Andrade en Santa María de Ferreira, Coristanco

Investigación de xenealoxías
Xalleira
Mozo
Mozo
Mensajes: 29
Registrado: 14 Mar 2015, 18:03

Andrade en Santa María de Ferreira, Coristanco

Mensaje por Xalleira »

Por buscar, busco de moitos ancestros...

Grazas ao formidable Arquivo do Reino de Galicia, atopei o rastro da miña devanceira Alberta de Andrade, natural da parroquia de Santa María de Ferreira, en Agualada, Coristanco. Alberta protagonizou en 1703 un pleito para recuperar seus bens dotales no Xallas, despois do pasamento do seu home, Julián de Mallón, residente en Santa Catalina de Armada, en San Pedro de Santa Comba.

Do que podo entender de todos os papeis que conforman o expediente...e xa vos digo que teño na miña contra que me costa un triunfo descifrar a letra dos escribáns de por entón, Alberta de Andrade era filla de Nicolás de Andrade e de Catalina de Amarelle. Tivo por irmáns a Pedro de Andrade, labrego; Antonio de Andrade, clérigo; Juan de Andrade; Luisa de Andrade (que casou con un tal Domingo da Hermida) e María de Andrade (non atopei o nome do marido, pero tivo marido, porque no tempo en que súa irmá quedou viuva, ela tamén o era).

Alberta de Andrade, no seu casamento con Julián de Mallón, fillo de Gregorio de Mallón e de Inés González Nobo, con propiedades estos últimos en polo menos Guisande, Espasandín e Arantón, tivo varios fillos: Jácome de Mallón (meu devanceiro), Diego de Mallón, María de Mallón e Inés de Mallón.

Dou todos estes datos...os que teño...por se coincide que alguen ten nas súas árbores familiares a estas familias e pode axudarme a seguir rastreando ascendencia.
Responder