Página 1 de 1

Nine

Publicado: 06 Jul 2005, 18:19
por Sic-ario
NINE

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de NINE, na parroquia de San Vicenzo de Cespón, no concello de Boiro (A Coruña)..

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 141 persoas, case exclusivamente no concello de Boiro, tamén polos concellos de Muros, Noia e Outes.
- Provincia de Pontevedra atopamos 78 persoas, nos concellos de A illa de Arousa e Vilanova de Arousa.
Non se atoparon persoas co apelido NINE nas provincias de Lugo e Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Asturias, Baleares, Las Palmas, Barcelona, Cáceres, etc. Un total de 253 persoas atopamos co apelido NINE.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 70 aboados. Un total de 149 aboados atopamos con NINE de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de NINE, na parroquia de San Vicenzo de Cespón, no concello de Boiro (A Coruña).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
EL JUEZ DE PRIMERA INSTANCIA DE PADRÓN CON EL ALCALDE DE RIANJO SOBRE LA REMESA DE LAS ACTUACIONES DE INVENTARIO A LA MUERTE DE IGNACIO NINE. AÑO DE 1843.

Hai mais documentos pero non dispoñemos de un resumo do seu contido.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.