vistas: 5492

Balseiro

Ola MIGUELANGEL: Xa me parecía amin que tiña que ser algo así. Mentres me contestabas estiven ollando nas páxinas brancas de ya.com e tirei o seguinte: Provincia da Coruña: 163 abonados. A maioría no norte Provincia de Lugo: 257 abonados, Case todos no norte Provincia de Ourense: 12 abonados. Algús ...
por lumebóo
08 May 2003, 15:38
Foro: Buscas
Tema: Familia Balseiro
Respuestas: 13
Vistas: 5492

Balseiro

Ola MIGUELANGEL: Nen por casualidade podo estar de acordo contigo. Primeiro, ¿de onde sacaches iso que dis de orixe Cataluña?. Habería que citar as fontes, e non me canso de repetilo. Segundo, hai un fato de Balseiro e de Balsa, ademáis no norte de Galiza (que non foi zona de especial inmigración ca...
por lumebóo
07 May 2003, 17:15
Foro: Buscas
Tema: Maia
Respuestas: 8
Vistas: 3481

Apellido MAIA

Ola Invitado: Ponte de Lima está situada na rexión portuguesa do Minho, á beira do río Lima (o noso Limia ourensán) e na estrada 201, que leva de Valença do Minho a Barcelos, calculo que a uns trinta quilómetros da primeira. En referencia a se o apelido pode estar relacionado coa comarca coruñesa de...
por lumebóo
01 May 2003, 19:17
Foro: Territorio
Tema: Concejo de Miranda
Respuestas: 14
Vistas: 9633

CONCEJO DE MIRANDA

Ola aos dous: Existe na actualidade a parroquia de Santiago de Miranda no concello de Castroverde (Lugo). Existeu, creo que de forma efémera, un concello denominado Miranda a principios do XIX, penso que do partido de Ribadeu ou da Fonsagrada, cando se tentaba unha nova organización administrativa-t...
por lumebóo
29 Abr 2003, 19:04
Foro: Buscas
Tema: Famí­lia Germade (Crendes-Abegondo)
Respuestas: 12
Vistas: 4718

Apellido Germade

Ola José:

Como xa che comentei nalgunha ocasión, de Crendes non teño nada; pero teño unha liña de Germade máis ou menos elaborada en Cecebre, que como xa sabes é colindante con aquéla.

Se é do teu interese páso-che os datos que teña.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
29 Abr 2003, 18:54
Foro: Buscas
Tema: Família Copa Armesto (Lugo)
Respuestas: 1
Vistas: 2729

Necesito encontrar familiares con apellido Copa Armesto en L

Ola Elsoftweriano: Como xa supoñerás, é pouco probable que haxa persoas cos mesmos apelidos que teu avó a día de hoxe, ... a non ser que fose unha casualidade. E menos da sua xeración ou, incluso, da seguinte. Sen embargo, aínda hai uns cantos abonados a teléfono fixo co apelido Copa na Galiza. Como...
por lumebóo
21 Abr 2003, 17:36
Foro: Buscas
Tema: Família Gil-Araujo Pérez
Respuestas: 18
Vistas: 7783

localizando antepasados

Ola ROMULO: Xa lle teño comentado a algún outro membro do site a dificultade engadida que tedes os que residides fóra do país. Se para nós, investigarmos os nosos ascendentes, é moitas veces un camiño cheo de problemas; para vós, isto convérte-se nun calvario. É práticamente automático que che expid...
por lumebóo
16 Abr 2003, 19:32
Foro: Novas
Tema: Lista de Pasajeros
Respuestas: 6
Vistas: 3446

Lista de Pasajeros

Ola Jorge: Se te referes a listas de emigrantes a E.E.U.U. non sei se sabes que está a disposición o arquivo da Illa de Ellis (Nova Iorque), existindo un enlace neste site. A respeito doutros países (Cuba, Sudamérica), é máis difícil. Penso que na Arxentina teñen rexistros parciais e con relación en...
por lumebóo
16 Abr 2003, 19:22
Foro: Buscas
Tema: Família Gil-Araujo Pérez
Respuestas: 18
Vistas: 7783

localizando antepasados

Ola ROMULO: Tanto para Galiza coma para outros territorios de España penso que a única vía de investigación de antepasados son os rexistros das parroquias ou os censos que puidera haber. Se tes o nome de teu bisabó materno e os dous apelidos, aínda sabendo o ano de nacemento; faría falta coñecer a p...
por lumebóo
07 Abr 2003, 19:15
Foro: Coordinación
Tema: Seriedade metodolóxica
Respuestas: 3
Vistas: 3745

Seriedade metodolóxica

Polo ben desde site; é dicir, pola dignidade do mesmo, pola súa credibilidade e solvencia, pregaría a todos os que nos dirixamos a el un maior coidado nas nosas aportacións. Ou o que é o mesmo menos palla e máis grao. Por exemplo: 1.-Os interminables, e moitas veces ilexibles, textos con liñaxes ou ...
por lumebóo
29 Mar 2003, 18:00
Foro: Buscas
Tema: Somaza
Respuestas: 13
Vistas: 7141

Apelido Somaza

Ola Miguelangel: Eu non sabía que que o Somaza que está buscando asunS procede de Somo, Cantabria; porque nas mensaxes dela non o especifica. Que o apelido seña escaso en Galiza non quere dicir que en Cantabria non poida ser abundante e, por tanto, que existan moitas liñas; e que, aínda podendo ter ...
por lumebóo
28 Mar 2003, 18:26
Foro: Buscas
Tema: Somaza
Respuestas: 13
Vistas: 7141

Apelido Somaza

Ola aos dous: Miguelangel, permíte-me que discrepe co que dis de que Somoza e Somaza son o mesmo apelido. En Galiza hai apelido Somoza que ten unha xustificación na toponimia (por exemplo, As Somozas), e Somaza, do que non podo asegurar a súa orixe, parece que ten base en Cantabria. AsunS, adxúnto-c...
por lumebóo
27 Mar 2003, 18:59
Foro: Buscas
Tema: Somaza
Respuestas: 13
Vistas: 7141

Apelido Somaza

Ola paisana: Somaza, que non Somoza, houbo algunha familia en Ferrol. Polo menos eu coñecín un rapaz que estudou comigo e seu pai traballaba no teatro Jofre. Mira, isto cho podía facer eu, pero case é mellor que o fagas ti; porque é sinxelo e, ademáis, has disfrutar facéndo-o. Primeiro podes consult...
por lumebóo
23 Mar 2003, 15:39
Foro: Territorio
Tema: Ferrol
Respuestas: 16
Vistas: 10054

Ferrol

Ola a todos: Como se deixa ver en todos os comentarios que se verteron neste foro, parece evidente que a orixe do topónimo Ferrol é obxecto de controversia e, por tanto, de varias teses. No Nomenclator da Xunta inclúen-se os lugares chamado así no noso país: CARBALLO Rus (Santa María) Ferrol FERROL ...
por lumebóo
20 Mar 2003, 18:24
Foro: Buscas
Tema: Pedro Sánchez de Mendoza (O Campo-Nogueira de Ramuin)
Respuestas: 7
Vistas: 2346

Los Sánchez de Mendoza

Ola Guillermo:

Saceda é un lugar ou aldea da parroquia de San Miguel do Campo, no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).

Para saberes máis dos teus antepasados que levaron ese apelido habería que ir aos libros parroquiais, ben na propia parroquia ou no Arquivo Diocesano de Ourense.

Sorte.Lumebóo
por lumebóo
16 Mar 2003, 18:12
Foro: Buscas
Tema: Enrique Martinez Naya
Respuestas: 1
Vistas: 1339

Enrique Martinez Naya

Ola Dante: A ver home/muller; en primeiro lugar, terías que dicir qué tipo de datos buscas, despois sería necesario que dixeras algo concreto acerca de teu abó: en que ano naceu ou idade aproximada que tería, cómo se chamaba a túa aboa. Se eran de Ferrol, como supós, sería ben saber, se é posible, a...
por lumebóo
16 Mar 2003, 17:41
Foro: Buscas
Tema: Colmieiro
Respuestas: 3
Vistas: 2485

Apellido Colmieiro

Ola mosqueira: Non teño nada que aportar á xenealoxía deste apelido e/ou liñaxe. Somentes apuntar acerca da súa etimoloxía que, ao meu entender, pode ser unha grafía adaptada á súa pronunciación. É dicir, este apelido faría referencia ao oficio da persoa que ten colmeas (de abellas) e, por tanto a s...
por lumebóo
13 Mar 2003, 19:28
Foro: Buscas
Tema: Família Montecelo (Friol)
Respuestas: 2
Vistas: 2491

