Familia Valladares (San Vicente de Berres-A Estrada)

Procuras de familiares
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Familia Valladares (San Vicente de Berres-A Estrada)

Mensaje por Milleiro »

Xenealoxia de Marcial Valladares, poeta galego

I XERACIÓN
- Xosé Dionisio Valladares Gómez (1787-1864), licenciado, e de María Concepción Núñez Morciego, naturais de Berres. Foi colaborador de Fontán no Mapa de Galicia e do Diccionario histórico-estadístico de Pascual Madoz.

II XERACIÓN
- Avelina Valladares Núñez, escritora, 1825-1902.
- Marcial Ramón Xosé María do Pilar Valladares Núñez naceu no lugar de Vilancosta parroquia de San Vicente de Berres concello de Estrada o 14 de xuño de 1821, día no que tamén foi bautizado, e faleceu no mesmo lugar o 20 de maio de 1903. Foi soterrado o día 22 no adro detrás da igrexa no panteón familiar. Solteiro.
- Serxio Valladares Núñez, 1823-1855.

Documentación:
1. Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P. 2000
2. Biblioteca Galega, da Voz de Galicia


NOTA: Os Valladares é un dos clans con máis avoengo de Galicia, unha das familias fidalgas máis cultas da nosa terra. A través das "Memorias de Familia", autobiografía inédita de Marcial Valladares, achegámonos á súa familia.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Valladares

Mensaje por serba »

En el testamento de D. Pedro Vázquez de Valladares, datado en 1475, se ordena que en su entierro "arrastren os meus pendoes pintados das armas de Meyra, Valadares e Camba"... (Pg 33)

Como se ve, la concentración de apellidos y linajes es ya muy crecido para aquella fecha. En efecto, D. Pedro Vázquez de Valladares heredaba directamente, como hijo y heredero de la citada Dª Sancha de Lobeira, los apellidos de los Sarmientos de Sobroso, de los Mariños de Lobera y de los Valladares, a los que podía sumar los de Meira-Churruchao. (Nota 83)

Fuente: Recuento de las Casas antiguas del Reino de Galicia (Vasco de Aponte).
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Familia Valladares (San Vicente de Berres-A Estrada)

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
José Manuel Bértolo
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 61
Registrado: 21 Oct 2012, 20:43

Re: Familia Valladares (San Vicente de Berres-A Estrada)

Mensaje por José Manuel Bértolo »

Vexo que se une a familia do escritor Marcial Valladares Núñez coa familia dos marqueses de Valladares. Pero a realidade é distinta. Os Valladares de Vilancosta teñen unha orixe máis humilde.
Os Valladares arrancan do lugar de Valadares na parroquia forcaricense de Meabía. Desde alí pasou -pouco antes de 1650- á casa da Somoza de Olives, onde Jácome Valladares, fillo de Andrés de Valladares veciño de Meabía, casou “a troco” con Inés da Somoza, tendo varios fillos. Un chamábase Alonso Valladares, señor da casa da Nugalla ou de Recarei en Curantes, pois foi o avó de Benita Pazos Valladares que casou con José Recarei Bérmudez. Outro fillo de Jácome foi Fernando Valladares, que casado con Froilana del Río e Rozas, sobriña do cura de Grava, foron os pais de Pascual Valladares. Dito Pascual casou Manuela Gómez de Castro, filla de Baltasar e de Teresa Torrente, donos do pazo de Xerliz. O seu fillo Bernardo Valladares, casado con María Gómez Fernández, que tiña as súas raíces en terras do Deza e de Trasdeza, foi o pai de José Dionisio Valladares e polo tanto era o avó de Marcial Valladares Núñez.
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 640
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: Familia Valladares (San Vicente de Berres-A Estrada)

Mensaje por Breo-jan »

Serba.¿Qué dices?Ese es otro y dudo que se llamara Vázquez.Hijo de Dª.Sancha fue Pedro Álvarez Marino de(Lobera y)Valladares,señor de la Sierra,y no llevaba el apellido de los Sarmientos de Sobroso por ningún lado.Era hijo de García Martíz de Barbeira y Dª. Sancha y nieto materno de Payo Mariño y Dª.Elvira de Valladares,hija de Pedro Álvarez de Valladares(hijo de los señores de Valladares y Sajamonde,aunque no de la Casa de Meira,tampoco,pues el enlace de los señores de Valladares y Sajamonde con la Casa de Meira es posterior.Descendientes de Dª.Sancha de Valladares también se titulaban señores de Sajamonde,como los antepasados de los condes de San Román y marqueses de San Román,descendientes y herederos del hermano de Pedro Álvarez de Valladares.
José Manuel Bértolo
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 61
Registrado: 21 Oct 2012, 20:43

Re: Familia Valladares (San Vicente de Berres-A Estrada)

Mensaje por José Manuel Bértolo »

Para ampliar algo máis este asunto, copio aquí o artigo que Luis Ferro e máis eu presentamos na revista Capicúa:

