Valmaior / Balmayor / Valmayor / Balmallor

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Valmaior / Balmayor / Valmayor / Balmallor

Mensaje por LAVANDAL »

Outro apelido bonito da Mariña, VALMAIOR, aínda que por aquí o escriban maioritariamente Balmayor ou Valmayor.

Buscando na lista telefónica sae a seguinte distribución:

BALMAYOR:
4 no concello de Burela
3 no do Valadouro
2 en Foz
1 en Cervo
Non existe no resto de Galiza
2 en España

VALMAYOR:
10 en Foz
7 no Valadouro
2 en Cervo
1 en Barreiros
1 en Abadín
Non existe no resto de Galiza
Aparece en Cataluña escasamente, debe tratarse dun apelido catalán distinto.
Aparece como Fernández-Valmayor escasamente en España.

BALMALLOR (pode ser un erro):
1 en Foz


Conclusión: novo apelido de distribución exclusiva na Mariña. Pertence a familias vellas e de liñaxe na zona. Seguirei investigando...
Última edición por LAVANDAL el 21 Ago 2007, 18:25, editado 1 vez en total.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

DE VALMAIOR

Mensaje por LAVANDAL »

Existe un burgo no concello de Foz, na parroquia de Santacisclo do Valadouro, con ese nome.

Polo tanto é un apelido toponímico e debería ser DE VALMAIOR.

Continuarei...
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

DOCUMENTOS

Mensaje por LAVANDAL »

ARQUIVO DO REINO DE GALIZA:
1.- O CABILDO DA CATEDRAL DE OURENSE CON ANDRES DE BALMAYOR, VÑO. DO LG. DE COSTA NA Fª. DE S. MARTIÑO DE CAMEIXA, E OUTROS. AUTO ORDINARIO SOBRE PAGAMENTO DE RENDA POLO LUGAR DE SALCEDA, SITO EN DITA Fª. 1549-1833

2.- Dos bens adquiridos por Fernando de Valmayor nos lugares de Viladavil e Peceñe, e de Ribadiso e Fonxe en Santa María de Arzúa. 1599-1601

3.- O TESOUREURO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, D. FERNANDO VALMAYOR, CON GREGORIO FREIRE SOBRE EXECUCIÓN POR MARAVEDÍS E VENDA DE BENS. 1609

4.- De Alonso de Puga, como cesionario da súa filla Juana de Puga, a Fernando d e Balmayor, para cobrar, entre outras cousas, o aluguer dunha casa en Santiago de Compostela a Alonso de Porras. 1611

5.- O CONº DE STA. CLARA DE SANTIAGO CON FERNANDO DE VALMAYOR, SOBRE REIVINDICACIÓN DO LUGAR DE CHACEN EN S. XOÁN DE CALO. 1616

6.- LOPE ALVITE MOSQUERA, HERDEIRO DE Mª VALMAYOR FIGUEROA, MULLER DE RODRIGO DE SAAVEDRA, CON RODRIGO DE SAAVEDRA E ALDAO. ESCRITURA DE OBRIGA POR BENS E HERDADES. 1620

7.- OS VECIÑOS DO CALENDARIO DE NOIS E O SEU PROCURADOR XERAL CON PEDRO FERNÁNDEZ VALMAYOR E OUTROS, SOBRE AXUSTE DE CONTAS E REPARTIMENTOS. 1662

8.- PASCUAL RODRÍGUEZ VALMAYOR CON ANDRÉS VALMAYOR. SOBRE COPIA DUNHA PROVISIÓN DE MISIÓN EN POSESIÓN DO VÍNCULO FUNDADO POR JACOME DE VALMAYOR. 1666

9.- PASCUAL RODRÍGUEZ VALMAYOR CON ANDRÉS DE VALMAYOR. MISIÓN EN POSESIÓN DOS BENS QUE VINCULOU O LICDO. JACOME DE VALMAYOR. 1666

10.- ALONSO DE CAMBA VILLAMARIN CON ANDRÉS VALMAYOR: AUTO ORDINARIO SOBRE O MONTE DAS VALES E HERDADE DA SEARA EN SAN MARTIN DE CAMEIXA. 1677

