Proxecto Galería. A Historia Familiar en Imaxes.

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Responder
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Proxecto Galería. A Historia Familiar en Imaxes.

Mensaje por kruzul »

Ola a todos:
Este proxecto nace a proposta de Serba no Foro Varios no debate Archivos de Fotos de Casonas.
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... pic&t=2449

O xerme do proxecto no que a software se refire pódese ollar en http://www.xenealoxia.org/galeria/index.php correndo baixo o software de Fonte Aberta Coppermine http://coppermine.sf.net/ . Trátase basicamente dun xestor de álbums de imaxes en liña.

Hasta agora estamos ollando o seu comportamento así coma a súa viabilidade Milleiro, Serba, Alisanos i eu mesmo. Todo o alí posto é simplemente de proba, para familiarizarse e verlle as tachas, tamén a súa valía por suposto.

- A miña idea que todo o publicado se faga baixo a licenza de Creative Commons License <http://creativecommons.org/licenses/by-nc/2.1/es/> http://creativecommons.org/licenses/by-nc/2.1/es/ . Xa existe algo no foro sobre a mesma.
Se non é así o autor deberá especificalo.
O porqué é para ter todos claro baixo que supostos traballamos, e tamén non verme envolto en complicados litixios sobre copyright, e tamén poder defender cun texto legal hoxe en España o que as imaxes poidan seguir sendo libres, i evitar que por exemplo vaian a parar vía copia a unha web de previo pago.
Fago especial fincapé neste punto porque penso que é moi importante. Tamén o é, o feito de que temos que ter dereito sobre as imaxes que publiquemos, é dicir han ser nosas ou ter permiso explícito por parte do autor autorizándonos a súa publicación.

Temos que organizar primeiramente as categorías. Por exemplo Serba ten inclinación polos pazos. Metémolos todos nunha categoría e logo por comarcas: Pros e Contras.

Temos que facer unha tradución ó galego, canto menos da interface pública xa que a administración non corre tanta presa.

Alisanos ofreceuse para asesorarnos no tema das imaxes. Sen abusar, non estaría de máis un "Publicar unha imaxe en 10 pasos"
:wink: . E fixar os tamaños de arquivo que estime máis axeitados para o seu visionado na web. Eu sinalaría que o peso debe ser o menor posible sempre que asegure un mínimo de calidade, tendo en conta que é para difundir, e sempre hai xente de moitas latitudes que achégase con poucos medios e conexións lentas, ou máis lentas das que se dispón no noso entorno. Permitir ver, ollar a nosa cultura, pero non pensando en calidades que puideran resultar necesarias para publicar nun traballo ou libro. Se alguén precisara das fotos a gran resolución para publicar non tería máis que poñerse en contacto co autor, e chegar a un acordo con el. A licenza prohibe de tódolos xeitos a publicación aínda destas fotos a baixa calidade con fins lucrativos.

Eu persoalmente preferiría que a Galería arrancase con dúas ou tres persoas (Serba, Alisanos,..) que sería os encargados de publicar. Eu teño que ver mellor a Administración do Coppermine para ver as posibilidades que ten nos permisos pois non probei moito.
Alisanos
Mozo
Mozo
Mensajes: 32
Registrado: 22 Dic 2004, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

As imaxes

Mensaje por Alisanos »

Ben, o dito eu podo facer uns manuais sinxelos sobre manexo dos programas de imaxes básicos ou sobre os que teñan os usuarios e explicarlles o uso básico destes para poder modificalo tamaño e resolución das imaxes e así reduci-lo peso destas.
En canto o formato ideal habería de especifica-lo tamaño das fotos un máximo permitido ou un ideal (píxeles de anchura o en cm) supoñendo como básico cas fotos son sacadas con cámara cunha medida estándar rectangular.

A resolución óptima na web é de 72 píxeles de resolución cando xa temos calculado o tamaño que levará na web. Iste é un tamaño básico onde non perdemos calidade, a xusta para velas correctamente en web, e logo se alguén lle interesa algunha das imaxes subidas, podería porse en contacto con o propietario e pedirlla se este ya quixese dar en maior resolución. Así evitaremos unha base de datos moi pesada, e coas imaxes cunha resolución óptima para visualizar e cunha velocidade moi boa ata para os 56kbs.

En canto teñamos o tema dos tamaños (máximo permitido, eu diría o redor de 700 píxeles de anchura) e lógo tamén suxiriría a ver que vos parece unha sección de fondos de escritorio sobre temas de galicia ou para imaxes grandes que a xente queira compartir coma tan con as resolucións 800x600-1024x768-etc...

Tamén propoño para as galerías:
Pazos e Casonas
Edificios Civís ou Militares (como querades chamarlles)
Temas Galegos
Imaxes de Galicia
Escudos e Símbolos
Documentos e Arquivos
etc

Saúde
Alejandro Díaz
http://www.zonarepublicana.com Zona Republicana, tu portal sobre la República Española y la Guerra Civil
Alisanos
Mozo
Mozo
Mensajes: 32
Registrado: 22 Dic 2004, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

Categoría

Mensaje por Alisanos »

Por certo, tamén propoño unha de fotos en blanco e negro ou imaxes antigas que poidan ser de interese como de lugares, familiares, etc

Saúde!
Alejandro Díaz
http://www.zonarepublicana.com Zona Republicana, tu portal sobre la República Española y la Guerra Civil
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Paréceme unha idea máis que boa, contade coas miñas aportacións (sobretodo o que teño son imaxes relacionadas coas construccións en pedra).


Un saúdo
Responder