Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Respostar
luchy
Novo
Novo
Mensaxes: 8
Rexistrado: 13 Feb 2016, 16:38

Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por luchy » 15 Feb 2016, 14:50

Ola, ando a recaba información sobre os meus antergos, e a ver se alguén pode axudarme neste foro sobre unha dúbida. Estou buscando o nome dos pais do meu antergo Don Gregorio Montero de Figueroa, fidalgo, veciño de Brandeso, dono do pazo dese lugar no 1780. Un saudiño :D

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por Breo-jan » 18 Feb 2016, 16:40

Sería no 1680.Casou con DªJosefa Pimentel de Sotomayor en 1666,mais non tivo fillos deste casamento.Era fillo de Bartolomé Montero de Mella e Francisca Mosteiro
 

luchy
Novo
Novo
Mensaxes: 8
Rexistrado: 13 Feb 2016, 16:38

Re: Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por luchy » 19 Feb 2016, 13:59

Certo Breoghan, non descendo da súa dona. Moitas grazas. Por certo, tamén busco os antergos por parte de nai de Antonio Casimiro Pimentel, rexedor de Santiago de Compostela, fillo de Antonio de Pimentel e de Ignacia León, que viviron na parroquia de Santa Marta ou Santa María de Sendelle. Un saúdo.

luchy
Novo
Novo
Mensaxes: 8
Rexistrado: 13 Feb 2016, 16:38

Re: Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por luchy » 28 Feb 2016, 14:03

Comeuche a lingua o gato Breoján? Podes respostar que non sabes, ou que me moleste en buscar eu, que non me enfado, eh?

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por Breo-jan » 29 Feb 2016, 07:42

Xa che respondera,¿non?¿Algunha outra pregunta?Ah,e che digo que os avós por parte de nai de D.Antonio Casimiro chamábanse D.Fernando de León (e Pimentel,de segundo,supoño),e Dª.Francisca Ventura de Boado.
 

luchy
Novo
Novo
Mensaxes: 8
Rexistrado: 13 Feb 2016, 16:38

Re: Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por luchy » 29 Feb 2016, 13:42

Moitas grazas Breo-ghan. Era para provocar, :D e darlle vidilla ao fío :lol: . Graciñas. Sonme datos de gran utilidade. Coñeces os pais dalgún dos avós de Casmiro? De Fernando León, por exemplo? Un saúdo.

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por Breo-jan » 29 Feb 2016, 14:15

Coñecer non.Podería coñecer os nomes,pero polo de agora,tampouco.O D.Fernando tiña que ser fillo dalgunha Pimentel de Sotomayor,que había ser da casa de Vilar de Ferreirós,non sei en qué grao,e parente do seu xenro e da Dª.Francisca de Boado,poderíache buscar algo,pero por agora,non sei máis.Saúdos.
 

luchy
Novo
Novo
Mensaxes: 8
Rexistrado: 13 Feb 2016, 16:38

Re: Monteiro de Figueroa, Pazo de Brandeso

Mensaxe por luchy » 29 Feb 2016, 22:54

Ja ja ja, tés razón Breo-jan, eres demasiado xoven para coñecer a esta xente.Moitas grazas Breo-jan. A raiz do que me contestaches estiven mirando a liñaxe Pimentel de Soutomaior en "xenealoxías do ortegal". A verdade é que os seus antergos teñen unha historia apaixoante. Cres que poderías mirarme algún día de quen é fillo Fernando León Pimentel, a ver se realmente é familiar desta liñaxe.? Non sabería como agradecercho...

Respostar