Apellido MONTECELO - Origen en Friol

Ola Invitado: ¿Cómo que non parece galego este apelido? Outra cousa non será, pero da terra é polos catro cantos. O que pasa é que nós mesmos, cando hai algo que debemos interpretar e se sae un chisco do noso arredor máis íntimo xa pensamos en algo exótico. Por exemplo, cando un apelido non entra no...
por lumebóo
13 Mar 2003, 17:42
Foro: Territorio
Tema: Monterroso
Respuestas: 3
Vistas: 3054

MONTERROSO.

Ola Per: Non pretendendo analisar, aporto unha nota do que fora profesor de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago, Moralejo Lasso acerca destes segundos termos en roso: "Fonte Rosas (parroq. en Touro, Cor.): del bajo lat. russu-/ a "rojo/a", seguramente, como el esp. ant. roso...
por lumebóo
12 Mar 2003, 17:21
Foro: Buscas
Tema: Anta
Respuestas: 3
Vistas: 2588

Busco información sobre el apellido ANTA

Ola Invitado: Supoño que este apelido, coma tantos outros, provén orixinariamente dun topónimo Anta, e de aí pasaría a identificar ás familias residentes nese lugar ou procedentes del (os de Anta->Anta). Anta, en principio, designa en galego un monumento funerario prehistórico (da Idade do Bronce ou...
por lumebóo
08 Mar 2003, 17:50
Foro: Territorio
Tema: Ferrol
Respuestas: 16
Vistas: 10054

Ferrol

Ola Milleiro: Dá-me a impresión de que acabas de abrir a caixa dos tronos. Estando de acordo contigo no de que os nomes de lugar da Galiza “so en galego”, que por outra parte penso é a norma legal, un astra estaría disposto a dicir “en Galiza só en galego todo”; ainque que isto xa sería outro tema d...
por lumebóo
27 Feb 2003, 18:47
Foro: Buscas
Tema: Família Castro
Respuestas: 3
Vistas: 1751

Busco antepasados

Ola Marina: Ben, se non sabes como empezar empezaremos como fixemos todos. Primeiro. A árbore xenealóxica pode ser tan complexa como un queira; pero básicamente é unha estrutura vertical e cronolóxica onde se van guindando os nosos antepasados. Segundo. Tes que establecer de forma lóxica os ancestro...
por lumebóo
25 Feb 2003, 15:05
Foro: Buscas
Tema: Familia Pedreira Quiveu
Respuestas: 17
Vistas: 8787

apelliodos

Ola invitado: O apelido Pedreira é claramente de orixe toponímica. Teríase constituido como apelido cando se utilizou para identificar aos habitantes dun lugar chamado así. Por tanto esta é a orixe etimolóxica do nome; pero isto non significa que todos os Pedreiras veñan dun único sitio. É evidente ...
por lumebóo
25 Feb 2003, 14:43
Foro: Novas
Tema: Mensaje a xenealohia
Respuestas: 2
Vistas: 2283

Mensaje a xenealohia

Ola Invitado cubano: É dificil dicir-che algo concreto para que mires na rede cousas acerca de Galiza. Non porque non haxa, senon porque as fontes de información en Internet poden ser infinitas. Podes empezar tecleando "Galicia" ou "Galiza" en calquera buscador (Google, Alltheweb...
por lumebóo
18 Feb 2003, 15:46
Foro: Buscas
Tema: Familia Valesis Ricoy
Respuestas: 15
Vistas: 8826

Valesis / Ricoy

Ola Carola: Eu non sei onde teñen os libros de Santiago de Morillas, do arciprestado de Montes e arquidiócese de Santiago. A única maneira de saber se están na parroquia ou no arqiuvo diocesano é preguntar nalgún dos dous sitios. Por se queres intentar na primeira, mándo-che o enderezo do párroco: R...
por lumebóo
14 Feb 2003, 18:59
Foro: Buscas
Tema: Família Castro
Respuestas: 3
Vistas: 1751

