Página 1 de 1

Fírvida / Firvida

Publicado: 28 Jun 2005, 12:06
por Sic-ario
FÍRVIDA / FIRVIDA

Significado:
Non sei o significado de este termo, atopamos Fervida=Que arde ou ferve.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Ourense atopamos 163 persoas, case exclusivamente nos concellos de Monterrei e Cualedro.
- Provincia de Pontevedra atopamos 49 persoas, case exclusivamente no concello de Forcarei.
So atopamos 10 persoas na provincia de A Coruña e 2 persoas na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Barcelona, Biscaia, Lleida, Madrid, etc. Un total de 338 persoas atopamos co apelido FIRVIDA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Ourense 66 aboados. Un total de 171 aboados atopamos con FIRVIDA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:

No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
EL CABILDO DE SANTIAGO CON JUAN FIRVIDA , PROCURADOR GENERAL DE LA JURISDICCIÓN DE ORCELLÓN, SOBRE EL PAGO DEL VOTO. AÑO DE 1620 A 1812.

DON JUAN FIRVIDA Y SU HIJO Y APODERADO DON PABLO CON DON JUAN ESPIÑEIRA, SOBRE RECTRACTO POR LA PIEZA DE HEREDAD Y MONTE CON NOMBRE DE RAVILONGA Y EJECUCIÓN EN LA SENTENCIA. AÑO DE 1812.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.

Publicado: 21 Sep 2005, 11:10
por maviac
A orixe deste apelido hai que polo en relación có topónimo Fírveda que está no Concello da Lama alomenos para os de Forcarei e arredores. Non sei se na zona de Verín pode haber outro parecido que poida explicar o grupo de portadores do apelido alí existentes
Cumprimientos.