Apelido galego do que só atopamos unha persoa nas guias de teléfonos de Galiza, no concello do Pino. A GEG di que se trata dunha liñaxe galega que ten a sua orixe en Xenaro Ponce de León, Señor de Calvache, cuxos descendentes tomaron o nome do señorío por apelido. Levaron como brasón:
1. En ouro, unha ponte de sinople, sumado por un guerreiro xinete nun cabalo branco, no xefe unha rodela de goles cargada dunha coroa imperial de ouro.
2. En ouro, unha ponte de sinople, sumado por un guerreiro xinete nun cabalo branco, no xefe unha rodela de goles perfilada de ouro. (Padre Crespo "Blasones y Linajes de Galicia")