Página 1 de 1

Pedrido

Publicado: 28 Jun 2005, 12:07
por Sic-ario
PEDRIDO

Significado:
Non sei o significado de este termo, pode derivar de Pedra.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 118 persoas, a maioría no concello de Vigo, tamén nos concellos de Redondela e Vilagarcía.
- Provincia de A Coruña atopamos 67 persoas, nos concellos de Brión, Santiago e A Coruña.
- Provincia de Lugo atopamos 49 persoas, case exclusivamente no concello de Pantón.
- Provincia de Ourense soamente atopamos 12 persoas no concello de Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Barcelona, Biscaia, Madrid, Valencia, Huelva, etc. Un total de 292 persoas atopamos co apelido PEDRIDO.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 65 aboados. Un total de 198 aboados atopamos con PEDRIDO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Atopamos os seguintes lugares coa grafía PEDRIDO
no concello de CHANTADA (Lugo) na parroquia de Nogueira de Miño (Santa María)
no concello de VILALBA (Lugo) na parroquia de Oleiros (San Mamede)
no concello de TRABADA (Lugo) na parroquia de Ría de Abres, A (Santiago)
no concello de BARREIROS (Lugo) na parroquia de San Xusto de Cabarcos (San Xusto)
no concello de VALADOURO, O (Lugo) na parroquia de Santa Cruz do Valadouro (Santra Cruz)
no concello de MONDOÑEDO (Lugo) na parroquia de Santiago de Mondoñedo (Santiago)
no concello de SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) na parroquia de Villestro (Santa María)

Coa grafía O PEDRIDO
no concello de XERMADE (Lugo) na parroquia de Burgás (Santa Baia)
no concello de ARZÚA (A Coruña) na parroquia de Castañeda, A (Santa María)
no concello de ORTIGUEIRA (A Coruña) na parroquia de Céltigos (San Xulián)
no concello de TRAZO (A Coruña) na parroquia de Morlán (Santa María)
no concello de CARRAL (A Coruña) na parroquia de Tabeaio (San Martiño)
no concello de MESÍA (A Coruña) na parroquia de Visantoña (San Martiño).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
MONASTERIO DE MEIRA CON JUAN PEDRIDO , SOBRE PRORRATEO DE LA VIÑA DA VESADA Y OTROS BIENES. AÑO DE 1511 A 1833.

MONASTERIO DE CHANTADA CON FERNANDO DE PEDRIDO , PEDRO DE COTO Y OTROS, AUTO ORDINARIO SOBRE NO HABERSE ENTERRADO EN UNA IGLESIA DE SANTA MARÍA DE CAMPO RAMIRO, BARBAZA SEQUERAS Y HABERSE LLEVADO A ENTERRAR A OTRA PARROQUIA. AÑO DE 1563.

JOSE PEDRIDO MOSQUERA, ESCRIBANO DE RENTAS Y DIGNIDAD ARZOBISPAL, CON JUAN LUIS JIMENEZ DE SABOYA, TENIENTE CORREGIDOR DE LA CORUÑA, Y PEDRO PASCUAL DE MONTENEGRO, SOBRE AUTO ORDINARIO POR DAR FE EN LAS COSAS TOCANTES A DICHA DIGNIDADON. AÑO DE 1727.

Hai mais documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.