Sta. María de Brión

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Sta. María de Brión

Mensaje por lumebóo »

Teño a intención de comezar un estudio xenealóxico (e, se cadra, de demografía histórica e toponímico) sobre esta parroquia do concello de Ferrol.

Paréceme interesante porque penso que é unha freguesía que sempre estivo bastante illada (aínda hoxe en día hai unha notable taxa de endogamia) e cun pasado histórico que me seduce: desde o desembarco inglés de 1800 astra o pleito entre Sobrado e Xuvia na Idade Media.

Outro motivo é que teño relación con esa parroquia e coñezo algo das súas xentes e do territorio.

Non obstante non quero ser pretencioso e, polo de agora, confórmo-me con establecer as bases para o traballo: fontes documentais, bibliografía, etc.



¿Podería alguén botar-me unha mao nisto? Cecais Veremudus, que penso ten formación historiográfica sólida, puidera orientarme en onde pescudar.

Por exemplo, non sei se os fondos dos mosteiros de Sobrado ou de Xuvia están publicados, aínda que creo recordar que Montero Díaz tiña algo sobre este último; tampouco sei se o Catastro de Ensenada correspondente o teñen no ARG ou tería que recorrer a Simancas. Descoñezo tamén se os varios censos e catastros que houbo no transcurso do tempo recollen esta zona.



Aos que puideran axudar llelo agradecería enormemente, e se calquera quixese sumarse ao proxecto había ser ben recibido.



Lumebóo
Avatar de Usuario
Milcuentos
Mozo
Mozo
Mensajes: 37
Registrado: 13 Mar 2004, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Re: Sta.María de Brión

Mensaje por Milcuentos »

Hola, o censo do Marqués atoparalo no ARG, sempre que fora conservado.

Por outro lado unha boa fonte de investigación xenealóxica atoparala nos rexistros da iglesia que supoño se atopan en Mondoñedo, onde podes ir calquera día de semana dende as 9 ata as 2 da tarde (mellor concertando cita) e consultar os libros de defuncións, bautizos e bodas.

O ARG ten unha páxina na que podes buscar fondos referentes á túa investigación e incluso podes contactar con eles para que che axuden na túa busca.

Tamén outros arquivos poden ser consultados na rede, coma o Histórico Nacional, Simancas, Indias ou o da Real Chancelería (Archivos Nacionales en RED)

Outra magnífica fonte de búsqueda é a dos documentos privados existentes nas casas antigas da zona. Así, nun lugar coma Brión, onde todos se coñecen e, ata fai ben pouco, endogámico coma tí dis, esta labor de busca, se os veciños te axudan cos seus documentos é moito más sinxela.

Tamén tés o Arquivo Histórico Notarial, na Coruña, onde foron parar os protocolos dos escrivanos da zona e sempre son unha fonte de información xenealóxica importante (testamentos, dotes, etc)


Saúdos.
Responder