Benito Oubiña Dios ou Bento Oubiña Dios

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
JFerreira
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 26 Oct 2016, 19:40

Benito Oubiña Dios ou Bento Oubiña Dios

Mensaje por JFerreira »

Estoy buscando más información sobre mi abuelo Benito Oubiña Dios nacido en Cambados de abril de 1879. el 20 de Hijo de Joaquim Oubiña Padin y Izabel Dios.Ele llegó a Brasil (no tengo ni la fecha).
Dejado a los niños en España:
Subasta Benito Oubina que también llegaron a Brasil y se establecieron en Sao Paulo Sorrocaba _ y las otras dos hijas estaban en España se llama Marina y Conceicao. Cualquier información será bienvenida. Gracias.
isidoro padin
Mozo
Mozo
Mensajes: 24
Registrado: 12 Dic 2014, 22:23
Contactar:

Re: Benito Oubiña Dios ou Bento Oubiña Dios

Mensaje por isidoro padin »

Teño un protocolo notarial de 1805 onde fala dun Benito de Oubiña ,veciño de San Mamed de Corvillón (concello de Cambados)casado con Josefa Paadin,a súa muller:supoño que son ascendentes de ese Joaquim Oubiña Padin.Atte.Isidoro Padin
laragunde1
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 10 Jun 2021, 12:00

Re: Benito Oubiña Dios ou Bento Oubiña Dios

Mensaje por laragunde1 »

Benito Oubiña Dios, como dice, era hijo de Joaquín Oubiña Padín e Isabel Dios Brión. Vicente, que fue mi abuelo materno, era hermano suyo.

Le envío los datos que conseguí descubrir gracias a documentos familiares. Algún dato puede ser erróneo. Están escritos en gallego, pero no creo que tenga problema para entenderlos. Encontrará referencias a personas y lugares que a nosotros nos son conocidos y que usted desconoce porque este escrito lo hice para mis hermanos.

Orixes familiares de
Vicente Oubiña Dios (1888-1965)
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Pais: Joaquín Oubiña Padín (1844-1905) e Isabel Dios Brión (....... - 1919)
----------------------------------------------------- ---------------------------------------------------------
Avós: Antonio Oubiña Mouta (1814-1902) e Ascensión Padín Baúlo (..... - 1883)
Vicente Dios Sieira e Josefa Brión
----------------------------- ------------------------- -----------------------------
Bisavós: Ramón Oubiña Rodríguez e Carmen Mouta
Juan Padín e ...... Baúlo
Vicente de Dios e ......... Sieira
------------------
Tataravós: Francisco Padín

O apelido Dios aparece a miúdo como De Dios. Na súa orixe, eran de San Adrián de Vilariño. Os Brión, ao igual que os Sieira, eran da provincia da Coruña; concretamente do Norte da Ría de Arousa e do Sur da Ría de Muros e Noia. Os Padín eran de Corvillón e A Modia; sobre todo do primeiro lugar, onde tiñan bastantes propiedades. Como Baúlo é un lugar da Modia, posiblemente os Baúlo son orixinarios de alí. Os Oubiña e os Mouta que aparecen nos documentos eran, concretamente, da Modia. Como os Oubiña eran moitos e tiñan as súas propiedades fundamentalmente na Xesteira e en Cortiñas, lugares que se atopan antes de chegar a San Antón, parece probable que fosen de alí. Ao casar Antonio con Ascensión Padín, algúns –como Juan Oubiña Mouta- establecéronse en Fefiñáns, pero mantiveron moitas propiedades no lugar de orixe que pagaban rentas ao Palacio, os descendentes de Eulogio Pomares, José Torrado, Luciano Fariña, os membros da familia Maza… Incluso, por algunha terra de Corvillón, ao Hospital Real de Santiago.

