Que rematan en -Sende

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Que rematan en -Sende

Mensaje por LAVANDAL »

ALLARIZ (Ourense) Augas Santas (Santa Mariña) Tosende
ANTAS DE ULLA (Lugo) Cervela, A (San Miguel) Bertosende
ANTAS DE ULLA (Lugo) Queixeiro (San Pedro) Lebesende
ARTEIXO (A Coruña) Loureda (Santa María) Fortesende
ARTEIXO (A Coruña) Monteagudo (San Tomé) Gomesende
ARZÚA (A Coruña) Dombodán (San Cristovo) Gomesende
ARZÚA (A Coruña) Santa María de Arzúa (Santa María) Bosende
ARZÚA (A Coruña) Viladavil (Santa María) Friosende
BALTAR (Ourense) Tosende (San Lourenzo) Tosende
BAÑA, A (A Coruña) Ermida, A (San Salvador) Gosende
BAÑA, A (A Coruña) Troitosende (Santa María) Troitosende
BARALLA (Lugo) Recesende (San Cirilo) Recesende
BOQUEIXÓN (A Coruña) Codeso (Santaia) Ardesende
BRIÓN (A Coruña) Ánxeles, Os (Santa María) Gosende
CAMBRE (A Coruña) Andeiro (San Martiño) Gosende
CAMBRE (A Coruña) Bribes (San Cibrán) Ousende
CARBALLEDA DE VALDEORRAS (Ourense) Soutadoiro (Santa Isabel) Ricosende
CARBALLO (A Coruña) Entrecruces (San Xens) Lebosende
CARRAL (A Coruña) Tabeaio (San Martiño) Gosende
CASTROVERDE (Lugo) Recesende (San Cibrao) Recesende
CEDEIRA (A Coruña) Piñeiro (San Cosme) Mosende
CENLLE (Ourense) Esposende (Santa Mariña) Esposende
CERCEDA (A Coruña) Rodís (San Martiño) Gosende
CERCEDA (A Coruña) Rodís (San Martiño) Tasende
CHANTADA (Lugo) Arcos (Santa María) Gomesende
CORGO, O (Lugo) Piñeiro (Santa María) Quetesende
FENE (A Coruña) Fene (San Salvador) Formosende
FRIOL (Lugo) Anxeriz (Santa María) Rosende
FRIOL (Lugo) Prado (San Martiño) Lousende
GOMESENDE (Ourense) Pao, O (Santa María) Gomesende
GUNTÍN (Lugo) Ferroi (Santiago) Tosende
INCIO, O (Lugo) San Román do Mao (San Román) Rousende
LARACHA, A (A Coruña) Golmar (San Bieito) Requesende
LARACHA, A (A Coruña) Soutullo (Santa María) Gosende
LEIRO (Ourense) Lebosende (San Miguel) Lebosende
LOUSAME (A Coruña) Lesende (San Martiño) Lesende
MAZARICOS (A Coruña) Coiro (Santa María) Gosende
MESÍA (A Coruña) Albixoi (Santa Mariña) Ousende
MESÍA (A Coruña) Castro (San Sebastián) Gosende
ORDES (A Coruña) Ordes (Santa María) Gosende
ORTIGUEIRA (A Coruña) Neves, As (Santa María) Gosende
OURENSE (Ourense) Beiro (Santa Baia) Madrosende
OUROL (Lugo) Ourol (Santa María) Mosende
OUTES (A Coruña) Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) Ousesende
OUTES (A Coruña) Valadares (San Miguel) Gosende
PADERNE DE ALLARIZ (Ourense) Coucieiro (San Vicente) Ousende
PALAS DE REI (Lugo) Cuíña (Santa María) Rosende
PARADELA (Lugo) Aldosende (Santiago) Aldosende
PARADELA (Lugo) San Vicente de Paradela (San Vicente) Rosende
POBRA DO CARAMIÑAL, A (A Coruña) Lesón (Santa Cruz) Sende
POL (Lugo) Ferreiros (Santo André) Gomesende
POL (Lugo) Valonga (Santa María) Belesende
PONTENOVA, A (Lugo) Conforto (Santa María) Mousende
PONTEVEDRA (Pontevedra) Verducido (San Martiño) Rosende
RIBADAVIA (Ourense) Esposende (Santiago) Esposende
RIBADEO (Lugo) Santalla de Vilausende (Santalla) Vilausende
RIBEIRA (A Coruña) Palmeira (San Pedro) Rosende
SAMOS (Lugo) Lousada (San Martiño) Gosende
SAN CRISTOVO DE CEA (Ourense) Covas (Santa María) Ardesende
SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) Marantes (San Vicente) Gosende
SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) Sabugueira (San Paio) Requesende
SARRIA (Lugo) Ortoá (Santa María) Rosende
SARRIA (Lugo) Pena, A (Santa María) Rosende
SAVIÑAO, O (Lugo) Ousende (Santa María) Ousende
SILLEDA (Pontevedra) Ponte (San Miguel) Rosende
SOBER (Lugo) Rosende (San Miguel) Rosende
TABOADA (Lugo) Arxiz (San Paio) Bosende
TABOADA (Lugo) Esperante (Santiago) Carbosende
TEIXEIRA, A (Ourense) Cristosende (Santa María) Cristosende
TOURO (A Coruña) Calvos de Socamiño (San Martiño) Rosende
TRAZO (A Coruña) Campo (San Xoán) Rosende
TRAZO (A Coruña) Chaián (Santa María) Rosende
VEDRA (A Coruña) Merín (San Cristovo) Rosende
VEREA (Ourense) Cexo (Santo Adrao) Gondesende
VIGO (Pontevedra) Zamáns (San Mamede) Marcosende
VILA DE CRUCES (Pontevedra) Toiriz (San Xoán) Madrosende
VILALBA (Lugo) Carballido (Santa María) Bosende
VILALBA (Lugo) Samarugo (Santiago) Remosende
VILAMARÍN (Ourense) Vilamarín (Santiago) Gosende
VILARDEVÓS (Ourense) Soutochao (Santa María) Rexosende