11.- OS VECIÑOS DE SANTACISCLO E JERÓNIMO DÍAZ VALMAYOR CON ANTONIO DEL RÍO, ESCRIBÁN, SOBRE EXCESO EN EXECUCIÓN POR MILLÓNS E EXCEPCIÓN DE SEIS FILLOS VARÓNS. 1679

ARQUIVO XERAL DE INDIAS:
12.- CATALINA LÓPEZ, veciña de Porqueriza, filla de Antonio Ceitero de Valmayor e de Catalina López, muller de Francisco Martín, residente no Novo Reino de Granada, a ditas provincias. (Catálogo de pasaxeiros). 1557

13.- Real Cédula aos oficiais da Casa da Contratación para que deixen pasar a Nova España a Alonso de Valmayor, veciño de Sevilla, levando á súa muller e fillos, un criado e dúas mulleres para o seu servizo. 1583

14.- Autos sobre bens de defuntos de 1586:
...
Ramo 11.- De Alonso de Valmayor, natural de Mondoñedo, veciño de Sevilla e defunto a bordo con testamento.
... 1586

15.- Expediente de información e licenza de pasaxeiro a indias de Hernando de Valmayor, crego presbítero, a Perú. 1588
HERNANDO DE VALMAYOR, crego, ao Perú. (Catálogo de pasaxeiros). 1588

16.- Autos sobre bens de defuntos: Alonso de Valmayor, natural de Mondoñedo, defunto no mar. Herdeiros: Ana López de Lascoín, esposa, e Hernando, Juan, Diego e Magdalena, fillos. 1586/1587

17.- Autos sobre bens de defuntos de 1622:
...
Ramo 16.-De Hernando de Valmayor, presbítero, natural do Valadouro, en Galiza, e defunto no Cuzco, con testamento.
... 1622

18.- Autos sobre os bens de Hernando de Valmayor, crego presbítero, natural do Valadouro (bispado de Mondoñedo, Galiza). Faleceu en Cuzco. Con cláusulas do testamento. Actúa como albacea Diego de Santotis e recoñece como debedores a Lucas de Oturbe e a Domingo de Arispi, mercadores, veciños de Sevilla. 1623

19.- Expediente de información e licenza de pasaxeiro a Indias de Antonio de Acuña y Cabrera, capitán e sarxento maior do presidio do Callao, a Perú, coas seguintes persoas:
- Pedro Rodríguez Majano, criado, natural e veciño de Madrid, fillo
de Pedro Rodríguez Majano e de Isabel Hernández
- Diego Sánchez de Moscoso, criado, natural de Santiago de Fazouro
(Mondoñedo), fillo de Alonso de Río y Cordido e de Catalina López
de Valmayor y Freijido. 1634

ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
20.- Preito de fidalguía de Pedro Valmayor, veciño de Medina de Pomar (Burgos). 1554

21.- Hernando de Valmayor, veciño de Santacisclo (Lugo), con Andrés Blanco, veciño de Tapia de Casariego (Asturias), sobre o exceso de certa cantidade de pescado respecto á contratada por ambas partes. 1556

22.- Preito de Victoria de Mella y Valmayor, de Santiago de Compostela (A Coruña), Alonso Barta, de Santiago de Compostela (A Coruña), María Fernández del Río, de Santiago de Compostela (A Coruña) Sobre Posesión duns bens que pertencían a Pedro Farto de Cebalmayor e María Fernández Mella, pais de Victoria Mella y Valmayor. 1658/1661

23.- Preito de Luís de Valmayor, veciño do lugar de Aboboras, freguesía de Santa María de Tubancos, con Eliseo González Mosquera, veciño do lugar de Cabanelas y outros consortes. Sobre os bens que quedaron de Vicente de Valmayor. 1744/1749


Descoñezo se os Fernández-Valmayor que existen en España teñen algo que ver con este apelido.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

VÍNCULO

Mensaje por LAVANDAL »

Por certo, alguén que explique ben o que era un vínculo?

