de Deán

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

de Deán

Mensaje por LAVANDAL »

Imos con outro apelido mariñao: DE DEÁN.

Actualmente consérvase sen a preposición (tamén con outra variante máis curiosa da que falarei noutra entrada á parte: Daián). Buscando nos listados de Telefónica aparece espallado por toda España de maneira dispersa (non confundir co Dean inglés, dos que hai moitos na costa mediterránea), e cunha concentración especial en dous puntos de Galiza: un no concello do Porto do Son, con algunha presenza na Barbanza (Boiro e A Pobra do Caramiñal) e outro na Mariña central (Foz, Cervo, Burela, O Valadouro, Xove e Mondoñedo); no resto de Galiza case non existe.
Creo que se trata de dous apelidos con orixe toponímica distinta. No Nomenclátor só aparece un Deán no concello de Cerdedo, que non creo que teña nada que ver; e despois Deán Grande e Deán Pequeno no concello de Ribeira. Ademais sabemos (neste foro xa se falou disto) que A Pobra do Caramiñal provén da fusión da Pobra do Deán e O Caramiñal (ver este fío: http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... arami%F1al ). Supoño que o primeiro apelido Deán provén desa zona.

Pero o outro Deán do que falo, o mariñao, provén do burgo de Daián, na parroquia de Cervo, antigamente chamado Deán (noutra entrada tentarei explicalo mellor).

Algúns documentos:
ARQUIVO DO REINO DE GALIZA:
1.- PEDRO FERNÁNDEZ DE DEAN CO PROMOTOR FISCAL DA CIDADE DE MONDOÑEDO: REDUCIR A PASTO COMÚN UNHA HERDADE NO PORTO DE BARXA. 1540-1833

2.- PEDRO FERNÁNDEZ DE DEAN CON JUAN MARIÑO: AUTO ORDINARIO SOBRE A CHOUSA DA VEIGA EN SANTA EULALIA DE LAGO. 1629
Última edición por LAVANDAL el 22 Ago 2007, 21:36, editado 1 vez en total.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

De Deán no AHUS

Mensaje por LAVANDAL »

Documentos do Arquivo Histórico Universitario de Santiago:

1.- Rexistro de escrituras do Notario de Nº e Concello Macías Vázquez:
Foro de Gómez Deán, capelán da capela de Santa María da Quintana, ao cóengo Fernando de la Torre dunha casa sita na rúa do Vilar. 26-II-1519

2.- Rexistro de escrituras do Notario de Nº e Concello Macías Vázquez:
Carta de arrendamento outorgada por Gómez Ares Mosqueira, alcaide da casa e fortaleza de Rodeiro a Gómez de Deán, cóengo na igrexa de Padrón, do beneficio e concura de San Pedro de Palmeira. 4-VIII-1520

3.- Libro de Testamentos do Notario do Nº e Concello Gonzalo Puñal:
Carta de edicto para as persoas que pretendesen ter dereito ao testamento de Gómez de Dean, cóengo na igrexa de Padrón e veciño do dito lugar. 1554

4.- Rexistro dos testamentos que outorgan os enfermos do HOSPITAL REAL DOS REIS CATÓLICOS DE SANTIAGO:
Testamento de Antonio Patiño, veciño da vila de Vilagarcía, sita no arcebispado de Santiago, fillo de Pedro López e de Dominga Dean Patiño. 1714

5.- Preito a oito bolsas sumulistas do Colexio de San Xerome destinadas, tres aos naturais do Arcebispado, unha aos do bispado de Tui, unha aos de Ourense, unha ao bispado de Mondoñedo e dúas ao bispado de Lugo.
Opositores:
- Arcebispado: Bernardo Gontad, Claudio Dean, Andrés Jacinto San Martín
- Lugo: Francisco Antonio Varela Taboada, Sebastián Antonio Fernández
Lemos, Andrés Gregorio Rapete
- Mondoñedo: Pedro Andrés Sánchez Rivadeneira
- Tui: Juan Antonio de Insua, Critóbal Clemente Losada
1728

6.- Informacións de Limpeza de Sangue de Claudio Dean, natural de Santa Mariña Dozo na vila de Cambados, colexial electo a unha bolsa sumulista do Colexio de San Xerome, destinada aos naturais do arcebispado de Santiago.
Xenealoxía:
- Pai: Manuel Dean
- Nai: Francisca de Villamoure
1728
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

CARTOGRAFÍA

Mensaje por LAVANDAL »

Distribución do apelido DEÁN por concellos, ordenados segundo a porcentaxe calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrada en cada concello (Datos da Cartografía dos apelidos de Galiza do Instituto da Lingua Galega: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp ):

Porto do Son: 125 (0'6175%)
O Valadouro: 11 (0'2366)
Cervo: 21 (0'208)

Foz: 37 (0'1937)
Burela: 29 (0'1737)
Boiro: 46 (0'1263)
Xove: 5 (0'0701)
A Pobra do Caramiñal: 6 (0'03)
Ribeira: 12 (0'0226)
Viveiro: 5 (0'0163)
Ribadeo: 2 (0'0109)
Mondoñedo: 1 (0'0102)
Ribadavia: 1 (0'0091)
Outes: 1 (0'0061)
Xinzo de Limia: 1 (0'0052)
A Coruña: 21 (0'0043)
Fene: 1 (0'0034)
Noia: 1 (0'0034)
Pontevedra: 5 (0'0032)
Santiago: 5 (0'0027)
Ames: 1 (0'0025)
Culleredo: 1 (0'0021)
Vigo: 5 (0'0009)
Ferrol: 1 (0'0006)

TOTAL GALIZA: 344 (0'0126%)
Responder