Reguera Mondragón (Meis)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Reguera Mondragón (Meis)

Mensaje por Milleiro »

Procuro información da relación da liñaxe dos Reguera Mondragón. A única referencia que posúo é a de María Reguera Mondragón que c.c. Manuel Freire Castrillón. Esta María Reguera Mondragón era descendente da Casa dos Reguera-Mondragón, que en 1803 poseia o seu primo irmán Andrés Reguera Mondragón, Coronel do Reximento Provincial de Pontevedra. Non uvico dita casa nese concello.

Avatar de Usuario
jesus__rey
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 576
Registrado: 08 Sep 2007, 10:38
Ubicación: O Salnés
Contactar:

Mensaje por jesus__rey »

Esto esta en un foro, no se si lo has visto.

Loriga Joaquín Aviador


I XERACIÓN

Domingo Loriga Romero de Caamaño, señor da casa de Sobrecarreira (Sigrás, A Coruña).
Casou con Josefa Reguera Mondragón, procedente da casa do Achal en San Salvador de Barbeito (Vilasantar, A Coruña).
II XERACIÓN

Antonio Loriga Reguera. Deputado a Cortes. Nado no Grove en 1785 e falecido na Coruña en 1855.
Casou con Rosa Taboada Mondragón. Procedente da casa de Liñares (Lalín). Parente dos condes de Taboada.
III XERACIÓN

Santiago Loriga Taboada. Xeneral de artillería.
Eliseo Loriga Taboada. Xeneral de artillería.
Francisco Loriga Taboada. Senador.
Juana Loriga Taboada. Casou con Justo Pelayo Cuesta Taboada.
Joaquín Loriga Taboada. O máis famoso aviador galego. Nado en San Martín de Prado (Lalín) o 23 de setembro de 1895 e falecido en accidente aéreo no aeródromo de Cuatro Vientos (Madrid) o 18 de xullo de 1927

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 617
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Casa dos Reguera Mondragón(e Freixomil)

Mensaje por Breo-jan »

Trátase da Casa pazo do Pumariño,en San Martiño de Meis.
 

José Manuel Bértolo
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 55
Registrado: 21 Oct 2012, 20:43

Re: Reguera Mondragón (Meis)

Mensaje por José Manuel Bértolo »

Como no xornal de hoxe hai un artigo de Alonso Montero sobre María Reguera Mondragón, aproveito para contestarche, aínda que ao mellor xa sabes a súa xenealoxía. Empezamos:
Maria Reguera Mondragón, nacida en Santiago en 1756:
filla de Antonio Reguera Mondragón, médico, e Tomasa Leal Gómez, veciña de Santiago.
neta de Alexos Reguera Fortío (Remesar, 18/4/1689 - Meis, 15/10/1745) e de Beatriz Mondragón Varela Gil (+ 18/1/1749), filla de Leonel Mondragón Gil Taboada, da casa de Vilasusán en Remesar, e de María Varela Mariño.
bisneta de Lourenzo Reguera Freijomil, (Remesar, 10/8/1668) e de Antonia Jacinta Fortío Bermúdez de Torres ( Remesar +10/3/1731), filla de Jacinto Fortío de Torres, morto en 1682, e de María Bermúdez de la Maza, que morreu en 1706, veciños de Cambados, e neta de Pedro Fortío e Mayor Ares de Torres e bisneta de Francisco Fortío e María Farta de Lamas. Lourenzo vivía na casa de Pumariño, que era dun tío cura de Antonia chamado José Bermúdez dela Maza.
tataraneta de Gregorio Regueira/Reguera Freijomil e de Jerónima Mondragón, filla de Andrés de Mondragón e Juana Bermúdez de la Maza.
O tal Gregorio Reguera era fillo doutro Gregorio Regueira Freixomil, cura de San Salvador de Barbeito (Vilasantar. A Coruña) e da súa freguesa Isabel García. E este cura tivo da mesma señora outro fillo chamado Antonio que casou con Luísa Mondragón, irmá de Jerónima, pois era normal na zona de A Estrada casar dous irmáns con outras dúas irmás, e dícir, casaban "a troco".
E o tal Andrés de Mondragón era fillo doutro Andrés Mondragón Zubieta, fillo de Pedro de Zubieta e de Águeda de Echevarría, e de María Esteban de Cela (curmáns, casados en 1587 en Santiago).

Por certo, en Remesar xa non hai rastros da súa casa, se ben sospeito que estaría ubicada no que agora é unha casa de turismo rural. E sí, a casa de Pumariño foi despois de Andrés Reguera Valladres, o sogro de Domingos Antonio Loriga e Romero de Caamaño.

Responder