Página 1 de 1

Pastoriza

Publicado: 25 Ene 2006, 17:57
por Sic-ario
PASTORIZA

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica, do lugar de PASTORIZA parroquia de Santa María de Ardan no concello de Marín (Pontevedra) e do lugar de PASTORIZA parroquia de Santa María de Pastoriza no concello de ARTEIXO ( A Coruña).

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 979 persoas, a maioría nos concellos de Bueu, Moaña, Cangas e Marín.
- Provincia de A Coruña atopamos case 368 persoas, nos concellos de Santa Coma, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Ponteceso, Carballo e Vimianzo.
A presencia do apelido PASTORIZA nas provincias de Lugo e Ourense é insignificante no excedendo da ducia de persoas en cada provincia.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Guipúscoa, Huelva, Cádiz, Madrid, Las Palmas, Barcelona, etc. Un total de 1631 persoas atopamos co apelido PASTORIZA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel atopamos en Pontevedra 484 aboados, A Coruña 177, etc. Un total de 817 aboados atopamos con PASTORIZA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Atopamos os seguintes lugares coa grafía PASTORIZA
no concello de MARÍN (Pontevedra) na parroquia de Ardán (Santa María)
no concello de VILA DE CRUCES (Pontevedra) na parroquia de Brandariz (San Miguel)
no concello de FONSAGRADA, A (Lugo) na parroquia de Bruicedo (Santiago)
no concello de VILA DE CRUCES (Pontevedra) na parroquia de Carbia (San Xoán)
no concello de LOUSAME (A Coruña) na parroquia de Lousame (San Xoán)
no concello de ABEGONDO (A Coruña) na parroquia de Mabegondo (San Tirso)
no concello de RIBADEO (Lugo) na parroquia de Ove (San Xoán)
no concello de PASTORIZA, A (Lugo) na parroquia de Pastoriza (O Salvador)
no concello de ARTEIXO (A Coruña) na parroquia de Pastoriza (Santa María)
no concello de MAÑÓN (A Coruña) na parroquia de Ribeiras do Sor, As (San Cristovo)
no concello de NOIA (A Coruña) na parroquia de Roo (Santa María)
no concello de SOMOZAS, AS (A Coruña) na parroquia de Somozas, As (Santiago Seré)
no concello de RIANXO (A Coruña) na parroquia de Taragoña (San Salvador)
tamén aparecen lugares coas grafías PASTORIZA A NOVA, PASTORIZA A VELLA, e A CRUZ DE PASTORIZA.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
1.- ANDRÉS DE ANDRADE CON PEDRO DE PASTORIZA. AUTO ORDINARIO SOBRE EL SOTO DE CASTAÑOS DA FILGUEIRA, EN LA FELIGRESÍA DE VILLADABAD. ANO DE 1721.

2.- ARES PÉREZ DE RUÍZ VENDE A GONZALO LÓPEZ DOZÓN O CASAL DE PASTORIZA, NA FREGRESÍA DE SAN SALVADOR DE TARAGOÑA, TERRA DE POSTOMARCOS, POR PREZO DE 400 MARAVEDÍS DE MOEDA BRANCA. ANO DE 1371.

3.- AUTOS DE LA COMISIÓN EJECUTIVA DADA A PETICIÓN DE FRANCISCO MARTELO, VECINO DE LA CORUÑA, ARRENDATARIO DEL VOTO EN SAN CRISTÓBAL DAS VIÑAS, SANTA MARÍA DE PASTORIZA, Y LAS PARROQUIAS DE SAN NICOLÁS Y SAN JORGE DE CORUÑA, CON LOS VECINOS, SOBRE EJECUCIÓN. ANO DE 1620 A 1812.

4.- AUTOS DE LA COMISIÓN EJECUTIVA DADA A PETICIÓN DE PEDRO VARELA Y OTROS EN EL PLEITO CON DON SEBASTIÁN VALCÁRCEL Y ARMESTO, ARRENDATARIO DE LAS RENTAS DE SINECURA DE SAN CRISTÓBAL DE VIÑAS, SANTA MARÍA DE PASTORIZA Y SAN PEDRO DE VISMA, SOBRE RELEVO DE FIANZAS Y EJECUCIÓN. ANO DE 1620 A 1812.