CASA DE VILANCOSTA. BERRES
Todo o mundo sabe que o Día das Letras Galegas de 1970 se lle dedicou a Marcial Valladares Núñez, que naceu na casa familiar de Vilancosta (Berres). Porén a súa casa natal non pertencía nas súas orixes nin aos Valladares nin aos Núñez. Pertencía aos Gómez Ribadulla, que tiñan un escudo de armas que se compuña de “una encomienda de S. Juan, cinco cabezas de lobos negros en campo de plata y tres flores de lis”. Será unha neta de Francisco Gómez de Ribadulla e de Ana Besteiro, chamada Manuela Gómez de Pazos, quen enlaza cos NÚÑEZ, máis concretamente con Manuel Núñez Valcarce.
Os Núñez procedían de Ponte-Sarandón en Ribeira. Manuel Núñez Valcarce, nacido o 17 de decembro de 1714, era fillo de Benito Núñez Monteagudo, escribán e señor dunha casa que estaba a carón do pazo de San Bieito ou casa dos Araújo, e de Benita Valcarce Miranda e Campelo de Castro, da mencionada casa dos Araújo. (Véxase a Casa de Araújo na revista Nalgures)
Ditos Manuel Núñez e Manuela Gómez foron os pais de Miguel Núñez que casou con Francisca Arén Losada, filla de José Arén e de Mariana Gómez Gundín, familias ámbalas dúas de escribáns con raíces en Covas e Castrelos en terras de Montes. Fillo de Miguel foi José Nuñez que casou en Santiago con Teresa Morciego, natural de Medina de Rioseco (Valladolid) tendo por filla a Mª Concepción Núñez que casou con José Dionisio VALLADARES, os pais de Marcial.
Os Valladares arrancan do lugar de Valadares na parroquia forcaricense de Meabía. Desde alí pasou á casa da Somoza de Olives, onde Jácome Valladares, fillo de Andrés de Valladares veciño de Meabía, casou “a troco” con Inés da Somoza, tendo varios fillos. Un chamábase Alonso Valladares, señor da casa da Nugalla ou de Recarei en Curantes, pois foi o avó de Benita Pazos Valladares que casou con José Recarei Bérmudez. Outro fillo de Jácome foi Fernando Valladares, que casado con Froilana del Río e Rozas, sobriña do cura de Grava, foron os pais de Pascual Valladares. Dito Pascual casou Manuela Gómez de Castro, filla de Baltasar e de Teresa Torrente, donos do pazo de Xerliz. O seu fillo Bernardo Valladares, casado con María Gómez Fernández, que tiña as súas raíces en terras do Deza e de Trasdeza, foi o pai de José Dionisio Valladares e polo tanto o avó de Marcial Valladares Núñez.
Temos pois que José Dionisio Valladares Gómez, nacido o 23 de xuño de 1787 en Santa María de Graba (Silleda), que se distinguiu na guerra da Independencia conseguindo nove medallas e que foi avogado, casou con Mª Concepción Núñez, asentándose en Vilancosta. Alí naceron Marcial e os seus irmáns Jacoba, Sergio, Avelina, Luisa, Segunda e Isabel.
Marcial (Vilancosta, 14/06/1821-19/05/1903) foi licenciado en Dereito en Santiago, exerceu en moitos cargos públicos, pero sobre todo foi poeta, novelista e lexicógrafo, un dos precursores do Rexurdimento da literatura galega, autor entre outras obras dun Diccionario Gallego-Castellano e da primeira novela moderna en galego, Maxina, ou a filla espúrea.
Algúns dos outros vástagos de José Dioniso tamén enlazaron con familias de avoengo da bisbarra. Así, por exemplo, Luisa casou con Bernardo Espinosa Salgado, nacido en Escuadro en 1829, fillo de Benito Fernández Espinosa do pazo de Cascaxide e de María Salgado Vaamonde, do pazo de Soutolongo (Lalín). Fillo de Luisa e Bernardo foi Laurentino Espinosa Valladares, que foi alcalde A Estrada e que casou en Callobre o 26 de xullo de 1883 con Concepción Cervela Malvar, do pazo de Valiñas.
Outras das irmás de Marcial, Isabel, casou con Ángel Velón Taboada, do pazo de Santiso (Lalín); e Jacoba con Antonio Blanco Vázquez, sendo pais de Socorro quen casou con Ricardo Luces Miranda, enlazando así de novo coa casa de Araújo en Ribeira.
Pero se o que queres é saber máis sobre Marcial Valladares, o mellor é que leas as súas “Memorias de Familia” no Museo de A Estrada, onde se conserva unha fotocopia.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Sobre Avelina Valladares

Mensaje por serba »

Sobre Avelina Valladares:
Silvia Pampín | A Estrada

A cantora da Ulla, nacida en Vilancosta, Avelina Valladares... fue "una de las primeras escritoras que publica artículos de opinión en la prensa escrita" y que "empleó el gallego como lengua de algunos de sus poemas" además de ser "hermana del también escritor Marcial Valladares" a quien se le dedicó el Día das Letras Galegas en 1970". Recuerda que Xosé Luna Sanmartín rescató su figura en el libro Ond'o sol facheaba o amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares...

http://www.farodevigo.es/portada-deza-t ... 27525.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

‘Avelina Valladares, unha muller do tempo dos Precursores' (Roteiro literario)

Mensaje por serba »

http://depo.gal/web/edepo/-/noticia-a-f ... -a-estrada

O percorrido do roteiro literario iniciarase na igrexa de Berres, onde foi bautizada Avelina Valladares... para continuar polo camposanto onde están enterrados varios membros da familia, ata chegar ao Casal de Vilán de Costa...
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
donisgc49
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 15 Abr 2023, 13:01

Re: Familia Valladares (San Vicente de Berres-A Estrada)

Mensaje por donisgc49 »

como podria saber sobre mi bisabuela rosa valladares que nacio en el 1888 vino a cuba junto con su hermana eulogia valladares
Responder