Mariano Rajoy

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensajes: 44
Registrado: 26 Jul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

Libro sobre Rajoy Lelup

Mensaje por Buxan »

Aínda que na páxina de novidades da Deputación de Pontevedra non figura, no 2005 editou un libro sobre este persoeiro.

Segundo a Axencia Española do ISBN, os datos son os seguintes:

CORES TRASMONTE, Baldomero: Enrique Rajoy Lelup: un protagonista do autonomismo galego. 377 páxs. 27x20 cm. 30,05 euros.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Unha nota máis, neste caso non sobre o avó de Rajoy, senón da súa nai. O seu nome é Olga Brey, e segundo un artigo publicado por Ana Pardo de Vera, finou aos 61 anos

FONTE

http://www.losgenoveses.net/Opinion/Los ... delpp.html
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Ampliación da Xenealoxía de Mariano Rajoy

Mensaje por Pousada »

Por certo que o libro de Baldomero Cores Trasmonte recomendado por Buxan ao respecto de Enrique Rajoy Leloup clarifica moito a xenealoxía do actual presidente do PP. Introduzo a continuiación a ascendencia modificada e revisada:


I XERACIÓN

Manuel Rajoy. Casou con Ramona do Barro. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

1.- Manuel Rajoy do Barro. Finado de neno.
2.- Manuel Rajoy do Barro. Chamado igual que o primoxénito, na súa lembranza. Tamén morreu sendo un cativo.
3.- Mariano Rajoy do Barro. Nado na freguesía de Santa María Madalena de Montes, en Forcarei (Pontevedra). Casou con Rosa Leloup González, filla de Francisco Leloup e de Rosa González. Tiveron tres fillos:

III XERACIÓN

1.- Enrique Rajoy Leloup. Nado o 26 de marzo de 1882 no número 5 da Praciña das Ánimas, en Santiago de Compostela. Decano do Colexio de Avogados de Compostela. Edil do concello de Santiago. Un dos redactores do estatuto de autonomía de 1936. Profesor auxiliar de dereito na USC.
Casou o 24 de setembro de 1911 na freguesía de Santa Susana de Santiago de Compostela con Mercedes Sobredo Brandariz (para a súa ascendencia véxase a liñaxe "Sobredo Brandariz"). Tiveron por fillos a IV
2.- Pilar Rajoy Leloup. Solteira
3.- Elisa Rajoy Leloup. Casou con José Cotos López, industrial compostelán.

IV XERACIÓN

1.- Mariano Rajoy Sobredo. Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra.
Casou con Olga Brey, sobriña de José Brey Guerra. Foron pais de V 1-4
2.- Pilar Rajoy Sobredo. Secretaria da Asociación Cultural Gallega de Formación Permanente de Adultos (Santiago de Compostela)
3.- Mercedes Rajoy Sobredo
4.- Enrique Rajoy Sobredo. Casou con Filomena Feijóo. Tiveron por fillo a V 5

V XERACIÓN

1.- Mariano Rajoy Brey. Nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955. Foi sucesivamente Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Ministro de Administracións Públicas, de Educación e Cultura, Vicepresidente Primeiro, Ministro de Presidencia, de Interior e Presidente do Partido Popular Español.
Casou o 28 de decembro de 1996 na Capela das Conchas (Illa de A Toxa, Concello de O Grove, Pontevedra) con Elvira Fernández Balboa. Nada o 27 de abril de 1965. Filla de Manuel Fernández Fernández (finado o 19 de xaneiro de 2002) e de ¿? Balboa Docampo. Foron os seus padriños de voda Manuel Fernández Fernández e Mercedes Rajoy Brey. Tiveron por fillos a VI
2.- Enrique Rajoy Brey. Nado en León en 1960. Secretario do CINDER (Centro Internacional de Dereito Rexistral), director de Relacións Internacionais do Ilustre Colexio de Rexistradores para o área de Iberoamérica, e asesor internacional na implantación de sistemas rexistrais. Residente en Sanxenxo.
3.- María de las Mercedes Rajoy Brey. Rexistradora da Propiedade en Getafe (Madrid).
Casada con Francisco Millán Mon. Nado en Pontevedra o 8 de marzo de 1955. Eurodeputado. Traballador das embaixadas de España en Bonn e en Rabat. Irmán do ex gobernador civil de Pontevedra, Alejandro Millán Mon.
4.- Luis Rajoy Brey. Notario de Ourense-Primeira. Vicepresidente do Club Náutico de Sanxenxo.
5.- Enrique Rajoy Feijóo. Notario

VI XERACIÓN

1.- Mariano Rajoy Fernández. Nado na Clínica Dexeus (Barcelona) o 19 de xullo de 1999
2.- Juan Rajoy Fernández. Nado na Clínica Dexeus (Barcelona) o 23 de xuño do 2005.


FONTES

CORES TRASMONTE, Baldomero (2005): Enrique Rajoy Lelup: un protagonista do autonomismo galego Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Pontevedra

La boda del año en "Diario de Pontevedra", 29 de decembro de 1996, pp. 3-5

http://es.wikipedia.org/wiki/Mariano_Rajoy
http://www.cervantesvirtual.com/servlet ... ot0006.htm
http://www.losgenoveses.net/Rajoy/MarianiRajoviri.html
http://www.lavozdegalicia.es/especiales ... 0000037814
http://cinder.registradores.org/files/E ... 0Rajoy.pdf
http://www.candidato2004.net/biografia.aspx?
Última edición por Pousada el 19 Oct 2006, 23:48, editado 3 veces en total.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

SOBREDO BRANDARIZ

I XERACIÓN

Álvaro Sobredo. Natural de San Cristobo de Reis (Teo, A Coruña). Casou con Josefa Bustelo, de Santa Mariña de Lucí (Teo, A Coruña). Tiveorn por fillo a:

II XERACIÓN

Salvador Sobredo Bustelo. Nado en Santa María de Vaamonde (Teo). Casou en segundas nupcias con Pilar Brandariz Hernández, filla de Francisco Brandariz e de María Antonia Hernández, naturais de Santiago de Compostela. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

Mercedes Sobredo Brandariz. Nada o 31 de xullo de 1883 en Santiago de Compostela. Casou o 24 de setembro de 1911 con Enrique Rajoy Leloup (para a súa ascendencia e sucesión véxase a liñaxe "Mariano Rajoy" nesta mesma web)

FONTES

CORES TRASMONTE, Baldomero (2005): Enrique Rajoy Lelup: un protagonista do autonomismo galego Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Pontevedra
Cerrado