Montoxo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Montoxo

Mensaje por Milleiro »

MONTOXO

Apelido galego, presumibelmente, orixinario da freguesia de San Xiao de Montoxo (Cedeira). A Gran Enciclopedia Galega fala dunha liñaxe galega que a fai descendente de Juan Ponce de León, ao ter os Ponce de Leon un Señorío en Montoxo (Cedeira), unindo o apelido León o nome do lugar do Señorío. Grafían o apelido tamén como Montojo.
Xoán de Montoxo, participou na batalla de Lepanto e na defensa da Coruña ante o ataque de Drake. Persoeiros con este apelido foran Señores dos concellos de Valdoviño e Ortigueira no século XVI. Probaron nobreza na Real Maestranza de Ronda e na Real Compañía de Gardas Mariñas. As suas Pedras Armeiras foran:
1. En campo de prata, 4 bandas de goles, e en punta unha testa de lobo.
2. En campo de prata, un carballo de sinople, terresado do mesmo, e un leon de goles empinado ao seu tronco. (Recollido polo Padre Crespo en "Blasones y Linajes de Galicia")
3. En campo de prata, un león de goles, acompañados de duas aciñeiras de sinople. (Recollido por Vicente de Cadenas y Vicent en "Repertorio de Blasones de la Comunidad Hipánica")

O Arquivo do Reino de Galiza garda os seguintes documentos:
1. ANDRES SALVADOR MANDIA Y PARGA CON ANTONIO DE MANDIA Y ANDRES DE MONTOJO . SOBRE BIENES DE VINCULO. 1717 XVIII A REINO DE GALICIA
2. BARTOLOME FERNANDEZ MONTOJO CON FERNANDO DE AGUIAR Y LOBERA. MISION EN POSESION DE BIENES DE VINCULO DE Mª FERNANDEZ MONTOJO , MUJER DE ALONSO FERNANDEZ, CUENTAS DEL QUE HIZO PEDRO FERNANDEZ MONTOJO Y OTROS BIENES. 1679 XVII
3. DIEGO LALANDE Y GAION CON DOMINGO DE RUEDA. MISION EN POSESION DEL VINCULO FUNDADO POR PEDRO FERNANDEZ DE MONTOJO . 1748 XVIII
4. JERONIMO FREIRE DE ANDRADE CON ANDRES DIAZ DE MANDIA, Mª FREIRE DE MONTOJO , SU MUJER, PEDRO DE LAGO Y CONSORTES. MISION EN POSESION DEL VINCULO QUE FUNDO EL LICDO. JUAN SAN MARTIN. 1670 XVII
5. JUAN PARDO DE ANDRADE Y Mª ANTONIA FREIRE DE MONTOJO , SU MUJER, CON JOSE VENTURA POSE. TENUTA DE LOS VINCULOS FUNDADOS POR EL LICDO. JUAN DE SAN MARTIN. 1738 XVIII

Actualmente non se atopan persoas con este apelido na Galiza, ainda que se atopan na provincia de Cádiz (Andalucia)

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola a todos, e moi especialmente a Milleiro:
- Os MONTOXO (ou MONTOJO) nas súas liñas máis coñecidas estiveron establecidos en FERROL dende o século XVI (algúns cos apelidos DE LEÓN Y MONTOXO) ata finais do século XIX; cando entre varios descendentes venderon o seu "pazo" en Ferrol, que estaba sito no que hoxe se coñece popularmente en Ferrol como "as Discípulas" ou Colexio da Compañía de María.
- Un saúdo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19371
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Montoxo

Mensaje por serba »

Montoxo, antiguamente escrito Montogio

Del 25/2/1284, hay una referencia a Paay Johanes de Montogio (Montoxo).

Debido a la gran cantidad de datos de interés, copio aquí literalmente el texto del libro, en el apartado "A documentación de Pedroso nos séculos XIII e XIV. Roy Péres, arcipreste de Ortigueira"
<<Son varias as doazóns que amplian o patrimonio e as rendas de Pedroso nos séculos XIII e XIV e aparecen varios contratos forais típicos, nos que, como non, se inclúen os dereitos contraídos polos que reciben o foro. O rei Afonso confirma os privilexios dados a Pedroso polos seus antepasados, case ó mesmo tempo que o que lle outorgaría á vila de Santa Marta no ano 1225.
Pouco despois, no ano 1284 a 25 días andados do mes de febreiro un cóengo, de nome Pedro Fernández dóalle á igrexa de Mondoñedo varias propiedades, e entre os confirmantes aparecen varios veciños de Ortigueira, un era o alcalde de Cedeira, Fernán Péres de Loya, e os outros eran o arcipreste de Ortigueira Roy Péres e mais Fernán García, crego de Santa María da Pedra, así como PAAY JOHANIS DE MONTOGIO (Montoxo), e Fernán Péres de Cerdido. Resulta este un dos primeiros documentos que citan a Ortigueira como arciprestado, despois de ceder o nome de ARROS no século XII, seguramente despois da fundación da Vila e da creación do Concello de Ortigueira nos anos trinta do século XIII.
Sucederíanse as confirmacións rexias do rei Sancho, dadas en Lugo no ano 1286 e a do seu fillo o rei Fernando no ano 1303, o que amparaba a esta comunidade e enchía de orgullo.
Dous anos despois, no ano 1305, o prior do mosteiro de Pedroso afora unhas propiedades en Cuíña a un veciño do lugar e á súa muller, chámanse Fernán Vidal e Elvira Fernández, e será o notario do rei en Santa Marta, Johan Pérez quen escriba a carta de foro. Desta herdade en Cuíña, que traía aforada á súa vez Roy Johanes, pai de Fernán Vidal, terán que dar unha colleita cada ano ó mosteiro, así como a cuarta parte do que labraran (páx 250). Esta carta de foro, e mais a anterior do ano 1284 xa aparecen escritas en galego.>>
{"Historia de Ortigueira". Autores: Emilio Ramil González, Xosé Carlos Breixo Rodríguez y Emilio Grandío Seoane. Editorial Vía Láctea, 1999; pp. 114 y 115}

PD: Sobre 'Loya' ya han escrito Milleiro y Trapa en
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... light=loya

Loya/Loia/... Lohia/Luhia
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19371
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Saturnino Montojo Díaz (Ferrol, 1796 - Cádiz, 1856)

Mensaje por serba »

Tal día como hoy:

(1856) - Falleció en San Fernando (Cádiz) Saturnino Montojo Díaz, ( n. Ferrol el 6 de febrero de 1796). Fue un mariño militar, astrónomo y matemático gallego, padre del almirante Patricio Montojo Pasarón. Formó parte de la comisión central de formación de la Carta geográfica de España.

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/137206
Saturnino Montojo y Díaz http://culturagalega.gal/albumdaciencia ... php?id=359
Poblada soledad es hoy el mundo.

Responder