Santa María de Sobrado

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Santa María de Sobrado

Mensaje por Pousada »

Alguén coñece dende qué data se conservan os libros sacramentais -bautismos, matrimonios, defuncións- do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Sobrado dos Monxes, e se se conservan no propio Mosteiro?? Graciñas
Avatar de Usuario
giannini
Novo
Novo
Mensajes: 10
Registrado: 05 Mar 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por giannini »

Pousada, Sobrado era e é un mosteiro, non unha parroquia, polo tanto, non houbo -nin hoxe hai, que eu saiba- libros sacramentais.

Se te refires ós libros sacramentais de San Pedro da Porta, parroquia na que se integra o mosteiro, tes a información no índice de fondos parroquiais do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.

Facendo a consulta, resulta que os libros non se atopan en San Pedro da Porta senón no propio AHDS, e cubren as seguintes datas:

Bautizados: 1666-1911
Matrimonios: 1725-1916
Defuncións: 1725-1905
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Graciñas Giannini pola túa aclaración. A miña confusión con respecto a Santa María de Sobrado e San Pedro da Porta débese a que os Mosteiros que teño preto, coma o de San Bieito de Lérez, San Xoán de Poio, ou Santa María da Armenteira leven o mesmo nome que o da freguesía na que están integrados, o que me fixo dar por sentado que os mosteiros contaban con libros sacramentais propios, sen decatarme de que se trataba das súas respectivas parroquias homónimas.
Avatar de Usuario
giannini
Novo
Novo
Mensajes: 10
Registrado: 05 Mar 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por giannini »

Lendo de novo o que escribín, decátome agora que esquecín engadir o enlace ao Índice de fondos parroquiais do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Velaí vai:

http://www.archicompostela.org/archivo/indiceparro.htm
Responder