Ola,
son nova neste foro, así que pido desculpas se a miña pregunta xa foi respondida con anterioridade, pero a verdade é que non fun quen de atopala.
Hai algún arquivo onde se poda atopar un testamento do século XVII sabendo nome e apelidos do testador, data do documento e nome e apelidos do escribano?
Estou interesada en localizar o testamento de Gregorio/Goros Salgado Mariño que, segundo indica Taboada Roca no libro TERRA DE MELIDE en relación á casa de Tabeira, testou o 17 de febreiro de 1698 sendo escribano Xan González Fuentemaor.
...Un deles chamado Antón Salgado Mariño, casou con Mingas Varela , filla de Pedro Varela Raposo e de Catalina López , donos da Casa das Figueiras . Estes foron pais de Goros Salgado Mariño, home de Doña Sabela Somoza , o cal fixo testamento ( 17 - II - 1698 ) do que dou fe o escribano Xan González Fuentemaor , vinculando dita Casa e bens anexos a ela . Chamou por pirmeiro sucesor , pero usufructuariamente á súa curmá Doña María Xosefa Mariño, i á morte desta , ó fillo máis vello de Felipe de Prado e Seixas ( fillo de palleiro do testador ) , de quen vén o aitual dono desta Casa de Tabeira, Don Cándido Taboada Regueiros , veciño de San Pedro de Frameán (Monterroso).
Son bisneta de Cándido Taboada e querería completar a xenealoxía entre o devandito Goros Salgado Mariño (realmente entre o seu fillo ilexítimo Felipe de Prado e Seixas) e o meu bisavó. Podo remontarme 5 xeracións antes do meu bisavó (Angela Salgado Varela) e penso que entre Felipe de Prado e Seixas e Angela Salgado Varela debe estar outro antergo do que temos noticia: Rosendo Salgado e Seyxas. Ademáis de ir reconstruindo a historia xenealóxica a través da información dos arquivos parroquiais, pensei que localizando ese testamento podería contar con algún dato máis e Felipe de Prado e Seixas.
Un saúdo e moitas grazas,
Marta
como localizar un testamento do s. XVII
Re: como localizar un testamento do s. XVII
Bo día, Marta, e benvida!!
Xeralmente, os protocolos notariais pasan aos Arquivos Históricos Provinciais, presentes nas catro provincias galegas. Dependendo da localidade onde outorgou testamento haberá que procurar nun ou noutro arquivo... No caso de ter sido na Coruña, a búsqueda teríase que facer no Arquivo do Reino de Galicia, que funciona como Arquivo Histórico Provincial de Coruña in pectore... De todas formas, podes escribirlles un correo electrónico ao Arquivo do Reino de Galicia preguntando se conservan os protocolos do escribán Xan González Fuentemaor, pois moitos escritos notariais non se conservan ou paran en fondos privados...

¡Mil grazas, Pousada!
Un saúdo,
Marta
Un saúdo,
Marta
-
- Foreiro
- Mensajes: 61
- Registrado: 21 Oct 2012, 20:43
Re: como localizar un testamento do s. XVII
En realidade no Arquivo do Reino de Galicia hai poucos protocolos. Os de Coruña a maioría están no Arquivo Notarial, se ben os dese escribán en concreto non están. Tamén hai algúns de A Coruña no Arquivo Histórico Universitario de Santiago.