Mª Violeta Miraz Seco. Tesis doctoral (2013)

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mª Violeta Miraz Seco. Tesis doctoral (2013)

Mensaje por serba »

María Violeta MIRAZ SECO:
La peregrinación marítima: el Camino Inglés desde la ría de Ferrol en la Baja Edad Media

Universidade da Coruña. Departamento de Humanidades, 2013. Dir.ª Paz Romero Portilla

[Resumo] Este traballo estuda a chegada de peregrinos dende as Illas Británicas por vía marítima á ría de Ferrol entre os séculos XIV e XV, anos de maior apoxeo de arribada de peregrinos ingleses ó porto de A Coruña. Para elo pártese dun contexto xeral ata chegar ó específico como é o Camiño inglés dende a ría de Ferrol. Así, comezamos analizando os antecedentes desta peregrinación marítima. Logo estudamos as peregrinacións na mesma Inglaterra así como o culto a Santiago que alí houbo. Faise especial referencia á peregrinación marítima, á travesía, aos diversos camiños, aos preparativos e aos peregrinos que chegaron ás nosas costas, por iso examínanse os relatos de peregrinos que son un punto moi clarificador para este traballo. Finalmente, analizamos o Camiño inglés dende a ría de Ferrol na Baixa Idade Media e o contexto histórico e social da zona naquela época. As conclusións finais e os diferentes aspectos abertos neste estudo encamiñan novas e futuras liñas de investigación; son aspectos que foron tratados á marxe e que necesitan ser analizados de xeito máis intenso pois neste traballo non se lles puido dedicar espazo abondo por ser asuntos secundarios ao tema sobranceiro deste traballo.

http://hdl.handle.net/2183/11563

- Enlaces:
O Camiño Inglés - viewtopic.php?f=6&t=7507

Camiño de Santiago: I Itinerario Cultural Europeo
viewtopic.php?f=6&t=7583
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder