O dereito a restituír os apelidos galegos

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18286
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O dereito a restituír os apelidos galegos

Mensaxe por serba » 03 Abr 2017, 16:15

O dereito a restituír os apelidos galegos

Todas as persoas de Galicia teñen dereito a vivir en galego, a expresarse na súa lingua en todos os ámbitos da súa vida. Parte deste dereito é o de empregar os seus apelidos nas súas formas en galego. Moitos destes apelidos sufriron un proceso de castelanización ao longo dos séculos en que o castelán foi a única lingua oficial e, por tanto, a única empregada na documentación escrita. Na actualidade, a lexislación española permite aos cidadáns e cidadás a restauración da forma galega correcta e actualizada dos seus apelidos. A Lei 40/1999 do 5 de novembro (BOE 266, 6/11/1999) autoriza a "regularizalos ortograficamente cando a forma inscrita no Rexistro non se adecúe á gramática e fonética da lingua española correspondente".

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
- A Mesa pola normalización lingüística:
A Mesa convoca unha mobilización a próxima segunda feira (luns) día 3 de abril ás 12 h , diante do xulgado de Corcubión polo dereito a galeguizar os nomes e apelidos

O 23 de agosto de 2016 unha estudante solicitou no Rexistro Civil de Corcubión a galeguización do seu segundo apelido “Rey” co fin de que constase coa forma “Rei”.

Achegou ademais un informe onomástico da Real Academia Galega no que se afirma que “a única forma adecuada á gramática e fonética do galego para este apelido é Rei”.

A resposta foi negativa...

http://www.amesa.gal/noticias/noticias- ... e-apelidos
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización - viewtopic.php?f=2&t=12516
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar