Estreo de Estudios de Genealogía

Investigación de xenealoxías
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Estreo de Estudios de Genealogía

Mensaje por lamigueiro »

Xa esta en marcha “Estudios de Genealogia”

Hoxe entrou en funcionamento una nova rede social especializada en investigación xenealóxica: ESTUDIOS DE GENEALOGÍA http://www.estudiosgen.com desenrolada por Xosé Luis Lamigueiro. Con prestacións similares a facebook, pretende agrupar a xentes como nós interesados na investigación xenealóxica e familiar, poñendo a disposición dos usuarios unha páxina propia a cal se pode personalizar no seu diseño; un blog para cada usuario, un foro xeral, e varios territoriais, e temáticos.

Cun deseño innovador no contesto da xenealoxía hispana, a rede está pensada para que cada un de nós expoña dignamente as súas investigacións particulares, a partir da súa propia paxina e blog, con posibilidades de interacción co resto de membros.

Esta nova rede social non pretende adicarse ao estudo específico dunha comunidade ou comarca como é o caso de XOR xa que considera que este tipo de páxinas xa cumpren debidamente o seu cometido. Indo máis alá pretende destacar a faceta de investigador que hai detrás de cada un dos seus visitantes sexa cal sexa, a súa orixe xeográfica, ou o contexto dos seus estudos: heráldica, xenealoxía, familia, apelidos, nomes, etc.

Pero o mellor xeito de coñecela é visitala, para o cal é necesario o rexistro previo (gratuito).
Lamigueiro ©
Responder