da Fonte/de la Fuente/Fuentes,Rianxo

Investigación de xenealoxías
Respostar
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 570
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

da Fonte/de la Fuente/Fuentes,Rianxo

Mensaxe por Breo-jan » 29 Mai 2015, 10:45

Joseph da Fonte(logo castelanizado ''¿de la Fuente?(ou)de Fuentes''),mareante,xa viúvo de Antonia Fernández casou o 15 de marzo de 1711 en Rianxo con María Rariz(de Rial),filla de Pedro de Rarís e Ignes do Rial(penso que podería ter sido quizáis o mesmo ''Joseph de la Fuente que en 12 de outubro de 1704 tamén en Rianxo casou con Inés Álvarez Romero da Figueira,filla lexítima de Joseph Álvarez e Benita Romero da Figueira,defunta,veciños do lugar da Fincheira e él fillo lexítimo de ''Francisco de Lafuente'' e de María Lorenza Rodríguez,veciños tamén de Rianxo).Foron Joseph e María Rariz pais de
Clemente Fuentes,casado o 5 de maio de 1754 en Rianxo con Silvestra(Romero y )Pérez,filla Joseph Somoza e Luisa Pérez y Romero,pais de
Ramón Fuentes,que casou con Juana Collazo(filla de Tiburcio Collazo e María Benita de Canabal y Caamaño casados en Rianxo estes a 5-12-1756,neta paterna de Miguel Collazo e de Felipa García Torrado casados en Rianxo a 7-2-1735 e materna de (Andrés)Bonifacio Rodríguez de Canabal e de Francisca Rey y Rodríguez Somoza casados en Rianxo o 27-2-1735,bisneta de Francisco Collazo e María de Rial,e de Joseph García e María Torrado,e de Joseph Rodríguez de Canabal e Francisca Caamaño,e de Juan Rey e Madalena Rodríguez).Foron Ramón Fuentes e Juana Collazo pais alomenos de:
José Fuentes Collazo,bautizado en Rianxo a 7 de outubro de 1792 e de Joaquina Fuentes Collazo,casada con Baltasar Gemme.
 

Respostar

Quen está en liña

Usuarios navegando por este Foro: Ningún usuario rexistrado y 2 invitados