Busco antepasados

Ola Sonámbulo: Mira, o apelido Castro, como xa imaxinas, é incriblemente abundante na Galiza (e non só na Galiza). Como a maor parte dos apelidos do país, este é de procedencia toponímica; e dicir, os primeiros que foron identificados con esta palabra fórono en función de que eran residentes en ou p...
por lumebóo
12 Feb 2003, 16:21
Foro: Buscas
Tema: Maiz
Respuestas: 6
Vistas: 3706

Apelido Máiz

Ola a todos: Pois debedes ter razón. Veño de consultar o directorio telefónico e, a primeira vista, Maiz é un apelido guipuscoano, xa que existen 225 abonados que o levan nesa provincia, ademáis de 77 en Vizcaia e 3 en Alava. Pola contra, en Galiza só atopo 13 usuarios, todos na provincia da Coruña:...
por lumebóo
11 Feb 2003, 17:13
Foro: Buscas
Tema: Familia Millarengo
Respuestas: 7
Vistas: 4283

Apellido Millarengo

Ola outra vez Millarengo: Como din Irmandiños e máis Milleiro, eu tamén estou porque este apelido teu é de orixe galega (podes mirar as hipóteses etimolóxicas que propón este último no enderezo que facilita). O das datas que pregunta Irmandiños é fundamental. Eu non sei por qué afirmas que ese tatar...
por lumebóo
04 Feb 2003, 15:35
Foro: Historia
Tema: Cuestion de método
Respuestas: 0
Vistas: 1687

Cuestion de método

Ola a todos en xeral: Isto vai dirixido a todos os que participades neste foro; mais tamén se podería aplicar, nalgunha medida, aos que escriben a Liñaxes. Estou ben pendente e moi interesado nas comunicaciós que facedes. Paréce-me que teñen un alto nivel e que suscitan un debate vivo e arrequecedor...
por lumebóo
04 Feb 2003, 15:16
Foro: Buscas
Tema: Familia Millarengo
Respuestas: 7
Vistas: 4283

Apellido Millarengo

Ola Millarengo, e benvido/a Saber a orixe é algo un tanto etéreo, porque o principio é algo inalcanzable. O único que se pode facer é investigar (ir tirando polo fío) e ver astra onde podes chegar. De todas formas, e para comezar, seique nestes foros algo se falou deste apelido. Non recordo onde, pe...
por lumebóo
03 Feb 2003, 17:48
Foro: Buscas
Tema: Manuel Cavallero Chavarria
Respuestas: 0
Vistas: 1279

Manuel Cavallero Chavarria

Este é un chamado a quen me poida botar unha mao e, en concreto a aqueles que residan na R.O. do Uruguay por teren maís facilidade. Estou interesado en coñecer algo da vida nese país e, se é posible, circunstancias da súa morte, do sexto abó meu chamado Manuel Cavallero Chavarría. Este naceu en Sanl...
por lumebóo
30 Ene 2003, 20:36
Foro: Buscas
Tema: Aneiros
Respuestas: 1
Vistas: 1834

¿Mepodeis ayudar?

Ola Invitada: Benvida, porque supoño que es a andurinha que se deu de alta como membro hoxe ¿non si? Eu non me decato ben se ti queres saber a orixe etimolóxica da palabra "aneiros", se desexas coñecer a procedencia do apelido Aneiros en xeral, ou se o que procuras son as raíces xenealóxic...
por lumebóo
20 Ene 2003, 17:46
Foro: Buscas
Tema: Familia Bahamonde (Ferrol) e Família Vaquero (Ourense)
Respuestas: 1
Vistas: 1647

familia

Ola Jaime:

E ben, ¿que solicitas?
Se queres averiguar datos da túa familia deberías aportar algún dato máis, e se queres dar a coñecer a túa xenealoxía pódelo facer cando queiras.