5.- SUBFONDO DA CASA DE AIÁN. ANO DE 1579.

6.- SUBFONDO DA CASA DE ANCEIS. ANO DE 1529.

7.- SUBFONDO DA CASA DE PRIEGUE. ANO DE 1551.

8.- SUBFONDO DA CASA DE XAZ. ANO DE 1539.

9.- COFRADÍA DE ÁNIMAS DE LA CORUÑA Y BENITO PENAS GUERRA DE ANDRADE, SU MAYORDOMO, CON DOÑA MARÍA ÁLVAREZ BECERRA Y OTROS. AUTO ORDINARIO SOBRE LA LEIRA DAS AGUAZAS EN PASTORIZA. ANO DE 1757.

Ase ata un total de 83 documentos.

DOCUMENTOS do ARQUIVO XERAL DE INDIAS:
1.- AUTOS SOBRE LOS BIENES DE JUAN ANTONIO PASTORIZA, NATURAL DE LA FELIGRESÍA DE SANTO TOMÉ DE PIÑEIRO (GALICIA), HIJO DE JUAN PASTORIZA Y MARÍA DE LA GRAÑA. FALLECIÓ EN CÁDIZ, SIN TESTAMENTO. HEREDERO: SU PADRE. ANO DE 1697.

2.- AUTOS SOBRE LOS BIENES DE PEDRO PASTORIZA, NATURAL DE SAN PEDRO DE DOMAYO, HIJO DE JUAN DE PASTORIZA Y DE ALBERTA DEL ROSAL, DIFUNTO EN COSAMALOAPAN, EN NUEVA ESPAÑA. HEREDERO: SU PADRE. ANO DE 1784.

3.- AUTOS SOBRE LOS BIENES DE DOMINGO JOSÉ SUÁREZ, NATURAL DE LA CORUÑA, VECINO DE CÁDIZ, HIJO DE ROQUE JACINTO SUÁREZ Y DE MARÍA SUÁREZ DE ANAYA, DIFUNTO EN SANTIAGO DE GUATEMALA. HEREDERAS: BLANCA PASTORIZA, ESPOSA, Y MARÍA GERTRUDIS SUÁREZ PASTORIZA, HIJA. ANO DE 1739.

4.- EXPEDIENTE DE INFORMACIÓN Y LICENCIA DE PASAJERO A INDIAS DE ALBERTO PASTORIZA, MERCADER, VECINO DE CÁDIZ, CON SU CRIADO ESTEBAN DE ALCOCER, NATURAL DE QUITO, A CARTAGENA DE INDIAS. ANO DE 1764.

5.- BENITO PEREIRA, NATURAL DE SAN MARTINO DE MOAÑA, SOLTERO, HIJO DE GREGORIO PEREIRA Y DE MAYOR DE PASTORIZA, AL PERÚ COMO CRIADO DE D. JUAN DE LA CELDA. INFORMACIÓN Y LICENCIA EN CONTRATACION,5350,N.1. ANO DE 1617.

6.- DON JOSE DE SAN MARTIN, NATURAL DE PONTEVEDRA, SOLTERO, HIJO DE D. JUAN DE SAN MARTÍN Y DE DOÑA ANA PASTORIZA, A NUEVA ESPAÑA POR FACTOR. ANO DE 1687.

Hai mais documentos.

DOCUMENTOS do ARQUIVO DE SIMANCAS:
1.- CONCESIÓN DE PENSIONES DE VIUDEDAD A MARÍA MERCEDES GUTIÉRREZ Y SALAREGUI Y A MARÍA PASTORIZA POZO, VIUDAS DEL CORONEL EDUARDO DE CÁCERES Y DEL TENIENTE CORONEL ALONSO PÉREZ DE PALACIOS, RESPECTIVAMENTE. FOL. 247-256. ANO DE 1798.

