Apelidos foraneos en Galicia: Luraschi-Loraschi-Lorasque

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Respostar
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 248
Rexistrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Apelidos foraneos en Galicia: Luraschi-Loraschi-Lorasque

Mensaxe por Tito11 » 31 Out 2005, 09:09

Polo territorio galego, as veces encontranse apelidos de procedencia non galega, instalados durante longo tempo, sen ter unha explicación inmediata para eles. Moitos de estos datan da retirada das tropas napoleonicas que invadiron España e Galicia. Soldados de outros lugares de europa, quedaron e casaron con naturais de Galicia.
Un de estos que había tempo viña buscando é: Lorasque, que ten evolucionado dende Luraschi, pasando por Loraschi.
Pois ben, segun se lee no libro de matrimonios de San Xulian de Bastavales, concello de Brión, ó dia 1 de maio de 1819, Antonio Luraschi, afincado en esa parroquia, e natural de Santos Hipolito e Casiano de Olgiati, ou Olgiciti, obispado de Como, Ducado de Milan "en la Ytalia", e fillo de Blas Luraschi e Rosa Luciana, casa con Lucia Barreiro filla de Matias Barreiro e Dominga de Gosende, do lugar de Corruxido da mencionada parroquia de San Xulian de Bastavales.

Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 244
Rexistrado: 04 Xul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

GAGINO

Mensaxe por LAVANDAL » 31 Out 2005, 21:34

Engado outro apelido estranxeiro en Galiza: GAGINO, coas variantes Gajino e Jajino. Aparece na zona de Corme e Ponteceso. Supoño que será de orixe italiana. Se alguén sabe máis...

jose martin luraschi

Re: Apelidos foraneos en Galicia: Luraschi-Loraschi-Lorasque

Mensaxe por jose martin luraschi » 02 Xan 2006, 16:06

Hola soy argentino y quiro saber de mi apellido en italia LURASCHI.

Luciana Lorasque
Novo
Novo
Mensaxes: 1
Rexistrado: 06 Feb 2008, 01:25

Lorasque

Mensaxe por Luciana Lorasque » 06 Feb 2008, 01:33

:D Me llamo Luciana Lorasque, soy de Brasil y no digo muy bien su lengua. ¿Él como el refrán para qué esto buscaba mis archivos él veía el Internet y encontré este foro que habla de mi apellido, le gustaría saber qué usted sabe en cuanto al Lorasque, esto tiene más alguna información?
Agradecido, espero a mantener el contacto.

Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 248
Rexistrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaxe por Tito11 » 07 Feb 2008, 10:03

Pues nada, yo he encontrado el origen geografico del apellido Lorasqui, que se situa en el norte de Italia, más concretamente en la zona de Milán.
Actualmente hay más personas con ese apellido pero a parte de estos datos non se más nada.

Martín
Novo
Novo
Mensaxes: 1
Rexistrado: 15 Abr 2017, 11:44

Re: Apelidos foraneos en Galicia: Luraschi-Loraschi-Lorasque

Mensaxe por Martín » 15 Abr 2017, 14:27

Hola Tito11son de Bastavales e nos documentos da miña familia atopei os mesmos antepasados que nombras: Antonio Luraschi e Lucia (aqui Luisa) Barreiro. Cómo conseguiches esta información? Eres da familia?

Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 248
Rexistrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Re: Apelidos foraneos en Galicia: Luraschi-Loraschi-Lorasque

Mensaxe por Tito11 » 08 Xan 2018, 00:07

Pois atopei o apelido Loraschi e as suas variantes o estudiar o arquivo de Bastavales. E si tamén me toca un pouco de refilon xa que que meu avo materno tiña un tío político que lle chamaba Lorasque no lugar de Vidaloiso e cando era rapaz ía cos seus irmans a festa e pasaba varios días por San Xulián en xaneiro.

Respostar