Pimentel en Arzúa

Investigación de xenealoxías
Respostar
Xalleira
Mozo
Mozo
Mensaxes: 26
Rexistrado: 14 Mar 2015, 18:03

Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Xalleira » 16 Mar 2015, 22:49

Bós días, estou á percura de datos sobre don Cristobal Pimentel, de Arzúa, casado con María Davila e pai de, polo menos, Francisca Pimentel Dávila. Coido que é o mesmo Cristobal de Pimentel de Santiago de Arzúa que interpuso un pleito en 1786 na Sala de Hijosdalgo. Calquera axuda será moi apreciada...

Xalleira
Mozo
Mozo
Mensaxes: 26
Rexistrado: 14 Mar 2015, 18:03

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Xalleira » 19 Mar 2015, 09:56

Eu mesma me contesto e engado información por se alguen pode axudarme en algo.

Cristobal Pimentel de Sotomayor era o nome completo que él usaba. Era fillo de Juan Pimentel, natural de San Pedro de Villantime, e de María Barreiro. Casou con unha María de Vila de Mera, filla de José de Vila e Tomasa de Mera.

Se alguen tivera datos que me poidan ser de utilidade, estarei encantada...

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Breo-jan » 22 Mar 2015, 20:48

Semella que Juan Pimentel,marido da María Barreiro e pai do Cristóbal nacera en San Pedro de Román polo 1717 fillo de D.José Pimentel,veciño de Vilantime e de Francisca Concheiro,solteiros e neto doutro D.José Pimentel e Dª.María Becerra Villardefrancos(aínda que no libro de preitos se lle chama a esta última ''María Barrera''(?) e pon que eran veciños ''de Villardefrancos''.O D.José Pimentel,pai de Juan,que na mesma coleccion sobre preitos se lle chama ó Juan ''hijo de padres solteros(aínda que D.José xa tería estado casado).O se pai D.José sería,logo,o mesmo que casou con Dona Mencía Varela de Cordido,da casa de Liñares e foron pais de D.Pedro,que naceu en 1702,que casou con en Sendelle en 1725 Dª.María Ignacia de León,dos que viñeran os donos da casa de Sendelle e os Pimentel de Portugal,dos que hei publicar algo aquí e D.Casimiro Antonio Pimentel de Sotomayor,rexidor e alcalde de Santiago,que casou coa herdeira do pazo de Santa Cruz en Bueu.

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Breo-jan » 22 Mar 2015, 20:54

D.José,que casou con Dª.María Becerra de Villardefrancos(que coido que era unha filla de D.Rodrigo Becerra Villardefrancos e Dª.María de Prado y Gayoso,ainda que neste momento non estou de todo certo),debía de ser fillo ou neto dalgún que foi dono do pazo de Vilar de Ferreirós na 1ª metade do século XVII,ainda que polo de agora,descoñezo a maneira exacta na que o era.

Xalleira
Mozo
Mozo
Mensaxes: 26
Rexistrado: 14 Mar 2015, 18:03

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Xalleira » 26 Mar 2015, 21:49

Breo-jan...non sabes o agradecida que che estou. Eu descendo de Cristobal e da súa dona María, a través da súa filla Josefa (pido perdón porque na primeira mensaxe deste tema, por un erro na copia de datos, atribuínlle a míña antepasada o nome de Francisca en vez do de Josefa).

Se me queda claro...Cristobal ven sendo fillo de Juan Pimentel e María Barreiro, tendo por avós paternos a José Pimentel e a Francisca Concheiro, e os pais de ese avó paterno chamado José, sería outro José Pimentel y unha María Becerra Villardefrancos, filla de Rodrigo Villardefrancos e de María de Prado y Gayoso. ¿É así? Teño un pequeno lío na cabeza, supoño que o José que tivo a Juan con Francisca Concheiro estando solteiros ambos, foi o que casou logo con Mencía, co cal Mencía sería a madrastra de Juan e abuelastra de Cristobal. ¿Certo?

Esas familias...Becerra Villardefrancos e de Prado y Gayoso non me soan de nada, porque eu en xenealoxía sou un cero á esquerda. ¿Podes contarme algo acerca deles?

Bueno, calquera axuda para poder completar a miña árbore por ese lado é moi benvida...

Avatar de Usuario
Fontes de Castromil
Mozo
Mozo
Mensaxes: 27
Rexistrado: 18 Out 2015, 13:01

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Fontes de Castromil » 12 Nov 2015, 20:31

Ola, gustaríame dirixirlle unha pregunta a Breo-jan, e é se coñece o nome dos fillos de D.José Pimentel e Dª.María Becerra Villardefrancos, e, de ser o caso, con quen casaron. Un saúdo.
A familia é o primeiro. A familia é o centro.