Hai mais documentos.

DOCUMENTOS do ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
1.- PLEITO DE BARTOLOMÉ PITA MONTENEGRO, VECINO DE LA FELIGRESÍA DE SAN SALVADOR DE PASTORIZA, JURISDICCIÓN DE VILLANUEVA LORENZANA (LUGO). ANO DE 1754.

Hai mais documentos.

Fontes e Bibliografía : Páginas-Blancas de España, Infobel España (Guía Telefónica), Telecom de Portugal (apelidos paternos e maternos), Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Xeral de Indias, Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, AER (Archivos Españoles en Red), Diccionario Xerais, Diccionario Cumio da Lingua Galega, GEG (Gran Enciclopedia Galega) e outras.

Pastoriza

Publicado: 25 Ene 2006, 19:29
por Sic-ario
O apelido PASTORIZA foi engadido neste foro o dia 23 de Xuño de 2005, estes foron os comentarios dos foreiros dende esa data

capoj dixo:
El nombre de Pastoriza es una advocación de la virgen (La Divina Pastora, La Pastora, La pastoriza) que posteriormente dió nombre al lugar donde se enclava una iglesia o capilla consagrada a esa advocación.

Es un toponímico derivado del culto a la virgen. Todos los lugares que conozco con este nombre tienen esta vinculación con la Virgen.
milleiro dixo:
A orixe deste apelido deste apelido é claramente toponímica, tendo unha das suas orixes no concello de Marín.
maviac dixo:
Completando o dito por Milleiro, Pastoriza significa lugar de pasto, é absolutamente transparente. O dito por outro sobre advocacións da virxe con ese nome explícase á inversa: o lugar deu nome a advocación da virxe.
meiga dixo:
Hola a todos
En mis investigaciones tengo un amplio desarrollo de descendientes de Pedro Pastoriza, nacido aprox. 1820, casado con Teresa Martínez.
Tuvieron por hijos a Peregrina (1845), Carmen (c.1851), Irene (c.1857), Manuela, Manuel y Jose.
Si hay alguien interesado puedo ampliar datos.
Un saludo, Ana
capoj dixo:
El el suplemento SABADO del FARO DE VIGO del dia 23/07/2005, sale publicado un artículo de X.L. MENDEZ FERRIN sobre el apellido PASTORIZA, que transcribo a continuación:
"Pastoriza
Manuel Pastoriza e Salvador Rodríguez Pastoriza, ambos de Bueu, pensan que o seu apelido é propio do Morrazo. E pode selo porque coñecemos un lugar Pastoriza en Ardán, concello de Marín.
Pro hai outros moitos lugares en Galicia ditos Pastoriza, incluído un Municipio na provincia de Lugo. Estes lugares chámanse así xa que alí hai ou houbo culto a unha Nosa Señora da Pastoriza porque a atopou unha meniña que andaba coas vacas ou coa avenza e a imaxe gasta sombreiro e caxata, insignias do mester bucólico ou pastoral. O prototipo de tal Pastoriza está no santuario que hai en Arteixo, punto central (quizais)
de todas as Pastorizas, incluída a de Compostela. Dada a supervivencia
de rituais pagáns líticos no santuario de Arteixo e a antigüidade da imaxe que aló veneran, cabe deducir que as Virxes da Pastoriza galegas non teñen nada que ver coa Divina Pastora, culto sevillano posto de moda no
século XVIII. Digamos que a Pastoriza é tamén Virxe dos mariñeiros,
cuxo culto é suplantado hogano con frecuencia pola do Carme, Patrona da Mariña de Guerra Española.
De aí a cántiga: “A Virxe
da Pastoriza/ tén un navío no
mar./ Quen llo deu?/ Quen llo
daría?/ Quen llo deu puídollo
dar”. Ah, o paxariño belido cuxo
nome científico é Motacilla
alba e que recibe en moitas
partes o vulgar de lavandeira,
tamén é chamado pastoritiña
ou pastoriza noutras áreas léxicas
do País."

El suplemento se puede descargar en la página http://www.farodevigo.es