O parente máis antigo pertencente a esta rama familiar do que temos constancia por medio dos documentos é Francisco Padín. Descoñecemos o nome da súa muller. En 1817, o Marqués de Figueroa deulle en foro as terras próximas ao “Atrio de San Benito” –adro que incluía todo ao seu arredor, ao parecer-, coa posibilidade de construír dúas “casetas”, unha ao Oeste da propiedade e outra ao Leste, pegada ao muro da granxa do Palacio, coa condición de que mellorase as terras e pagase relixiosamente o acordado. De querer vender a propiedade deixada en foro, tería que contar coa autorización do Marqués, quen recibiría un 10% da venta, e o novo foreiro pagaríalle a este, no lugar do vendedor, o acordado previamente. A propiedade podía ser pasada en herdo no prazo de tres reinos e 29 anos máis. Empezando por Fernando VII, que entón reinaba, chegaríase a Amadeo de Saboia -1972- e, polo tanto, chegaría a 1901. Logo decidiría o herdeiro por aquel entón do Marqués. O foro prolongouse posiblemente ata os anos vinte, cando, por unha lei do goberno de Primo de Rivera, foi posible a redención dos foros pagando certa cantidade. Nun documento de 1923, o avó redime o foro dunhas terras que foran do Palacio pagándolles certa cantidade ao Sr. Gil Casares e a súa sogra, dona Joaquina Armada.
De Francisco case non hai máis referencias, agás algunha alusión dubidosa –unhas veces porque non se sabe se di Francisco ou Francisca, e outras, porque un nome reducido podería ser Juan ou Francisco-. Como practicamente desaparece e, case inmediatamente, nos documentos referidos ao lugar que lle deixou en foro o Marqués, aparece Juan Padín, inclínome a crer que este e Francisca Padín, con quen lindan algunhas das súas posesións, eran os seus fillos. Juan foi un labrador rico moi ligado, como foreiro, ao Palacio. Parece que deixou como herdeiras catro fillas: Manuela, Carmen, Clara e Ascensión.
Ascensión casou con Antonio Oubiña Mouta, labrador procedente de Vilariño, concretamente da Xesteira, onde tiña moitos irmáns ou familiares que aparecen continuamente como lindeiros das terras situadas na Modia: Juan Oubiña Mouta –que en 1844 mercou a casa dunha señora chamada Martina de Castro, que vén sendo a de tío Benito-, Cayetano –mencionado varias veces-, Ramón, Juan Ramón, Rosa, Manuel, José, Francisco, Carmen, Miguel.
En canto ás irmás de Ascensión, Clara casou con José Domínguez e tivo del a Ángel, Benita e, case seguro, nun momento posterior, a Isabel e Antonio Domínguez Padín. Manuela morreu solteira deixando como herdeiros aos fillos de Ascensión. Aínda que non teño unha certeza absoluta, penso que Carmen foi a muller de Pablo de Castro por varios motivos –non se fala doutra Carmen Padín, todas (ela de maneira expresa) parecen relacionadas con Juan Padín, os seus fillos están moi relacionados cos das outras irmás e herdan propiedades limítrofes-. Se isto é así, os avós eran primos segundos.
O caso é que na zona onde Francisco recibiu o foro e residiu Juan Padín houbo moitos cambios de propiedade, por ventas, divisións e unións. A mediados do século XIX e ata 1874, cando a apertura da estrada de Cambados a Vilagarcía cambiou totalmente a configuración do lugar, naquela zona residían ou posuían terras varias familias que incluso pelexaban polos límites das súas propiedades. Nos documentos fálase, por exemplo, de Fidel Sineiro, mariñeiro, e a súa esposa, Peregrina Vidal; Joaquín Laya; José Falcón; José María Sayar; Manuel González –cítanse varios antepasados de don José González nos documentos-; Francisca e Ramona Padín...
En determinado momento, tras a morte de Juan Padín, a casa de Fefiñáns tivo tres partes: unha pertencente a José Domínguez e Clara Padín, outra pertencente a Carmen Padín e outra pertencente a Ascensión Padín e Antonio Oubiña Mouta. Estes mercaron a parte da anterior e logo dividiron o que tiñan entre os seus fillos Joaquín e Carmen, reservando Antonio o usufructo da parte de Joaquín dende que morre Ascensión, en 1883, ata a súa propia morte, que debeu producirse en 1901 ou 1902. Ramón de Castro –o pai da nosa avoa Ramona-, fillo de Carmen, mercou a parte de José Domínguez talvez cando xa pertencía aos fillos deste, que probablemente eran os seus curmáns.
Joaquín Oubiña casou con Isabel Dios Brión, pertencente a unha familia rica de labradores, e a súa irmá, Carmen Oubiña Padín, casou con Manuel Santórum Leiro, de quen tivo a Carmen, Valentín e Antonio. Carmen, que morreu xove, casou con Ángel Pintos Rodríguez e tivo Ángel e Carmen Pintos Santórum, a nai de Carmen (Mucha), Manolo e Ángel, o coñecido como Reboeiras. Logo Ángel, o viúvo, casou con outra muller, de quen tivo aos Pintos da Cabana.
Pola súa parte, Isabel tamén tiña un irmán, Vicente, que deu lugar á rama dos Dios da Cabana. Casou con Manuela Costa. Nos documentos aparece unha Pastora Dios Costa, filla súa, casada con Ricardo Núñez, dos cales naceron María Núñez Dios e outros irmáns. Esta María, casada con Ramón Charlín, é, se non me engano, señora María a de Dios e os seus fillos deben apelidarse Charlín Núñez. Parece que o fillo maior de Pilar a de Dios, chamado Ricardo, herdou o nome do seu bisavó.
O pai de Isabel e Vicente chamábase Vicente Dios Sieira, quen casara con Josefa Brión. Xa se comentou que tanto os Brión como os Sieira deben provir do Barbanza, e pouco máis se pode dicir atendendo aos documentos, nos cales aparece un Vicente de Dios como segundo marido de Rosa Núñez, a viúva de Carlos de Castro. Acepto a posibilidade de que pertenza á nosa familia e poida tratarse de Vicente Dios Sieira ou, máis probablemente, do seu pai, tendo en conta que aparece nun documento das primeiras décadas do século XIX.
De Joaquín Oubiña Padín e Isabel Dios Brión naceron sete fillos: o avó Vicente, que era o máis novo, Joaquín, Benito, Agustín, Antonio, Manuel e Eugenio. Joaquín emigrou á Arxentina. Benito emigrou ao Brasil, pero regresou e reclamou as 1500 pesetas que xirara desde América. Estableceuse na Carreira. Emigrou de novo ao Brasil, e debeu ter problemas económicos, de modo que en 1941 o avó mercou algunhas das posesións que lle foran embargadas. Agustín tamén emigrou ao Brasil –ao estado de Sao Paulo, como Benito, pero a distinta localidade, onde casou con María Marques-. Manuel e Eugenio morreron entre 1911 e 1913. De Antonio veñen os Xenicotes. Casou con Peregrina Vilar Núñez, irmá da avoa de Gina, Carmen, Gelucho, Juan… -os Catarritas.

En cuanto a Concepción y Marina, poco le puedo decir. De Concepción me acuerdo vagamente, así como de su hija Palela. La primera murió y no sé qué fue de la segunda. En cuanto a Marina, no recuerdo haberla conocido.
Arriba
Responder