VALDOVIÑO (A Coruña) Lago (Santiago) Mosende de Abaixo
VALDOVIÑO (A Coruña) Lago (Santiago) Mosende de Arriba

CARBALLO (A Coruña) Carballo (San Xoán) Ponte Rosende, A
PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS (A Coruña) San Pedro de Eume (San Pedro) Cruz de Rosende, A


PARROQUIAS:

BALTAR (Ourense) Tosende (San Lourenzo)
BAÑA, A (A Coruña) Troitosende (Santa María)
BARALLA (Lugo) Recesende (San Cirilo)
CASTROVERDE (Lugo) Recesende (San Cibrao)
CENLLE (Ourense) Esposende (Santa Mariña)
LEIRO (Ourense) Lebosende (San Miguel)
LOUSAME (A Coruña) Lesende (San Martiño)
PARADELA (Lugo) Aldosende (Santiago)
PORRIÑO, O (Pontevedra) Mosende (San Xurxo)
RIBADAVIA (Ourense) Esposende (Santiago)
RIBADEO (Lugo) Santalla de Vilausende (Santalla)
SAVIÑAO, O (Lugo) Ousende (Santa María)
SAVIÑAO, O (Lugo) Rosende (Santa Mariña)
SOBER (Lugo) Rosende (San Miguel)
TEIXEIRA, A (Ourense) Cristosende (Santa María)
TEO (A Coruña) Recesende (San Xoán)


CONCELLOS:

GOMESENDE (Ourense)
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Neste caso creo que conven corrixir o epígrafe no que se presenta o apartado: Que rematan en -SENDE (senda, camiño); penso que Sende como elemento dos nomes non remite a senda ou camiño senon ten que ser outro termo xermánico, orixinariamente swinths (gótico) e que nos indica que é un nome composto: Exemplol: Gundesindus, que se comporía de Gunthis = combate e swinths = rexo, forte, e que daría lugar aos topónimos Gondesende e Gosende.
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

¿Como sería entón?

Que rematan en -SENDE (swinths = rexo, forte) ¿?

Gund / Gunthis = combate ...tamén se pode traducir como loita, ¿non?

Neste caso sería...Que comezan por GUND- (Gunthis = combate, loita) ¿?


Indícame como pensas que sería convinte que figurase no proxecto (se é que o que acabo de indicar non é correcto)


Gracias polo teu interese
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Ëu creo que non é necesario engadir nada, digamos que os nomes que teñan a terminación en Sende automáticamente xa nos levan a unha terminación xermánica porque é o segundo elemento dun nome que levaba o termo swinths, latinizado, claro, e que compuña nomes do tipo Aldosindo, Gumersindo, Rudesindo, etc. O que leva a confusión e facer equivaler Sende a Senda ou camiño porque non ten que ver. Nos terminados en riz, en cambio pode haber casos en que o topónimo se construa sobre un nome latino e non derive forzosamente de riks (agora venme á mente o topónimo Mouriz, por exemplo). Pero iso vese mellor analisando os casos concretos; eu procuro ir con coidado, e vou devagar porque, igual que che acontece a tí e a todos os que andamos por aquí, teño outras ocupacións e tampouco é un campo no que me sinta especialista, podo por iso meter a pezuña ainda que trato de ir sobre seguro cando digo algo, e arríscome, igualmente a quedar mal por precipitación ou por pasarme de listo. Non estou precisamente libre de semellantes riscos.
Cordialmente
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Góticos

Mensaje por kruzul »

Ola:
Vou engadir citas sobre algúns topónimos tratados por Fernando Cabeza e Gerardo Sacau. Sempre con ánimo de explorador :wink: : ¿swinths, sinths, sinps? semellan tres xeitos diferentes de grafiar a mesma voz. Un profano.

Fernando Cabeza Quiles. Os nomes da terra.

p. 417
en Troitosende escóndese un nome de persoa, que nos fala dun posesor da terra no lugar. Tal apelativo persoal sería o de Tructesindus que, a a partir dunha *(villa) Tructesindi, daría o actual Troitosende. Este antropónimo medieval aparece, por exemplo, nun documento da ano 975'º’. Tructesindus xorde, igualmente, noutra proba escrita do ano 1087. Por fin, no ano 952, na segunda escritura de fundación da mosteiro de Sobrado, cítase un presbítero de nome Tructesindus, como testemuña do referido documento.
Troitosende, topónimo de clara afiliación xermánica, compónse das voces draúth-s-, "bando, séquito de xefe", e -sindi, xenitivo de sindus, e este do gótico sinths, "camiño, expedición militar“.
Sobre o mesmo sufixo -sende
Gerardo Sacau. Os nomes da ría de Vigo II. p. 106
Gondosende "o camiño da loita", ten marcados perfectamente os dous elementos do composto: GONDO e SENDE (< gótico gunpi "loita" + snips "enviar"), [...] Co segundo elemento formador _SENDE (do gótico sinps "enviar")
Responder