Noceda

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Noceda

Mensaje por serba »

- http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2 ... 684833.htm
A VOZ DA TERRA
Noceda, topónimo referido ao mundo vexetal
Autor: Fernando Cabeza Quiles
Fecha de publicación: 28/3/2008
<<Noceda é o nome dunha aldea da parroquia de Cures, no concello de Boiro, onde debeu haber en antigo tempo unha agrupación ou conxunto de nogueiras, pois Noceda, co seu sufixo de colectivo ou abundancial -eda, antes -eta, fálanos dunha noceda ou dun nogueiral, isto é, dun terreo plantado de nogueiras, a árbore así chamada que dá como froito a noz.
Outros topónimos galegos que significan o mesmo que o de Noceda son os de:

Nocedas
As Nocedas
Nocedo
O Nocedo
As Nogais
Noguedo
Nogaledo
Nogueiredo
Nogueirido
Nogareda
Nogaredo
Nogarido
Nogueirosa
Nogueira, o cal, malia coincidir co nome individual da árbore, debe ser un antigo abundancial en -aria, hoxe -eira, referido, coma Noceda, a unha agrupación de nogueiras.>>

- NOCEDA: Del nomenclátor de la Xunta de Galicia.

BOIRO (A Coruña) Cures (Santo André) Noceda
RIBADEO (Lugo) Devesa, A (Santalla) Noceda
CERVANTES (Lugo) Noceda (San Pedro) Noceda
FOLGOSO DO COUREL (Lugo) Noceda (San Pedro) Noceda
NOGAIS, AS (Lugo) Noceda (San Xoán) Noceda
TEO (A Coruña) Teo (Santa María) Noceda
VEDRA (A Coruña) Trobe (Santo André) Noceda
FONSAGRADA, A (Lugo) Trobo, O (Santa María) Noceda
LALÍN (Pontevedra) Noceda (Santa María) Noceda de Abaixo
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder