Casa da Torre de Lamas - Lamas - Baralla

Investigación de xenealoxías
Responder
diniss
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 17 Ago 2015, 08:49

Casa da Torre de Lamas - Lamas - Baralla

Mensaje por diniss »

Ola!

Son novo neste foro ao que cheguei bucendo pola rede en busca de información sobre a casa da miña familia en Baralla, atopándo algúns datos no fío de "Pedro Gómez de Cancelada e Ulloa", onde se fai referencia aos Pardo de Neira e ao libro de Xulio Pardo sobre a historia de Baralla.
Busco información sobre a historia do lugar onde se asenta a casa actual e as familias propietarias. O que coñezo por parte do meu avó da historia é que a mediados do século XIX a miña familia (o bisavó do meu avó) merca unha serie de terreos en Lamas de Pacios (Baralla) onde se atopan os restos dunha torre, da que polo que eu sei era a torre da cárcel do partido, e unha capela adicada a San Roque. Coas pedras da torre, erguese a actual Casa da Torre de Lamas, conservando na súa fachada os antigos escudos da mesma.
Hai moitas contradiccións na compra da torre porque si ben hai que di que se mercou ao Estado, e polo tanto eu situaría a transacción nunha época de desamortizacións (pola data sería a de Madoz), hai papeis que situan a propiedade nos Valcarcel ou nos Neira aínda nesas datas...
Este antergo meu xa era propietario, no momento de mercar a torre de Lamas, do Pazo de Espiña en Pacios, a poucos kilómetros de Lamas, tamén en Baralla. E o seu fillo mercará outra casa solariega na zona, a de Vilachambre preto da vila de Baralla.

Subo unhas fotos da casa e da capela, se teño tempo despois subo os escudos en detalle.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Toda información que poida ter alguén será de moita axuda. Engadir tamén, xa que vexo que no foro hai un apartado de memoria histórica, que esta Casa da Torre ten tamén moita historia, e moi dramática nos anos da guerra, chegando a contar (aínda existen na actualidade) con escondites dentro do edificio do máis curioso.

Un saúdo!
Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 308
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Re: Casa da Torre de Lamas - Lamas - Baralla

Mensaje por Fernando Dopico B. »

* Na segunda metade do século XVI a torre de Lamas, en Santa María de Pacios, era propiedade do fidalgo Andrés Pardo de Aguiar, Señor tamén do couto de Outeiro de Lamas en Pacios. A mediados do século XVII consta en mans do licenciado don Pedro Álvarez de Neira, quen nomeou como sucesor no vínculo da torre e couto de Outeiro de Lamas ó licenciado e avogado da Real Audiencia de Galicia don Antonio Bermúdez Santiso. Deste último pasou ó seu fillo, tamén avogado da real audiencia, o licenciado don Bernardo Antonio Bermúdez de Neira y Erbón. De maneira que, por matrimonio deste señor con dona Antonia Catalina de Mandiá y Moscoso, Señora dos coutos xurisdicionais de Xuvia, Caranza e Santa Icía de Trasancos (actualmente Xuvia na demarcación municipal de Narón, e Caranza e Santa Icía na de Ferrol), o supradito vínculo da torre e couto de Outeiro de Lamas incorporouse no morgado dos descendentes Bermúdez de Mandiá.
Responder