Encontro en Pontevedra

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Responder
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Encontro en Pontevedra

Mensaje por kruzul »

A Estación de Pontevedra, Vialia, resultou un moi bo lugar para xuntarse, moi tranquilo e con moito espazo e ten zona wifi (haberá que anotalo para outros encontros)

Imagen
Acudimos por orde na foto de dereita a esquerda: Pousada, Sic-ario, Milleiro e Cruzul.

As comunicacións foron intensas e prolongadas saltando dun tema a outro según íanse producindo as conexións, pero centrándose sobre todo no futuro de Xenealoxía.org.
Nese senso falouse da posibilidade de convertela en asociación para asegurarlle un futuro independentemente dos ciclos vitais das persoas (por dicilo dun xeito científico ;-)

Falouse unha vez máis da necesidade de separar o proxecto en varias bases de datos que eviten que sexa unha soia e monstruosa.
Tamén separar a participativa (os Foros) para que o mantemento do contido publicado sexa mais sinxelo e con menos riscos de seguridade.
Sobro de todo falamos do proxecto Apelidos de Galicia, que xa ve próxima a súa saída coma proxecto con entidade propia, e correndo nunha sorprendente aplicación construída paso a paso por Sic-ario e que resposta especificamente ás necesidades do proxecto: un traxe á medida. Todo un luxo do que todos poderemos valernos dentro de pouco.

Estivemos valorando por iniciativa de Milleiro os pros e contras de que Apelidos fose unha "entidade" aparte de Xenealoxía.org. O que teña un dominio propio e que o sitio se adique exclusivamente á publicación de apelidos galegos ten a avantaxe de que centra ós buscadores nas pesquisas, e tamén como non ós aficionados que saben de inmediato que entran nun sitio só de apelidos, non como agora. No que estivemos de acordo todos é que debe de quedar claro i evidente na páxina que é un proxecto que nace de Xenealoxía.org e nas mesmas condicións legais de publicación.

Tamén falamos da necesidade de que as Liñaxes convértanse nunha base de datos xenealóxica real, na que cada persoa sexa un rexistro e da que podamos incluso obter o Gedcom correspondente, neste caso o software xa maduro que permitiría isto sería o PhpGedview, que algúns xa coñeceredes, e que entre outras vantaxes ten as de permitir poder a distintas persoas en lugares diferentes traballar nun proxecto xenealóxico común.

Os temas de investigación persoal, experiencias con distintos arquivos e parroquias de Milleiro e Pousada, tamén ocuparon a nosa conversa. Así como as anécdotas que lóxicamente se recordan nestes casos.
Tamén o núcleo de Xenealoxía.org agora pechado, vai sufrir un cámbeo de cara unha publicación máis áxil e sinxela das novas, e aquí estivemos valorando entre todos os problemas que podería traer de no peor dos casos non se puidesen mudar as contas coas alias de cada un. Isto pode acontecer así e de ser preciso sería necesario ter que rexistrase de novo, Pousada, recordounos os recentes cambios no AER nese senso.

Foron unhas catro horas intensas e seguro que deixo moitas cousas sen falar (é así), pero pódense completar ;-): un envite ós que estiveron alí, e tamén comentar: un envite a TODOS.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Mensaje por kruzul »

Na conversa sobre o software PhpGedview, Pousada falarasme do publicado en Extremadura Genweb i eu entendín que debía ser o mesmo software pero agora vexo que non é así.
Do PhpGedview podemos ollar en liña a web de Recuna que me facilitou Sic-ario, e a potencia da presentación pinchando en calquera dos seus favoritos: http://gen.recuna.com/

A min gústame máis que a presentación de Geneanet.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Faltou xente

Mensaje por Milleiro »

Un das eivas que atopamos na reunión é a falla de presenza de moitas persoas que visitan regularmente a web, pois consideramos que poden aportar moito ao futuro do proxecto de Xenealoxia.org, os nomes de Serba, Docampo, Meiga, Buxán, Labandal...e moitos outros sairon durante as conversas de tipo informal que mantivemos o pasado venres en Pontevedra. Digo informal, porque esta maneira de reunirnos rompe o xeo entre persoas que apenas nos coñecemos no mundo real.

Foi o noso desexo que a vindeira reunión sexa anunciada con suficiente antelación para que poda acudir o maior número de xente. Outra das cousas que saiu a relucir é que ningún de nós somos uns expertos en temas xenealóxicos, mais o que nos ligaba a todos é a nosa afición á xenealoxía sen ter en conta as nosas diferencias, defectos ou virtudes. Somos un grupo de persoas que desde a nosa sinxeleza únenos a procura xenealóxica en Galiza.
Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensajes: 44
Registrado: 26 Jul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

Un dos que faltou

Mensaje por Buxan »

Xa que se fai referencia a min, e visto que Milleiro quere afondar na ferida, só me queda dicir que EU QUERÍA IR..., pero non me deixaron :cry:

Gustaríame ter acudido, pero non puido ser. Teño ido moitas veces a Pontevedra só por ver que cousas novas había polas librerías ou facer unha rebusca polos vellos papeis do Museo ou do Arquivo Provincial. Desde logo agardo noutra xuntanza poder estar con vós, na que xa veredes como non se sumará xente, senón que se vai multiplicar o número de asistentes. :wink:

Un saúdo para tódolos infectados polo virus da tolemia xenealóxica e heráldica (e somos moitos xa).
Avatar de Usuario
Meiga
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 64
Registrado: 31 Oct 2003, 09:00
Ubicación: Bueu
Contactar:

Que láaaaaastima!!!!

Mensaje por Meiga »

Ola a todos!!

Vaia chasco, acábome de enterar do encontro e estou a laiarme ...

Como algún de vos sabedes non estou online coa frecuencia que acostumaba.

Estou interesadísima en participar no próximo.

Milleiro, ti tes o meu nº de mobil, agradeceríate que me mandases un SMS si volvedes a convocaros.

Ata pronto,
Ana
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Se collese alguen máis para a proxima vez, anque so fose para saudar e escoitar suxerencias, podedes contar conmigo.
Un saudo.
Responder