Ronfiz

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18305
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ronfiz

Mensaxe por serba » 29 Out 2017, 19:53

O nome tradicional da localidade onde se encontra templo románico de Santo Estevo de Ribas de Miño está case esquecido na actualidade
Roi Fernández / F. Albo

O lugar onde se encontra o templo é moi coñecido -e tamén un dos máis fotografados de toda a Ribeira Sacra-, pero non o é tanto a historia do seu nome tradicional: Ronfiz. Esta denominación está a desaparecer e xa só é utilizada por xente maior de Chantada, que lle seguen chamando igrexa de Ronfiz cando se refiren a a este edificio monumental. Por outra parte, o pequeno núcleo xa case non ten veciños na actualidade, a excepción dos propietarios holandeses dunha casa de turismo rural. A localidade foi esmorecendo ao mesmo tempo que o seu nome, pois Ronfiz non existe oficialmente no inventario de topónimos da Xunta.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/l ... C11993.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar