A Eira da Xoana lembra ás vítimas da represión franquista

Todo sobor da Guerra Civil en Galicia
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Eira da Xoana lembra ás vítimas da represión franquista

Mensaje por serba »

A.V.
A Eira da Xoana http://eiradaxoana.blogaliza.org realizará o vindeiro 9 de agosto un acto aberto de homenaxe ás vítimas da represión franquista. Terá lugar en Ramil (Agolada). No programa contémplase un xantar de confraternidade e unha ofrenda floral no monolito inuagurado en 2012 en memoria “das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”. Entre as persoas intervintes está o historiador Uxío-Breogán Diéguez, así como a música de Mini e Mero.
O monolito foi inaugurado en 2012 durante a cerimonia de homenaxe aos e ás represaliadas. Os actos comezaran en , no Concello de Palas, lugar onde apareceron os cadáveres de Sixto Aguirre e Camilo Díaz, asasinados polos fascistas. A continuación visitaran Toques, para unha homenaxe aos guerrilleiros O Curuxás e O Ferroviario. O ramo da xornada púxoa na propia Eira de Xoana a inauguración do monolito.
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/me ... 29551.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder