Os MARIÑO, en campo de prata, tres fajas ondeadas de azur (azul).
Os CORREA, en campo de prata, unha aguia de sable, voante, picada e membrada, cun escudete de gules e os escaques dos Soutomaior e as tres correas dos Correa.
Os LAMAS, en campo de azur un castelo de ouro e un xinete na porta e lebreiro a súa dereita.
Os CASTRO, en campo de prata, seis roeis de azur postos de dous en dous.
Os VALADARES, escudo partido, primeiro en campo de azur un león de prata armado de gules, e segundo un cuadriculado de prata e gules.
Os CARBALLIDO, en campo de azur un brazo armado de prata empuñando unha árbore, un carballo, con dúas estrelas de seis chispas. E tamén a estas armas engaden tres ondas e seis lanzas que nacen doutras tantas follas de figueira. -p. 42-
(Escudos: Os dous edificios nucleares do Pazo coas súas portadas brasonadas, -dous en concreto-. Portalón principal o norte, relevo de S. Antón e escudo. O brasón coas armas dos CAAMAÑO, só na torre, có seu nome "CAMAÑO" (escrito con una sola 'a'). Escudo ovalado con sete particións na porta da bodega).
* D. MARTIÑO BECERRA DE CAAMAÑO, fundador de Nebra -testou en 1551, p. 61-, era nieto del también llamado MARTIÑO BECERRA DE CAAMAÑO, hijo de:
-
D. RUI FERNÁNDEZ DE CAAMAÑAO, c.c.
-
D.ª INÉS FERNÁNDEZ DE SILVA Y FAJARDO (también mencionada en la p.55: 'Inés Fernández Fajardo')
Y hermano de
GARCÍA DE CAAMAÑO, EL VIEJO, fundador de VILAGARCÍA. -p.52-
Del abuelo Martiño, hay un documento de 1462.
--------------------------------------------------------------------------------------
- DATOS PARA COMPLETAR INFORMACIÓN, DE GRAN INTERÉS -
- Desde a súa primitiva mansión partiron os CAAMAÑO a fundar casas e pazos por toda Galicia centro-occidental. En NOIA tiveron gran enraizamento. En Rubiáas, Vilagarcía -fundada por
GARCÍA CAAMAÑO-, consultar:
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... ent&id=812
Este García Caamaño era irmán do avó do fundador do morgado de Nebra.
Fundan tamén en Rianxo, Baión (Cambados), Lantaño (Caldas de Reis), Nebra (preto de Noia), Lebozán (Lalín), Santiago de Lampón (Boiro), Romelle (Zas), Ferrol, e outros lugares. Unha rama fiel á heráldica primitiva da familia pasou a Santa María de Leiloio (Malpica)... Guayaquil (Ecuador). -ps: 46 y 47-
- A partir do século XIII os devanceiros do fundador do morgado de Nebra, os CAAMAÑO de Santa María de Caamaño, preto do Son, comezaron a recibir feudos e beneficios dos prelados de Compostela. Na centuria seguinte obtiveron amplos forais do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, preto de Noia, e que eles fundaron... -p. 14-
- A partición de bens efectuada en 1462 entre os dous fillos varóns de D. RUI FERNÁNDEZ DE CAAMAÑO, co lote de herdades que lle corresponden ó primoxénito Martiño Becerra Caamaño, o seu neto, de igual nome e igual apelidos, funda no lugar de
CARANTOÑA, freguesía de Santa María de Nebra, un morgado por Real Cédula de D. CARLOS I, en 1524. -p. 24-
- Estes CAAMAÑO procedían das da antiga Casa de Santa María de Caamaño, pero en NEBRA tamén asentara unha rama dos BECERRA, liñaxe orixinaria de Navia de Suarna, Lugo... O topónimo NEBRA formou parte dos apelidos dun Becerra da Casa Grande de San Román en Encrobas, en Ordes, e que desempeñou os cargos de Capitán das milicias e de Rexedor en Compostela... -p. 16-
- O Martín (Martiño) Becerra da partición de bens ten un fillo chamado tamén D. MARTÍN BECERRA, que do seu matrimonio c.
D.ª CLARA GARCÍA DE LENS, tivo a outro D. MARTÍN BECERRA, o cal c. c.
D.ª MARÍA OANES PREGO, e fundan o morgado. - p. 58, nota 34-
- Era
D.ª María Oans (Oanes) Prego, irmá de
D. GONZALO PREGO DE MONTAOS, Señor de Montaos -padre de D. García Prego de Montaos-, e do famoso coengo noiés,
D. VASCO PREGO... Dona María quedara viúva do rico propietario de Noia, D. Antonio Gómez, Rexedor de Muros e administrador do Hospital da vila de Noia). -p. 59-
[Aparece en la p. 157 una posible familiar de Dona María: Rosa Oáns, esposa de Xácome Garcia].
- Volviendo a la IV generación:
D.ª Constanza Romero Soutomaior era da familia fidalga
ROMERO DACOSTA, que tiña a súa casa orixinaria en
ORELLÁN. -p. 62-
- V Señores do PAZO DE NEBRA
- D.ª Antonia Sarmiento Valadares Ozores, -muller de D. Juan de Caamaño Soutomaior- era irmá de
D. FERNANDO VALADARES 2º Vizconde de Fefiñáns (que testou en 1668). -p. 95-
- VII Señor de Nebra
D. Juan Antonio Caamaño Mosquera Soutomaior, morreu solteiro e sen sucesión os dezaoito anos, en
1701, gozara un ano do morgado, despois da morte do seú avó. A súa irmá segundoxénita,
D.ª MARÍA TOMASA (ou Josefa) CAAMAÑO MOSQUERA SOUTOMAIOR, foi a oitava Señora de Nebra. Ela e D. Francisco de Lamas Carballido Ozores Correa Castro e Soutomaior, foron Señores de Nebra, Zas, do Couto de Anllóns e outras casas... -p. 63-.
- X Señor de Nebra
D. Joaquín de Lamas Soutomaior Caamaño, morreu no seu Pazo de Noia, o 3/3/
1803, p. 66... Sin herdeiro en primeiro grado, polo que hubo varios pleitos... pasando finalmente a seu sobriño D. Juan José Caamaño Pardo Gayoso Copeiro, Cabaleiro da Orde de Malta e
SEÑOR DE GOIÁNS -p. 76-.
Ostentaba en
1764 cargo de Caudillo da Ría de Noia e
Señor do Castelo de Orseño. -p. 31-.
En un manuscrito de 1798, D. Joaquín afora o Pazo de Nebra a
Rosendo de Loxo, para preservalo da ruina -Era Rosendo de Perceboi, freguesía de Santa María de Nebra-, p. 22. (*)
- En
GOIÁNS, aldea da parroquia de Santiago de Lampón (Concello de Boiro), consérvase o
PAZO DE GOIÁNS, Casa señorial e fortaleza con planta en ángulo recto, como a de o Pazo dos Caamaño de Nebra... restaurado por Domingo de Andrade no século XVII, pertencía a comezos do século XIX a
D. JUAN JOSÉ CAAMAÑO, da rama dos
Caamaño de Romelle, preto de Zas, e que á morte de seu tío
D. JOAQUÍN DE LAMAS SOUTOMAIOR sen descendencia, herda tódolos bens dos CAAMAÑO, e polo tanto a CASA DE NEBRA. Se ten ós FANDIÑOS e MARIÑOS como primeiros Señores da Casa de Goiáns, sobre a que funda un vínculo de morgado
D. MARÍN FANDIÑO, en
1552.
Os seus descendentes fan conexións cos Caamaño. Así a esposa do 2º Señor de Nebra, D.ª María Álvarez de Soutomaior, filla dos da Casa de Goiáns... Un Mariño casou a finais do século XVI con D.ª Aldonza de Caamaño, filla de D. García de Caamaño, Señor de Nebra. A neta daquela será a esposa de D. Juan Antonio Caamaño, Señor de Romelle, da
CASA DOS CAAMAÑO DE XALLAS, cara a 1742. -ps: 159 y 160-.
-Destruído o máis antigo casal de Santa María de Caamaño e remodelados e transformados a case totalidade dos pazos da antiga e extensa liñaxe dos CAAMAÑO, o casal de Nebra (Concello de Porto de Son) pode se-lo pazo máis antigo que se conserva dos deste apelido -p.160-.
(*)= En un documento del 20/10/1746, ante el escribano José Santiso, hace constar los apellidos:
Joaquín Francisco de Lamas, Soutomaior, Haro, Caamaño, Correa, Ozores, Silva, Mariño, Figueroa, Romero Da Costa, Guizamonde, Fernández de Castro, Moscoso, Prego de Montaos, Becerra, Córdoba, Tellez de Meneses, Nabarra, Zisneros, Sarmiento, Ayazo, Mosquera, Pimentel, Cadórniga, Mendoza, Carballido, Luna, Acuña, Chirino e Noboa. -p. 64-.
Resumen del libro
"O antigo Pazo dos Caamaño de Nebra", de D. Joaquín Torres del Río. [Edición Toxosoutos, 1997].