O Acevo -A Fonsagrada-, homenaje a los 13 fusilados
Publicado: 27 Oct 2012, 16:23
Pertenecían al Batallón Galicia.
http://www.cronica3.com/2012/10/a-funda ... -do-acebo/Un centenar de persoas chegadas de toda Galicia, Asturias, Madrid, EE.UU., e mesmo de Xapón, deuse cita ás once da mañá no Museo Comarcal da Fonsagrada para partir cara O Acebo. O inicio da homenaxe estaba previsto para as doce, coa intervención do Alcalde da Fonsagrada, familiares, amigos, veciños, testemuñas e investigadores, que levaron unha presiña de pedras dun lugar que sexa significativo para eles, e que colocarán xuntas para facer un milladoiro conmemorativo. No lugar no que estiveron soterradas máis de 70 anos, descendentes das vítimas do Acebo procederán ó descubrimento dunha placa. Posteriormente, a comitiva trasladarase ó cemiterio da Fonsagrada, onde no ano 2009 recibiron sepultura os restos do comandante Moreno e os seus homes. No camposanto, terá lugar unha ofrenda floral coa lectura de poemas e un concerto de trompa.