Mourille

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Invitado

Mourille

Mensaje por Invitado »

Quixera saber cousas sobre o mesmo.

Gracias
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mourille

Mensaje por lamigueiro »

Etimoloxía:
Ainda que Mourille, non aparece como entidade de poboación sinificativa, no Nomenclator de Galiza, podemos dar por seguro que Mourille é un apelido toponímico. Seguramente non aparece reflexado na cartografía, ou ben por ser un topo moi antigo xa desaparecido, ou ben por que se trate da deformación doutro topo semellante -mourelle, máis común na nosa onomástica, que modificaríase a través do emprego polo pobo.
Mourille, é un topónimo antropónimo, é dicir derivado do nome ou alcume de persoa. Normalmente en Galiza os nomes de lugar rematados en -elle/ille, delatan a súa orixe latina; *mourelli, que falanos seguramente dunha pequena explotación do agro dun tal Maurellus, antropónimo latino ben coñecido.

Bibliografía: Os nomes da Terra, Topónimos Galegos. Fernando Cabeza Quilmes. EditToxos Outos.

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-02-27 14:49 ]
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Mourille

Mensaje por kruzul »

Ola:
Coma sempre sería moi bon saber dos teus antepasados, o que ti teñas investigado.
Pois o máis parecido, aparte do xa dito por Lamigueiro, en lugares podería ser Mourilhe, pobo de Portugal, provincia de Tras os Montes, distrito de Villarreal, archidiocese de Braga.
Si a pista é en Galicia temos Mourelle en:
Corgo, Lugo
Incio, Lugo
Santa María Bretoña, Pastoriza, Lugo
Santa María Gargamala, Mondariz, Pontevedra
Vigo, Pontevedra
Santa María de Montouto, Santa Comba, A Coruña
e San Vicente de Mourelle en Taboada
Temos coma Mourelle, a Francisco Antonio, un mariño que naceu en San Adrián de Corme A Coruña, en 1755.
Fontes: Espasa, Diccionario Geográfico de España, Nomenclator Comercial de los Pueblos de España, Enciclopedia Galicia

No Doria, coma apunte de heráldica para Mourelle:
Gallego. Armas: en campo de azur, un castillo de oro y un rey, asomado a una de las ventanas, sobre la puerta y a los lados del castillo, una flor de lis de oro, y dos caballeros armados, de plata bajo cada una de las flores de lis de los flancos. Bordura de gules, con ocho aspas de oro.
Nota: a cita do Doria corresponde ó apelido MOUSE.

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: Cruzul _FIL 2002-04-03 00:09 ]
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Mourille

Mensaje por kruzul »

Corrixo a información dada para Mourelle no Doria, debín de correr liña. Esta dende logo é moito máis expresiva:
Gallego. Armas: Un guerrero armado, con espada y estandarte, y a sus pies, cinco cabezas de moros, degolladas. -ignoro los esmaltes-.
Avatar de Usuario
ELISEOBLANCO
Mozo
Mozo
Mensajes: 13
Registrado: 15 Abr 2002, 09:00
Ubicación: La Coruña
Contactar:

Mourille

Mensaje por ELISEOBLANCO »

la heraldica de Mourelle coincide con la de Amarelle.Un saludo
Eliseo
Eliseo Blanco Añón
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mourille

Mensaje por Milleiro »

MOURILLE

Etimoloxía.- Derivado da palabra mouro:
1. Escuro, negro.
2. Relativo ou pertencente ao Magreb e aos ses habitantes.
3. Habitante do Magreb.
4. Musulman.
Lugares.- Non se atopan topos na Galiza
Distribución.-
Província da Coruña: Non hai
Província de Lugo: Non hai
Província de Ourense: 6 abonados, todos eles no concello de Cartelle.
Província de Pontevedra: Non hai
En Portugal para “Mourilhe”: 1 abonado
Familias.- ¿?

HERÁLDICA
Liñaxe.- Descoñece-se
Pedras Armeiras.- Non consta

Bibliografía.- Enciclopédia Galega, Diccionário Xerais, Telefónica da Galiza e Telecom de Portugal
Comentário persoal.- Mourelle é un apelido moi semellante, se cadra pode ser unha derivación deste.
Autores.- Xavier Milleiro
Responder