Saúdos. Lumebóo
por lumebóo
19 Ene 2003, 13:54
Foro: Buscas
Tema: Diego de Rivera Lobariñas
Respuestas: 2
Vistas: 2379

diego de rivera lobariñas

Ola mamiblue: Eu non che podo facilitar máis datos deste personaxe dos que ti, seguramente, xa tes. Únicamente apuntar que debe de ser un apelido de orixe toponímica na medida en que existe un lugar chamado Lobariñas na parroquia de San Pedro de Crecente, que o mesmo que San Xoán de Albeos, pertence...
por lumebóo
13 Ene 2003, 17:17
Foro: Buscas
Tema: Maiz
Respuestas: 6
Vistas: 3706

Maiz

¿Alguén ten datos acerca do apelido Máiz, ligado ao pazo da Caseira Nova en Sobrado dos Monxos? Eu sei que en Ferrol existen varias familias con ese apelido, pero penso que non son maís de tres liñas de curmaos. Á parte seique estas familias proveñen dun antepasado común (cecais o abó) oriundo de Sa...
por lumebóo
09 Ene 2003, 17:39
Foro: Buscas
Tema: Famí­lia Fachal Pedreira Vigo Lago Victor Castro Chirol Lopez
Respuestas: 3
Vistas: 3919

Apellidos Fachal, Pedreira, Vigo y Lago; Victor y Castro, C

Ola ncrmalax:

Se soubeses a ou as parroquias de Ferrol onde naceron os teus antepasados cecais podería botar-che unha mao.
En canto ao de Serantes a ver se podo achegar-me un día destes, aínda que se o cura é un que eu sospeito talvez poña problemas.

Lumebóo
por lumebóo
06 Ene 2003, 16:33
Foro: Historia
Tema: Origen de la Encomienda del Orbigo
Respuestas: 17
Vistas: 9238

Origen de la Encomienda del Orbigo

Ola Breoghan:

Paréce-me moi ben. Máis, ¿por que non citas as fontes documentais de onde sacaches esta xenealoxía?. Eu penso, e alomenos foi o que me aprenderon a mín no pouco que sei de prática investigatoria, que isto é indispensable para poder acreditar as teses que se expoñen.

Saúdos

Lumebóo
por lumebóo
06 Ene 2003, 16:09
Foro: Buscas
Tema: Peña
Respuestas: 9
Vistas: 4664

apellido Peña

Ola Xavier: Vale home, se eu non quixen desautorizar a túa opinión nen nada polo estilo. Simplementes trato de dar o meu punto de vista. Ademáis eu, cecais aínda son menos experto que ti, pero ese non é o tema. Ben sei que eses 700 abonados inclinan a pensar no que ti dis; pero unha cousa é que seña...
por lumebóo
06 Ene 2003, 15:53
Foro: Buscas
Tema: Família Cordal
Respuestas: 6
Vistas: 2904

Cordal

Ola Carola, Milleiro e Irmandiños: Non teño moito que aportar á mensaxe en canto a datos; máis se me permitides un comentario podo dicir que en Ferrol houbo (ou hai) unha familia chamada así. Se digo que non sei se aínda existe é porque dúas irmás que morreron solteiras hai xa moito tempo, aproximad...
por lumebóo
06 Ene 2003, 15:27
Foro: Buscas
Tema: Peña
Respuestas: 9
Vistas: 4664

apellido Peña

Ola Milleiro: Polo ben do noso creto, penso que non podes facer afirmacións tan categóricas como a que expós. Ben sabemos todos das deturpacións e castracíóns do noso patrimonio lingüístico: da nosa toponímia, dos nosos nomes e apelidos; máis non creo que se poda dicir que todos os Peñas veñan dunha...
por lumebóo
03 Ene 2003, 17:55
Foro: Buscas
Tema: Família Pavon (Vilarubín-A Peroxa)
Respuestas: 4
Vistas: 14580

Flía Pavón en Ourense - Villarubín

Ola invitado: Tes razón en que cos poucos datos que dás é complicado xiquera dar unha orientación mínima. Menos mal que o apelido da túa familia non está moi extendido e, entón, o campo de busca redúce-se moito. Dá-me a impresión de que Pavón non é un apelido galego, sóna-me máis a andaluz ou desa z...
por lumebóo
30 Dic 2002, 17:30
Foro: Buscas
Tema: Fam. Piñeiro Abilleira Crespo Lores Solla Tobio Maquieira
Respuestas: 3
Vistas: 2354

Busco familares!!!

Ola de novo gpineiro: Encontrei un abonado de telefonía fixa que coincide cos apelidos de teu pai; pero penso que é somente iso, unha coincidencia. A gran abundancia de Piñeiros en toda Galiza, e de Lores concretamente na comarca de Pontevedra fai que se poidan dar múltiples combinacións entre os ap...
por lumebóo
28 Dic 2002, 17:57
Foro: Buscas
Tema: Miguenes / Miguéns
Respuestas: 4
Vistas: 3390

apellido miguenes

Ola a todos: Eu, que saiba, nestes foros como no resto dos ámbitos da vida, e aínda máis se os que nos len non poden ver a nosa cara, o respeito ao que está falando con nosoutros debe ser o primeiro signo de civilización. E xa non me refero a insultar, senón simplemente ao tono que se empregue en di...
por lumebóo
28 Dic 2002, 17:33
Foro: Buscas
Tema: Fam. Piñeiro Abilleira Crespo Lores Solla Tobio Maquieira
Respuestas: 3
Vistas: 2354

Busco familares!!!

Ola gpineiro: Como saberás, o apelido Piñeiro está moi extendido no país e tamén en América, onde se pode encontrar con esta grafía e tamén como Piñeyro. No teu caso penso que a procedencia dos teus ancestros debe de ser da parroquia de Lerez, no concello de Pontevedra. Unha das características foné...
por lumebóo
17 Dic 2002, 17:55
Foro: Buscas
Tema: Familia Doncos
Respuestas: 2
Vistas: 2471

Apellido Doncos

Ola Invitado: O teu apelido é, como a maioría dos galegos, de orixe toponímica. Neste caso, o lugar que tería dado orixe ao apelido é Doncos, na parroquia do mesmo nome, concello de As Nogais (Lugo). Por outra parte, é un apelido moi escaso, xa que somentes encontrei os seguintes no directorio telef...
por lumebóo
13 Dic 2002, 19:58
Foro: Historia
Tema: A bandeira de Galicia
Respuestas: 13
Vistas: 6559

A BANDEIRA DA GALICIA.

Ola Milleiro: Non me refería a que estiveses cabreado, senon que a túa contestación parecéra-me moi apaixoada; e non digo que non teñas dereito a a que fora así. Tampouco pretendía botar-che a "racha". Non obstante o problema penso que non é de temática, senon de forma. Se este é o foro de...
por lumebóo
13 Dic 2002, 19:25
Foro: Historia
Tema: A bandeira de Galicia
Respuestas: 13
Vistas: 6559

A BANDEIRA DA GALICIA.

Ola Per, Ola Milliero: A ver, homes (ou mulleres) se temos un pouco sentidiño. Per manifesta, a carón da súa descrición da bandeira galega e a súa orixe, as liñas ideolóxicas nas que percebe que está instalado. Máis, efeitivamente inclúe xuizos de valor (que son del) e póde-os expresar libremente aí...
por lumebóo
12 Dic 2002, 15:14
Foro: Buscas
Tema: Sanjurjo - Viqueira - Moar - Moure -
Respuestas: 31
Vistas: 15673

Sanjurjo - Viqueira - Moar - Moure -

Ola Per: Non poño en dúbida as teses que expós para contestar a Andrés Sanjurjo. Incluso poden ser, a pesar do aspecto lendario que apresentan, en certo modo plausibles; pero, por favor e en aras dunha xenealoxía seria, cando fagamos calquera afirmación citemos as fontes documentais nas que nos base...
por lumebóo
11 Dic 2002, 16:12
Foro: Buscas
Tema: Família Troncoso
Respuestas: 1
Vistas: 1463

Apellido Troncoso

Ola Yla: Mira, o apelido Troncoso é relativamente abundante, aínda que se encontra moi concentrado. En primeiro lugar trátase dun apelido cunha distribución actual, extrapolada do directorio telefónico, concentrada básicamente no estremo suroeste da provincia de Pontevedra (comarcas de Vigo e O Cond...
por lumebóo
09 Dic 2002, 18:13
Foro: Buscas
Tema: Família Garcia Vazquez Fraga Cornes
Respuestas: 11
Vistas: 5394

Busco parientes en Galicia- Apellidos García Vá

Ola Guillermo: Entendo que deberías proporcionar algún dato máis concreto para que alguén puidera botar-che unha mao. Por exemplo, onde casaron ou, no caso do teu abó, de que parroquia era. Estes datos poderíalos encontrar se tes algunha documentación dos teus ancestros: documento de identidade, pas...
por lumebóo
06 Dic 2002, 16:13
Foro: Buscas
Tema: Família Albariño
Respuestas: 11
Vistas: 5711

