Picallo / Picayo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Picallo / Picayo

Mensaje por Pousada »

PICALLO / PICAYO

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA (abonados ao servizo telefónico)

Grafía Picallo

Provincia de A Coruña: 177 abonados.
Provincia de Lugo: 4 abonados.
Provincia de Ourense: 3 abonados.
Provincia de Pontevedra: 95 abonados.

Grafía Picayo

Provincia de A Coruña: 6 abonados.
Provincia de Lugo: 0 abonados.
Provincia de Ourense: 0 abonados.
Provincia de Pontevedra: 2 abonados.

SIGNIFICADO

Moi probablemente, as orixes deste apelido podémolas pesquisar ata Boloña (cidade italiana que é capital da provincia e da rexión Emilia Romagna, limítrofe con Módena e Florencia). Na variante dialectal do italiano que se fala nesta comarca, o boloñés, existe o termo “picaglio”, que conta con varias acepcións: a) nome do pasador que fecha a porta dunha máquina; b) adxectivo que aplica sobre aquela persoa da cal o falante tén unha escasa consideración; c) fanfarrón.
Isto explicaría a abundancia de persoas apelidadas Picaglio na península itálica e tamén no país francés. Porén, existe unha segunda teoría que apunta cara un topónimo máis próximo ás terras galegas, neste caso, atendendo á grafía Picayo (unha rara avis, por certo), como tamén aparece transcrito este apelido en certas ocasións. Trátase da poboación asturiana Pando Picayo (Pandu Picayu), sita no Concello de Oviedo, a tan só 18 km. do centro da capital do Principado de Asturas. Para máis datos sobre esta entidade poboacional pódese consultar a seguinte páxina web:

http://www.vivirasturias.com/asturias/t ... index.html

O topónimo asturiano Picayu provén da nomenclatura do punto máis elevado desta poboación, o monte "El Picayu" (708 m.), que en bable equivale ao termo picacho do castelán: "punta o pico agudo que tienen algunos montes y riscos". Precisamente, esta é a acepción que poderiamos dar por correcta ao considerar o simbolismo do seu escudo armeiro.

TOPÓNIMOS

Non existen baixo a grafía Picallo, pero no tocante a Picayo, na xeografía española existen outras poboacións con esta nomenclatura máis aló do antedito Pando Picayo (Asturias)

1.- Los Picayos (unidade poboacional do municipio de Rionansa, en Cantabria).
2.- El Picayo (poboacion do Concello de Sagunto, en València)

HERÁLDICA

En gules, un monte de ouro, sumado dunha flor de lis do mesmo metal.

PERSOEIROS DE RENOME

Entre os membros máis iluestres desta familia atópase o xornalista e político Ramón Suárez Picallo (Sada, 1894- Bos Aires, 1964), deputado en cortes en representación da provincia de A Coruña durante a Segunda República. (Entre os datos xenealóxicos recabados ao respecto deste persoeiro apuntar que tivo un irmán chamado Xoán Antón Suárez Picallo e un sobriño alcumado Moncho Suárez) A seguinte web recolle os datos máis importantes da súa biografía:

http://www.galizacig.com/actualidade/20 ... racion.htm

Salientar que tamén pertece aos Picallo de Galicia a coñecida actriz e presentadora ferrolá Paula Vázquez (Ferrol, 26-XI-1974). (Entre os datos xenealóxicos recabados ao respecto deste persoeiro apuntar que os seus pais son José Ramón Vázquez Pérez, nado o 13 de xullo de 1947 en Ferrol e máis Marifé Picallo Sanjurjo. Tén un irmán que se chama José María Vázquez Picallo). A seguinte web é a súa páxina oficial:

http://www.paulavazquez.com/

DOCUMENTACIÓN REFERIDA A ESTA FAMILIA

No arquivo histórico da Universidade de Santiago de Compostela constan os expedentes académicos de:

a) Enrique Gómez Picallo (1948-1949), alumno de practicantes
b) Leonardo Picallo Quinita (1901-1908), alumno de medicina
c) Aurelio Barro Picallo (1921-1923), alumno de practicantes
d) Celestino Barro Picallo (1925-1926), alumno de practicantes
e) Ramón Suárez Picallo (1932-1935), alumno de dereito.

Na área da visita de escolas, tamén consta a presencia dun Manuel Picallo Varela como mestre da Escola Pública Elemental Incompleta de nenos de Rubín (O Foxo), o 7-X-1878. Anos máis tarde, esta visita se repite, comprobándose tamén a presenza do mestre Manuel Picallo, a 16 de marzo de 1882.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mariano Piñeiro Picallo

Mensaje por serba »

(A Graña, 10-12-1916)

HACE CIEN AÑOS

Han quedado demostradas, de una manera evidente, las grandísimas simpatías con que contaba en vida el antiguo diputado provincial D. Mariano Piñeiro Picallo, con motivo de su entierro. Nunca se ha visto en la Graña tanta afluencia de gente.


http://www.diariodeferrol.com/estaticas/hace100.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

D. Miguel Picallo Ruza

Mensaje por serba »

(9 de abril de 1917)
Hace 100 años

Ha sido grandiosa la manifestación de duelo tributada ayer a la memoria del que en vida fué capitán de Infantería de Marina, retirado, y exalcalde de Mugardos D. Miguel Picallo Ruza, fallecido el jueves último, con motivo de la conducción de sus restos mortales a la necrópolis de aquella villa... Recogían los cordones los capitanes de Infantería de Marína retirados D. Ildefonso Pino Ruiz y D. Francisco López Lago; el oficial del mismo cuerpo de la escala de reserva don Roque Abella Ceniza y el capitán de Infantería retirado D. Manuel Vila.

http://www.diariodeferrol.com/estaticas/hace100.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder