Página 1 de 1

Pastoriza

Publicado: 23 Jun 2005, 01:16
por Sic-ario
PASTORIZA

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 979 persoas, nos concellos de Bueu, Moaña, Cangas e Marín.
- Provincia de A Coruña atopamos 368 persoas, nos concellos de Santa Comba, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Ponteceso, Carballo e Vimianzo.
So atopamos 5 persoas na provincia de Ourense e 2 persoas na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Guipúscoa, Huelva, Cádiz, Madrid, Las Palmas, etc. Un total de 1631 persoas atopamos co apelido PASTORIZA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 513 aboados. Un total de 906 aboados atopamos con PASTORIZA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Atopamos os seguintes lugares coa grafía PASTORIZA
no concello de MARÍN (Pontevedra) na parroquia de Ardán (Santa María)
no concello de VILA DE CRUCES (Pontevedra) na parroquia de Brandariz (San Miguel)
no concello de FONSAGRADA, A (Lugo) na parroquia de Bruicedo (Santiago)
no concello de VILA DE CRUCES (Pontevedra) na parroquia de Carbia (San Xoán)
no concello de LOUSAME (A Coruña) na parroquia de Lousame (San Xoán)
no concello de ABEGONDO (A Coruña) na parroquia de Mabegondo (San Tirso)
no concello de RIBADEO (Lugo) na parroquia de Ove (San Xoán)
no concello de PASTORIZA, A (Lugo) na parroquia de Pastoriza (O Salvador)
no concello de ARTEIXO (A Coruña) na parroquia de Pastoriza (Santa María)
no concello de MAÑÓN (A Coruña) na parroquia de Ribeiras do Sor, As (San Cristovo)
no concello de NOIA (A Coruña) na parroquia de Roo (Santa María)
no concello de SOMOZAS, AS (A Coruña) na parroquia de Somozas, As (Santiago Seré)
no concello de RIANXO (A Coruña) na parroquia de Taragoña (San Salvador).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
ARES PÉREZ DE RUÍZ VENDE A GONZALO LÓPEZ DOZÓN O CASAL DE PASTORIZA , NA FREGRESÍA DE SAN SALVADOR DE TARAGOÑA, TERRA DE POSTOMARCOS, POR PREZO DE 400 MARAVEDÍS DE MOEDA BRANCA. AÑO DE 1371.

AUTOS DE LA COMISIÓN EJECUTIVA DADA A PETICIÓN DE PEDRO VARELA Y OTROS EN EL PLEITO CON DON SEBASTIÁN VALCÁRCEL Y ARMESTO, ARRENDATARIO DE LAS RENTAS DE SINECURA DE SAN CRISTÓBAL DE VIÑAS, SANTA MARÍA DE PASTORIZA Y SAN PEDRO DE VISMA, SOBRE RELEVO DE FIANZAS Y EJECUCIÓN. AÑO DE 1620 A 1812.

COFRADÍA DE SAN TOMÉ DE LA CIUDAD DE SANTIAGO Y JUAN ANTONIO FEJO, SU MAYORDOMO, CON DON ANDRÉS DE PASTORIZA , ESCRIBANO, SOBRE EXCESO EN PAGA DE MARAVEDÍS. AÑO DE 1744.

ESTEBAN DE PASTORIZA CON BENITO PIÑEIRO. MISION EN POSESION DEL VINCULO FUNDADO POR ANTONIO GARCIA DE LA TORRE. AÑO DE 1756.

Hai mais documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.

PASTORIZA

Publicado: 23 Jun 2005, 15:32
por capoj
El nombre de Pastoriza es una advocación de la virgen (La Divina Pastora, La Pastora, La pastoriza) que posteriormente dió nombre al lugar donde se enclava una iglesia o capilla consagrada a esa advocación.

Es un toponí­mico derivado del culto a la virgen. Todos los lugares que conozco con este nombre tienen esta vinculación con la Virgen.

Publicado: 23 Jun 2005, 21:20
por Milleiro
A orixe deste apelido deste apelido é claramente toponímica, tendo unha das suas orixes no concello de Marín.

Publicado: 24 Jun 2005, 12:53
por maviac
Completando o dito por Milleiro, Pastoriza significa lugar de pasto, é absolutamente transparente. O dito por outro sobre advocacións da virxe con ese nome explícase á inversa: o lugar deu nome a advocación da virxe.

Pastoriza en Beluso (Bueu)

Publicado: 24 Jun 2005, 14:24
por Meiga
Hola a todos
En mis investigaciones tengo un amplio desarrollo de descendientes de Pedro Pastoriza, nacido aprox. 1820, casado con Teresa Martínez.
Tuvieron por hijos a Peregrina (1845), Carmen (c.1851), Irene (c.1857), Manuela, Manuel y Jose.
Si hay alguien interesado puedo ampliar datos.
Un saludo, Ana

PASTORIZA

Publicado: 27 Jul 2005, 00:38
por capoj
El el suplemento SABADO del FARO DE VIGO del dia 23/07/2005, sale publicado un artí­culo de X.L. MENDEZ FERRIN sobre el apellido PASTORIZA, que transcribo a continuación:
"Pastoriza
Manuel Pastoriza e Salvador Rodrí­guez Pastoriza, ambos de Bueu, pensan que o seu apelido é propio do Morrazo. E pode selo porque coñecemos un lugar Pastoriza en Ardán, concello de Marí­n.
Pro hai outros moitos lugares en Galicia ditos Pastoriza, incluí­do un Municipio na provincia de Lugo. Estes lugares chámanse así­ xa que alí­ hai ou houbo culto a unha Nosa Señora da Pastoriza porque a atopou unha meniña que andaba coas vacas ou coa avenza e a imaxe gasta sombreiro e caxata, insignias do mester bucólico ou pastoral. O prototipo de tal Pastoriza está no santuario que hai en Arteixo, punto central (quizais)
de todas as Pastorizas, incluí­da a de Compostela. Dada a supervivencia
de rituais pagáns lí­ticos no santuario de Arteixo e a antigí¼idade da imaxe que aló veneran, cabe deducir que as Virxes da Pastoriza galegas non teñen nada que ver coa Divina Pastora, culto sevillano posto de moda no
século XVIII. Digamos que a Pastoriza é tamén Virxe dos mariñeiros,
cuxo culto é suplantado hogano con frecuencia pola do Carme, Patrona da Mariña de Guerra Española.
De aí­ a cántiga: “A Virxe
da Pastoriza/ tén un naví­o no
mar./ Quen llo deu?/ Quen llo
darí­a?/ Quen llo deu puí­dollo
darâ€