E algún sitio para informarse de en que consistía realmente iso da fidalguía?
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Hola Lavandal,

Hai un Valmayor no Concello de Boiro, poida que sexa "a cuna" dos santiagueses que se mencionan no ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID (22.- Preito de Victoria de Mella y Valmayor...)


Un saúdo
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

máis documentos do AHUS

Mensaje por LAVANDAL »

Documentos do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago:

1.- Libro de Testamentos do Notario do Nº e Cabido Pedro Díaz de Valdevieso:
Escritura de dotación de Fernando de Valmayor, alcalde ordinario de Santiago, cos administradores da Capela do Perdón. 1604-1605

2.- Libro das visitas á Universidade de Santiago coas súas resultas, autos, mandatos e as contas tomadas polos visitadores. Conten traslados de varias reais provisións cos nomeamentos:
Notificación da entrega dunhas obrigas por Bartolome de Seares, secretario da Universidade, a Fernando de Valmayor, tesoureiro desta, e relación das mesmas. 1615

3.- Libro de Testamentos do Notario do Nº e Cabido Pedro Díaz de Valdevieso:
Pedro del Villar, rector de Salomé e San Fiz, solicita a apertura do testamento de dona María de Valmayor, muller de Rodrigo de Savedra. 1615-1618

4.- Libro de visitas á Universidade de Santiago feitas polo visitador real Mateo Velázquez de Bustamante, e los visitadores ordinarios Alonso Pacheco e Juan Rodríguez de Ponte, ao tesoureiro da mesma Fernando de Valmayor e outras persoas. Ao principio van dous traslados de Reais Provisións sobre o nomeamento do visitador e os autos tomados ao respecto. 1616

5.- Preito a oito bolsas de artistas do Colexio de San Xerome destinadas, tres aos naturais do arcebispado de Santiago, dúas aos naturais do bispado de Lugo, unha aos do de Mondoñedo, unha aos de Ourense e outra aos de Tui.
Opositores:
...
- Ourense: Antonio de Amoeiro (desistiu), Juan Fernández das Nogueiras, Jácome de Valmayor, Gonzalo de Amoeiro.
1618

7.- COLEXIO DE FONSECA/SANTIAGO ALFEO:
Preito para provisión dunha bolsa xurista para os naturais do reino de Galiza, vacante por Zamar Janeiro.
Opositores: Simón de Saavedra y Castro, Jácome de Valmayor, Juan Patiño de Fachal, Jorge Arias Noguerol.
Colexial electo: Simón de Saavedra y Castro.
1631-1632

8.- COLEXIO DE FONSECA/SANTIAGO ALFEO:
Preito para provisión dunha bolsa xurista para os naturais do reino de Galiza, vacante por Francisco Valcárcel Prado.
Opositores: Jácome de Valmayor, Jorge Varela, Miguel Pardo de Ulloa, Antonio de Aguiar Pallín.
Colexial electo: Antonio Aguiar Pallín.
1633-1634
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

CARTOGRAFÍA

Mensaje por LAVANDAL »

Distribución do apelido BALMAYOR por concellos, ordenados segundo a porcentaxe calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrada en cada concello (Datos da Cartografía dos apelidos de Galiza do Instituto da Lingua Galega: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp ):

O Valadouro: 18 (0'3872%)
Burela: 8 (0'0479)
Alfoz do Valadouro: 2 (0'0427)

Cervo: 2 (0'0198)
Foz: 2 (0'0105)
Viveiro: 1 (0'0033)

TOTAL GALIZA: 33 (0'0012%)



Do apelido VALMAYOR:

Foz: 31 (0'1623%)
O Valadouro: 7 (0'1506)
Boborás: 3 (0'0457)

Cervo: 4 (0'0396)
Lourenzá: 1 (0'0184)
Barreiros: 1 (0'0151)
Abadín: 1 (0'015)
Xove: 1 (0'014)
O Carballiño: 1 (0'0038)
Lugo: 1 (0'0006)
A Coruña: 1 (0'0002)

TOTAL GALIZA: 52 (0'0019%)
Responder