Casa solar do Mato (Roo-Noia)

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 640
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Casa solar do Mato (Roo-Noia)

Mensaje por Breo-jan »

Acerca dun entronque da Casa solar do Mato en Roo (Noia)


Quería preguntarlle a Tito,si sabe si o tal documento que falaba sobre a ascendencia de D.Pedro García de Seares Suárez de Lago y Gorgal (unha certificación dun rei de armas parece que dicía que era),ou a obra tal de Bouza Brei conteñen referencias a máis ascendentes de Dª.Isabel Suárez de Lago,nai do tal D.Pedro,a parte dos seus pais D.Francisco Suárez(D.Francisco Antonio Suárez Hermoso) e DªAntonia de Lago (Dª.María Antonia de Lago y Moscoso),que sei que foron veciños da Coruña entre 1710 e 1720 e xa por 1716 residían na Casa de Gomesende (provincia de Ourense) onde él,D.Francisco, administraba as rendas da tal Casa de Gomesende,que era entón dos Marqueses de Mos,Condes de S.Bernardo.Anos máis tarde despóis de 1730 é citada como veciña de Noia e viúva nos protocolos dun escribán de Noia.Fillos seus,aparte da dita Dª.Isabel foron D.Diego(Francisco) Suárez de Lago ,n.Gomesende,1716,D.José Salvador Suárez Hermoso y Moscoson.Gomesende,1718 e D.Benito Bernardo Suárez de Lagon.1720.Todos bautizados na parroquia de Stª.Mª.do Pao(Gomesende),ainda quenon atopei a partida de bautismo de Dª.Isabel,ainda que nalgúns papeis tamén a din natural da parroquia de Stª.Mª.doPao; e o D.Benito Bernardo que a mediados do XVIII é citado como mordomo e administrador de rendas de D.José Gaspar Fernández de Boán y Duque de Estrada,dono da Casa de Campo das Rodas en Noia.Qería pois,cmo xa dixen,saber se se sabe algo máis da ascendencia de D.Francisco Antonio e Dª.María Antonia.Grazas.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Hola Breo-jan.
En principio sabes máis ti de esa familia do que Bouza Brey escribeu no seu articulo. Con traballo, puden encontrar os descendentes de esta familia de Mato, Sª Mª de Roo, en Santiago, que me aportaron documentos para a miña busqueda. En particular, o documento en que se basaba Bouza Brey non o atoparon, pero quedaron de comunicarmo si o encontran.
Sabendo que os pais de Dª Isabel Suarez de Lago pasaron por Noia, sua filla debeu acompañalos, e foi ali, nas suas inmediacións onde casou. Posiblemente a sua partida de matrimonio esté en San Martin de Noia, ou en Santa Maria de Roo. En ela ten que poñer os seus pais e o lugar onde de onde eran naturais.
Por outro lado Dª Isabel Suarez de Lago tiña un sobriño que chegou a ser Teniente Coronel de Caballeria, e diputado do Reino por Tui, do que non recordo o nome, e polo que se podería sacar información, atraves dos seus expedientes no exercito.
Cerrado