Albariño

Ola de novo, Fidel: Ti mencionas ao teu antepasado Frei Manuel Albariño, e dís que ven citado na Enciclopedia da emigración galega. Descoñezo esa obra, pero atopéi casualmente na Gran Enciclopedia Gallega a entrada correspondente a esta persoa e dá úns datos tomados de Alberto Vilanova no seu libro ...
por lumebóo
27 Nov 2002, 16:38
Foro: Heráldica
Tema: Aenlle
Respuestas: 27
Vistas: 22583

AENLLE

Ola a todos:

Cecais a culpa foi miña ao me expresar de forma tal vez ruda.
Ninguén ten que se desculpar xa que non me sinto ofendido polos que participastes neste intercambio de opinións.

Saúdos

Lumebóo
por lumebóo
26 Nov 2002, 19:00
Foro: Buscas
Tema: Miguenes / Miguéns
Respuestas: 4
Vistas: 3390

apellido miguenes

Ola Ester:

Penso, de primeiras, que o teu apelido debe de ser o mesmo que Miguens por unha evolución castelanizante moi usual.
Se é así, existe un foro, se non máis, neste portal onde se abordou este tema. Procura buscalos.

Sorte

Lumebóo
por lumebóo
26 Nov 2002, 18:54
Foro: Heráldica
Tema: Aenlle
Respuestas: 27
Vistas: 22583

AENLLE

Ola a Irmandiños e Lin: Non vou dicir que eluda a polémica ou que rexeite entrar nela; porque, precisamente, a palabra foro ven querer dicir iso; malia que a miña intención agora e no anterior comentario non é nen foi agredir a niguén. Somentes expuxen e, estou certo, de xeito ben claro a miña opini...
por lumebóo
24 Nov 2002, 17:57
Foro: Heráldica
Tema: Aenlle
Respuestas: 27
Vistas: 22583

AENLLE

Ola Irmandiños e a todos en xeral: Con todo o respeito e salvando a cara dos presentes. Xa sei que este é un portal para o estudio da historia familiar de forma seria, científica e aideolóxica; pero, vamos a ver, ¿como alguén, a estas alturas é capaz de crér nesas orixes dos apelidos? Eu penso que t...
por lumebóo
13 Nov 2002, 19:00
Foro: Heráldica
Tema: Brasón dos Pita (armas primitivas)
Respuestas: 4
Vistas: 3611

Brasón dos PITA (armas primitivas)

Ola de novo Veremudus: Onte, despois de facer o comentario ao teu Brasón dos Pita e repasando os foros, xa me dei conta de que coñecías o asunto de Barallobre. Non pretendía co meu comentario corrixir nada do que ti dicías no teu; simplementes era traer á memoria lembranzas moi esvaídas de hai moito...
por lumebóo
12 Nov 2002, 19:39
Foro: Heráldica
Tema: Brasón dos Pita (armas primitivas)
Respuestas: 4
Vistas: 3611

Brasón dos PITA (armas primitivas)

Ola Veremudus: Xa o sospeitaba; mais agora xa sei que es un ferrolterrano máis neste sitio, que xa parece a "calle Real". E se non es de Serantes pouco lle falta. Alégrome de que esteñas aqui. O outro día entrei no enlace dos Pita da Veiga e estiven a piques de lle facer un comentario; per...
por lumebóo
09 Nov 2002, 19:50
Foro: Buscas
Tema: Família Albariño
Respuestas: 11
Vistas: 5711

Albariño

Ola amigo Fidel: Efectivamente hai poucos Albariños en Galiza, aínda que é un apelido ben galego; ou polo menos hai poucos ususarios de teléfono fixo apelidados así: Lugo 7 Ourense 1 A Coruña 8 Pontevedra 5 Mais, sendo pouco común, existen bastantes máis co apelido Alvariño, que para min é o mesmo p...
por lumebóo
03 Nov 2002, 18:40
Foro: Buscas
Tema: Sestayo
Respuestas: 12
Vistas: 5466

¿Sestayo...?

Ola Chefa:

Ve-se que estabamos os dous a un tempo sobre o mesmo tema e vexo que mentres eu trataba de encontrar aquela busca de Sestayo vs Sestay ti xa o atopaches. Noraboa.

