É só unha posibilidade, mira se podería ser:
San Fins de Solobeira, Vilagarcía de Arousa, concello de Pontevedra. Diocese de Santiago. (Pode aparecer como San Feliz)
- Ola:
- Outra posibilidade toponímica ven a ser SILLOBRE (Fene, A Coruña), xa que nalgúns textos baixo-medievais este topónimo aparece coa grafía ¿deturpada ou hipercorrexida? SOLOBRE.
Ola de novo:
Vista a aportación de Veremudus, entendo que é máis afinada, pois mirando no Vecindario de Ensenada, Solobeira aparece como Soloveira que aínda se distancia mais do buscado.
No suposto de Sillobre, sería baixo a advocación de Santa Mariña.