Apelido Presedo

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Duque
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 27 Jul 2019, 21:02

Apelido Presedo

Mensaje por Duque »

Boas,

Alguén sabe ou ten algún tipo de información que desexe compartir respecto ao apelido PRESEDO? Según datos do INE estímase que aproximadamente 1000 persoas de España o levan como o primeiro ou segundo apelido, sendo bastante difícil de encontrar fora da provincia de A Coruña.
Por agora só atopei unha referencia ao antepasado máis antigo nos pleitos de fidalguía da Coruña do século XVI-XVII, e como toda a miña familia paterna posúe este apelido, estaría moi agradecido se alguén máis poidese aportar información tanto polo seu orixe, significado ou calquera outro dato.

Pedro de Naveira Presedo, vecino de Santaya de Leiro (La Coruña) 1603 / -
Pedro de Presedo, vecino de la feligresía de Santaya de Abegondo (La Coruña) 1536 / -

Un saúdo.
loure
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 02 Feb 2016, 17:16

Re: Apelido Presedo

Mensaje por loure »

Bo día ,
O apelido Presedo é de orixe toponímica en concreto pode que proveña da parroquia de Santa María de Presedo pertencente ao concello de Abegondo.
Sobre este topónimo segun Monteagudo e Vales Villamarín ( revista Birgantium , nº3, páxina 239) parece que ven de presidium, un campamento romano que debeu asentarse nesa parroquia.
Recoméndoche a web https://apelidosgalicia.org para mais información, e onde poden ver a difusión deste apelido polos diferentes concellos de Galicia.
Efectivamente, este apelido está moi concentrado na zona das mariñas Coruñesas, e en Abegondo é bastante frecuente atopalo. No caso da miña parroquia os Presedos son orixinarios da parroquia veciña de Montouto en Abegondo.
Un saúdo
Responder