Saúdos e benvida (¿ou benvido?).

Lumebóo
por lumebóo
01 Nov 2002, 19:14
Foro: Novas
Tema: Na defensa do noso idioma.
Respuestas: 2
Vistas: 1897

Na defensa do noso idioma.

Ola Invitado: Son un simple membro deste sitio e non teño ningunha responsabilidade orgánica nel. Somentes me move o interese pola xenealoxía do noso país e, por suposto, a defensa da nosa cultura e lingua. Aínda que a túa pregunta vai dirixida aos responsables do site, permite-me que interveña. Non...
por lumebóo
10 Oct 2002, 17:40
Foro: Buscas
Tema: Familia Gundin
Respuestas: 3
Vistas: 1912

Ampliar información sobre este apellido

Ola Alicia e Ricardo: O apelido Gundín que existe na actualidade penso que é de orixe toponímica, ainda que é ben certo que eses nomes de lugar dos que procede o apelido, veñen á súa vez dun nome de posesor xermánico. Eses nomes góticos poden provir do sustrato suévico ou do visigótico; pero na opin...
por lumebóo
01 Oct 2002, 17:24
Foro: Buscas
Tema: Família Fresco Alfonso
Respuestas: 1
Vistas: 1642

busco descendientes

Ola Wall: Como sempre dicimos, son datos demasiado escasos para poder orientar sequer. Se alomenos soubeses a zona de onde eran. Se a túa bisaboa era nativa de Portugal, unha hipótese posible é que o teu bisabó fose de Pontevedra (ou de Ourense) dado que neses tempos non había a mobilidade xeográfic...
por lumebóo
28 Sep 2002, 21:58
Foro: Apelidos
Tema: Apellido PAZ
Respuestas: 13
Vistas: 7282

Apellido PAZ

Amigo Invitado: Máis val tarde que nunca. Aí che mando o listado de todos os abonado a teléfono fixo apelidados Paz ou Verez do concello de Xermade, ao cal pertence Roupar. Ao final vai a relación de todos os lugares desa freguesía para que poidas distinguir de entre todos os usuarios os que son da ...
por lumebóo
27 Sep 2002, 18:23
Foro: Buscas
Tema: Jose Vila Leiro
Respuestas: 2
Vistas: 1728

Busco datos bisabuelo Jose Vila Leiro

Ola Itziar: Cómo dis na túa mensaxe que o teu bisabó tería chegado aí arredor de finais do XIX, deduzo que teu abó ou aboa xa naceu en Alava. Daquela supoño que non conservaredes ningún documento relativo á persoa que procuras. Isto cho digo porque sería moi útil á hora de che orientar na busca; por...
por lumebóo
15 Sep 2002, 19:38
Foro: Buscas
Tema: Familia Dans
Respuestas: 3
Vistas: 1407

DANS

Ola fdans: Á parte das informacións facilitadas polos outros membros do sitio, eu pódo-che somentes comentar e a modo indicativo (xa que non é unha liña que teña investigado) que no Libro de Defuntos da parroquia de San Salvador de Cecebre, no concello de Cambre figuran varias persoas apelidadas Dan...
por lumebóo
18 Jul 2002, 18:30
Foro: Buscas
Tema: Família Uz Piñeiro
Respuestas: 1
Vistas: 1896

Uz Piñeiro

Ola Silvia: Non creo que debas desculpar-te polo teu desexo de coñecer acerca dos teus devanceiros. Aínda que os galegos que marcharan para aí foran xa teus abós, é perfeitamente comprensible ese sentimento. Pola miña parte, que tamén tiven abós emigrantes en Cuba a principios do século pasado, proc...
por lumebóo
10 Jul 2002, 19:40
Foro: Buscas
Tema: busco familiares de mi abuela
Respuestas: 1
Vistas: 2133

busco familiares de mi abuela

Ola Invitado da Arxentina: Dis na túa mensaxe que a túa aboa naceu en Pontevedra nun lugar chamado Montemaior. Eu, nunha aproximación de urxencia só atopei este topónimo nas seguintes ubicacións: Montemaior, lugar da parroquia de Ameixenda, concello de Ames (A Coruña) Montemaior, lugar da parroquia ...