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Breo-jan » 12 Nov 2015, 20:40

Tiveron polo menos a D.José,casado con Dª.Mencía Varela de Cordido (da casa grande de Liñares) e a Dª.María,que casou con D.Rodrigo Pita da Veiga Somoza
 

Avatar de Usuario
Fontes de Castromil
Mozo
Mozo
Mensaxes: 27
Rexistrado: 18 Out 2015, 13:01

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Fontes de Castromil » 12 Nov 2015, 20:42

Gracias Breo-jan. Eso é rapidez. Apúntate dous tantos!!!
A familia é o primeiro. A familia é o centro.

Avatar de Usuario
Suares
Mozo
Mozo
Mensaxes: 14
Rexistrado: 22 Nov 2015, 13:19

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Suares » 23 Nov 2015, 14:45

Ola, gustaríame saber se alguén pode axudarme a localizar a familia ou o lugar de nacemento de dona Bernarda de Pimentel, que en todo caso estivo casada na parroquia de San Vicenzo de Burres, concello de Arzúa, a comezos do século XVIII, con Don Bernardo do Real. Cónstame que eran terratenentes acomodados con foreiros en varias parroquias, pero non que fosen fidalgos, por iso se me fai difícil a localización. Un saúdo e moitas grazas pola vosa atención.

Avatar de Usuario
Suares
Mozo
Mozo
Mensaxes: 14
Rexistrado: 22 Nov 2015, 13:19

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Suares » 12 Dec 2015, 12:54

Teño que engadir que tamén é chamada Bernarda de León nalgúns documentos. Un saúdo a todos e noraboa polo foro!!

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Breo-jan » 13 Dec 2015, 18:02

Perdoa a tardanza,mais non che tería sabido contestar.Habería que ver os libros da parroquia,que non sei se pertencía á arquidiócese de Santiago.De D.Bernardo non sei aínda nada.Da súa muller Dª.Bernarda,despóis desta última nota,paréceme que era a que casara con D.José Taboada Ribadeneira.Non sei agora con cal dos 2 casara primeiro,supoño que con D.Bernardo.Era do pazo de Sendelle,filla de D.Pedro Antonio Pimentel de Sotomayor e de Dª.María Ignacia de León.Neta de D.José Pimentel de Sotomayor e Dª.Mencía Varela de Cordido,e de D.Fernando de León e Dª.Francisca Ventura de Boado.Un saúdo.
 

Avatar de Usuario
Suares
Mozo
Mozo
Mensaxes: 14
Rexistrado: 22 Nov 2015, 13:19

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Suares » 13 Dec 2015, 22:12

Moitas grazas Breo-jan. Non sabes o que a túa axuda significa para min. Os libros parroquiais de San Vicenzo de Burres non chegan tan atrás, e os de Sendelle tampouco, daí a dificultade de investigar a esta familia. Bernardo seguro que é un campesiño acomodado oriundo da zona de toda a vida, porque tiña terras no lugar do Rial (ademáis de cantidade de foreiros en varias parroquias veciñas), e aínda no século XXI é unha familia coñecida, pero Bernarda tenme moi escamada porque en Burres non había nin houbo ningún Pimentel máis, e nesas datas (finais do XVII, comezos do XVIII), era un apelido moi pouco estendido en Arzúa, e penso que exclusivo de liña fidalga. Por iso pensei que quizabes aquí poderiades axudarme: probablemente fora un matrimonio entre unha moza fidalga e un campesiño rico, o que me permitiría salvar o escollo dos libros parroquiais. Repítoche as grazas Breo-jan; síntome feliz de recibir a túa axuda.

Avatar de Usuario
Suares
Mozo
Mozo
Mensaxes: 14
Rexistrado: 22 Nov 2015, 13:19

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Suares » 26 Xan 2016, 12:59

Ola, gustaríame preguntarvos se tedes máis ou menos a data aproximada pola que debeu nacer Bernarda Pimentel de Soutomaior e León. Moitas grazas a todos.

Avatar de Usuario
Suares
Mozo
Mozo
Mensaxes: 14
Rexistrado: 22 Nov 2015, 13:19

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Suares » 27 Xan 2016, 11:40

Tamén me gustaría saber en que ano casou con José Taboada Ribadeneira . Agradeceríavos moitísimo a axuda. Un saudiño.

Avatar de Usuario
Suares
Mozo
Mozo
Mensaxes: 14
Rexistrado: 22 Nov 2015, 13:19

Re: Pimentel en Arzúa

Mensaxe por Suares » 16 Mar 2016, 19:45

Acabo de comprobar que a dona Bernarda de Pimentel y León, nacida en abril de 1747, filla de don Pedro Antonio Pimentel e dona María Ignacia de León, residentes en San Pedro de Vilantime, é afillada da miña "dona Bernarda de León y Pimentel" (San Vicenzo de Burres), a cal debe ser con toda probabilidade tía materna e filla, por tanto, de don Fernando de León (Sendelle), como moi ben me indicara Breogán. Estiven vendo que a outros fillos de don Pedro Antonio Pimentel asistíronlles como padriños unha "dona Margarita de León" (de Sendelle), que debía ser tamén filla de don Fernando de León, así como este último. Alguén pode facilitarme información de Don Fernando de León ou indicarme se hai algún camiño que poida seguir para progresar?

Respostar